11h en rúa Vista Alegre, Vilagarcía. 28 octubre 2017

Dramatización dun Cantar de Cego  

    Dramatización dun Cantar de Cego nos concellos de Vilagarcía e Carballo

    Data: sábado 28 de outubro en Vilagarcía e domingo 29 en Carballo
    Hora: 11.00 h
    Lugar: zonal peonil da rúa Vista Alegre (Vilagarcía) e praza do Concello e Milagrosa
    (Carballo)
    A Universidade de Vigo, como promotora da visita do Pergamiño Vindel desde o seu fogar na
    Morgan Library & Museum de Nova York a Galicia, está a realizar unha serie de actividades
    para dar a coñecer á cidadanía de toda Galicia a presenza deste documento na nosa terra.
    Entre estas actividades, atópase a dramatización dun Cantar de Cego especialmente
    composto para a ocasión, interpretado polo regueifeiro Luís Correa O Caruncho no papel de
    cego, acompañado no papel de guía por Chus Iglesias, con actuacións por toda Galicia.
    Tras o seu paso polos concellos de Vigo, Baiona e Cangas, o Cantar de Cengo desprázase
    esta fin de semana aos concellos de Vilagarcía e Carballo.

    28oct 2017