noviembre 2016

en o Bao, A Illa. Domingo 27 Novembro 2016, 10:30h 

III ANDAINA O BAO – CARREIRÓN + SESIÓN DE TONIFICACIÓN “CAMIÑAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” 

O Concello de A Illa de Arousa organiza a III Andaina o Bao – Carreirón, que rematará cunha sesión de tonificación.

Domingo 27 de Novembro ás 10:30 da mañá.

O lugar de saída e chegada é o Bao.

É unha actividade gratuita dirixida a maiores de 18 anos. O prazo de inscrición remata o 24 de Novembro.

Todos aqueles interesados en participar poderán obter máis información nas oficinas da Fundación ou na Concellaría da Muller, na Rúa da Palmeira 25, 2º andar.

show familiar en San Vicente do Grove. Sábado 26 novembro 2016, 20:00h. Entrada 8€. Organiza: CoroSiyahamba

Maxia no palleiro. Mago Deimi  

Unha proposta máis nas actividades culturais do Quinteiro de Temperán: Maxia no Palleiro, o sábado día 26 de novembro, unha aposta  pola  maxia e o humor, unha nova forma de sentir e ver O Quinteiro de Temperán.
A maxia do MAGO DEIMI, que chega cun espectáculo para maiores e nenos.
Escapismo, prestidixitación, mentalismo, monólogo, humor...
Gañador do Certame Internacional de Maxia e Humor 2016.

26 de novembro, ás 20,00 horas da tarde , o Mago DEIMI  no Quinteiro de Temperán, de San Vicente do Grove.

Ao remate tomaremos un petisco e unha cunca de viño !!
Mais información e entradas: Teléfono 617 343 900 - 607 018 200

Título:  Maxia no palleiro
Actúa: O mago Deimi
Día. Sábado 26 de novembro
Hora: 20.00 horas:
Lugar: O Quinteiro de Temperán. San Vicente do Grove
Entrada: 8 euros

No Auditorio Municipal de A Illa de Arousa, 25 de Novembro de 2016, 21:00h 

“CINEMA E MULLER” VISIÓNS 

CINEMA E MULLER” é un proxecto que busca dar visibilidade ó traballo realizado por directoras pontevedresas. Visións contempla a proxección dunha película colaborativa realizada por dez, das cerca de sesenta, realizadoras que forman “Cinema e muller”. Componse de 10 curtametraxes. Na Illa de Arousa podemos disfrutar desta proxección o vindeiro venres 25 de Novembro ás 21:00 horas. O lugar de celebración é o Auditorio Municipàl de A Illa de Arousa.
 A entrada é gratuíta.

Novembro 2016 en A Illa de Arousa

PARTIDOS FUTBOL BASE CELTIGA C.F. 

Sábado 26nov'16

10h ALONDRAS "B" Cadete - CELTIGA CF en O Morrazo

10h CELTIGA CF Infantil - C.D. RIBADUMIA en A Bouza
12h CELTIGA CF Benjamin B - AROSA C.D. "D" en A Bouza
12h CELTIGA CF Prebenjamin - C.J. CAMBADOS "B" en A Bouza
16h CELTIGA CF Juvenil - C.D. PORTAS en A Bouza

Domingo 27nov'16

11h CD MOSTEIRO Alevín F8 - CELTIGA CF en M. Zacande


Salón de Sesións do Concello de A Illa de Arousa, 22 Novembro 2016, 20h 

PONENCIA-COLOQUIO “EDUCAR PARA UN FUTURO SEN ESTEREOTIPOS DE XÉNERO” 

Dentro das actividades de MULLERAZAS DA AROUSA, Alba Alonso fundadora de REALKIDDYS (nenos e nenas auténticos, reais e libres…) impartirá unha ponencia-coloquio o vindeiro martes 22 de Novembro ás 20:00 horas. 

O tema que se vai tratar é o da educación sen estereotipos de xénero.


en Auditorio de A Illa, sábado 19 novembro 2016, 21:00h. Entrada +3€ 

TERRIBLES DE AROUSA PRESENTAN "BARRABÁS"


"Os Terribles de Arousa" presentarán o seu último traballo "BARRABÁS" no Auditorio de A Illa de Arousa.

Prezo entradas: 3€ venta anticipada e 5€ na billeteira. Se poden adquirir no Bar O Museo e a Admon. de Loterías San Xulián.

El sábado 19 a las 21:00 h "Os Terribles de Arousa" presentarán su último trabajo "BARRABÁS" en el Auditorio de A Illa de Arousa.


Precio entradas: 3€ venta anticipada y 5€ en taquilla. Se pueden adquirir en el Bar O Museo y la Admon. de Loterías San Xulián.

en Fexdega, venres 18 novembro 2016, 10h-17h 

CASTING DO CONCURSO “GAÑA A TÚA SORTE", TVG 

Participa no novo concurso sa TVG e gaña ata 2000€. Requerimentos: equipos de duas persoas maiores de idade

Desde o equipo de redacción de “GAÑA A TÚA SORTE" queremos compartir con vós o casting do novo concurso da Crtvg Galicia​:

Se te animas... trae contigo a alguén, que isto é cousa de 2, e fainos unha visita en VILAGARCÍA. Estaremos na SALA DO SEMINARIO DO RECINTO FERIAL DE FEXDEGA (Avenida Rodrigo de Mendoza, 14, xunto ao paseo do río Con)  o venres 18 de novembro de 10:00 a 17:00h.

Podedes contactar con nós vía Facebook, WhatsApp (600 085 617) ou escribindo a atuasorte.tvg@gmail.com. Envía os datos dos dous participantes, emails e teléfonos.

Moitas grazas polo voso tempo e unha forte aperta!

DAT

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget