03/07/18
.redirección @_sonwall @A_Xunqueira @AArousana @af7 @AROSASCOFICIAL @AugustoMetztli @BenjamínRey @bni_espana @C_Cambados @CineClubÁdega @ClubArousa @ClubeOlimpic @clubjuvcambados @clubvilagarcia @CNVilagarca @CofradiaSegundaEstacion @concello_sxx @ConcelloCatoira @concelloriveira @ContraVentoEMarea @CorticataTuris @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @dalle_q_dalle @DiegoAlcaineT @Dr_PedroLago @EloypugaSantaya @Emprendevga @EscolaMúsicaCODA @EsquerdaUnida @evasotoconde @FECA @festivaldonorte @GaelicoGalego @GatoNegro @GatoNegroCarril @happydayTVG @HipotalamoFilms @ikifindik @InfoSalnes @ivanferreiro @JesúsBemposta @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @launionoficial @Liceo_BBC @Lua_tkd @LuisDiazDevesa @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @mariaxosesilvar @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @modepen @Nydia @Oralice.Silva @OsIngleses @pcvilagarcia @pensionazo_no @PerladeArousa @PesDeBarro @PilarGBuhigas @portovilagarcia @prazadaverdura @ProyectoHombre_ @RefugioCambados @Revenidas @Revenidas fiesta @RockinVila @SomosABANCA @somosmaioria @SomosNupa @teatroclamide @TendaGalegBembo @Tricicle @Turbolaser_ @Turismo_Grove @VilagarciaRC @Vilanova @Xunta @zonaaberta #empleo #emprego #RockinVila2018 #StephenHawking 2016 9turismo actividades actual actualidad AECC agenda AGENDA PASADA DE VILAGARCÍA agricultura agua Ahituvi ahorrar AIlla ajedrez albariño Angrois animales aniversario ANPAS APobra app arousa AROUSA.TV audiovisual tlf 644477922 ArousActívA arousatv arqueología arte asamblea asociación atletismo audio audiovisual autismo autobus autónomo aventura baile Balansiyaá ballet balocesto baloncesto Bamio basket BATA Bernardo del Río Boiro borrar boxeo Cabalgata Caldas Cambados Camelia cáritas carnaval Carril Carríl Catoira celebración CEM charla ciclismo ciclísmo ciencia cine CINE PASADO DE VILAGARCÍA cinepasado circo ciudad coche coda colaboración colegio combate comedia comercio concello concierto concurso conferencia convocatoria cooperativa coro Cortegada Coruña crear creativos crónica crucero Cuca cultura Cuntis curso cursos dana danza debate delito deporte destacada desTapa Día de La Música directo diseño diversidad documental droga eclipse ecología economía educación elecciones emergencias empleo emprego emprender empresa En Positivo encuesta energía EnPositivo entrenar entrevista entroido ESARTEC escultura españa espectáculo evento excursión exhibición exposición Fariña feria FernandoSalgado FestaDaAuga festas festival fexdega fiesta fiestas fitur floristería folclore folkclore formación fotografía Freedonia fútbol fútbol.deporte Galicia GAPSI gastronomía Gonzalo Arca Google Grove guía GUÍA DE SERVICIOS DE VILAGARCÍA hamburguesería historia homenaje hostelería hotel humor igualdad Illa incendio infancia infantil info@arousatv.com www.arousatv.com Productora audiovisual. informática inmobiliaria inscripción integración internacional interprovincial interurbano invertir juego juguetería junio juventud lantero Laxe Legum lencería Liceo literatura lnfedema lugares Luis Diaz LuisDiazDevesa madre Maios manifestación manifesto mar mascotas Meaño mellorar menu mercado mercaso Mestre Mateo MiCiudadFavorita mobilidad moda moda infantil Momo motor motos movil mujer mundo musica música musical nacional Nadal narcotráfico natación naturaleza Navidad negocio noches nocturno normativa noticia noticias novas Nydia O Grove obras ocio ofertas OGrove ONG opinión OSalnés otros padel Padrón Paisaje parque parques Pasa en España patrimonio película peluquería pensiones peregrino pintura piragüismo piscoloxía planeta playa podólogo poesía policia política Pontevedra Portonovo Portugal Postales premio premios prensa procesión promoción puerto puertos radiocontrol redes religión remo restaurante resumen Rianxo Rías Baixas Ribadumia Ribeira Riveira romería rugby Salnés salúd salvamento San Roque sanidad SAntiago Sanxenxo seguridad seguridad. policía seguros semana SemanaSanta serie servicios sociales sociedad solidaridad sorteo sucesos sucesos @AndreaFdezManeiro taekwondo teatro tecnología tecnoloxía telefono television televisión tenis terrulia tertulia tintorería TodosconLua‬ trabajo traballo tradición Trafico tráfico transporte tren turismo urbano vagalume vela verano video Vídeo Vilagarcía Vilanova Vilaxoan Vilaxoán vivienda vivirsinpermiso voluntariado web xadrez Xiabre xl

Manifesto do Concello Local da Muller de Vilagarcía de Arousa. 8 de Marzo: Día Internacional da Muller Traballadora 

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, queremos unha vez máis facernos escoitar e reivindicar os nosos dereitos, queremos facer visible a importancia das mulleres na sociedade, como traballadoras, como coidadoras, como estudantes, como piares fundamentais da sociedade.

Levamos anos manifestando o noso rexeitamento a todas as formas de discriminación que sufrimos as mulleres día a día por razón de idade, de procedencia, de clase, de orientación sexual, de identidade de xénero, e queremos reivindicar e esixir o noso dereito a participar en igualdade na sociedade, na cultura, na economía ou mesmo nas relacións.

Non podemos negar que ao longo das últimas décadas houbo algún avance en materia de igualdade, pero temos que denunciar que a realidade actual non é nada esperanzadora xa que as mulleres estamos a sufrir en maior medida as consecuencias da crise.

A precariedade no ámbito laboral aféctanos de xeito especial. A feminización do paro segue en aumento e a fenda salarial é inaceptable. As mulleres cobramos en España un 29’1% menos que os homes, segundo o informe "Brecha salarial y techo de cristal" elaborado polos técnicos de Facenda. O mesmo informe sinala que serán necesarias case sete décadas para acabar con esta fenda salarial e tamén engade que dende o ano 2014 a fenda foi en aumento.

Hai unha masiva feminización dos contratos a tempo parcial. A falta de recursos públicos de coidado e a persistencia das prácticas culturais patriarcais, obrígannos a asumir maioritariamente os permisos e excedencias por coidado e iso limita as nosas posibilidades de desenvolvemento profesional e provoca a merma dos nosos dereitos e prestacións sociais. O 71% das pensións que están por debaixo do salario mínimo interprofesional son de mulleres, polo que as mulleres pensionistas somos cada vez máis pobres.

A educación é un dos piares básicos dunha sociedade. Temos a obriga de educar en igualdade, educar en valores non adscritos a un sexo determinado e sen estereotipos. Temos que continuar esta loita que comezaron hai moito tempo outras mulleres como Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Clara Campoamor, que fixeron visible a valía da muller nun tempo onde eramos invisibles aos ollos da sociedade.

A imaxe da muller é denigrada día a día en todos os ámbitos, tamén nos medios de comunicación, onde os esterotipos e o sexismo están á orde do día non só coas imaxes ou as mensaxes que transmiten, senón tamén no tipo de vocabulario que empregan.

Queda moito por facer e seguimos a loitar. Hoxe 8 de marzo, as mulleres de todo o mundo estamos convocadas á FOLGA FEMINISTA. Xuntas, hoxe, paramos o mundo para dicir basta.

Non pode haber unha sociedade xusta se non se eliminan os comportamentos e actitudes machistas contra as mulleres en todos os ámbitos: laboral, social, familiar… e se non se elimina a manifestación máis terrible de todos eles, os asasinatos e agresións da violencia machista.

QUERÉMONOS VIVAS E LIBRES, non queremos máis mortes nin máis violencia contra nós.

Esiximos que sexa aprobado XA o decreto lei que ten que dotar economicamente o Pacto de Estado contra a Violencia de xénero, e que se empece a aplicar de inmediato.

Esiximos que se visibilice e recoñeza o valor e a dignidade do traballo doméstico e de coidados, e se realice en condicións de corresponsabilidade e sexa asumido, polo tanto, coma unha responsabilidade de todas e todos, da sociedade e do Estado.

Dende o Consello Local da Muller de Vilagarcía sumámonos a Folga Feminista do 8 de marzo, e solicitámoslle á Corporación Municipal que apoie esta convocatoria de folga sumándose ás reivindicacións da mesma.


Consello Local da Muller de Vilagarcía de Arousa
Suscríbete a Arousa TV por correo

Despois de nove meses de traballo, as alumnas e alumnos dos Institutos Ramón Cabanillas e Francisco Asorey presentan ao público os resultados dos seus traballos de investigación sobre os seus maiores. O Proxecto realizárono co nome A Memoria das Palabras, e será nun acto no Auditorio da Xuventude, ás vinte horas do venres, día nove de marzo.

Promovido pola concellería de Educación, Cultura e Normalización lingüística, co apoio da Deputación de Pontevedra, este proxecto procura promover o uso e difusión do galego entre o alumnado de secundaria e as familias dese alumnado, Cada alumna ou alumno que quixo participar escolleu a unha persoa da terceira idade, normalmente avós ou avoas seus, para faceren sobre ela un traballo de investigación e redacción que acompañou con fotografías, documentos ou debuxos que axudaran a explicar as dificultades, vivencias, sentimentos e experiencias desa xeración que naceu arredor de 1930. Pero vai máis alá porque o inicio deste proxecto pon en funcionamento o que se vai chamar o Arquivo da Memoria de Cambados, un sitio web no que aloxar información e coñecemento do pasado cambadés.

O resultado deses traballos será obxecto de difusión pública mediante un sitio web e unha aplicación telefónica, ademais da edición de dous libros, un das mulleres e outro dos homes de Cambados, o que en palabras do concelleiro Víctor Caamaño Rivas “será unha magnífica oportunidade para coñecermos as vidas de traballo, precariedade e dificultade polas que pasaron os nosos veciños de maior idade; pero tamén para que as xeracións máis novas podan ter referentes meritorios nos seus maiores desa vida construída a base de honradez e esforzo descomunal”.

Tanto a web, como a aplicación e os libros estarán disponibles a partir desa presentación pública do próximo venres, nun acto no que participarán a profesora Maribel Iglesias, en representación dos Equipos coordinadores; un representante do alumnado e outra persoa das protagonistas dos traballos; tamén estarán no estrado os prologuistas de cadanseu libro, María Xosé Cacabelos, e Francisco Fernández Rei; e Xosé Leal, Deputado de Cultura, Fátima Abal, alcaldesa e o concelleiro Víctor Caamaño, que fará as función de presentador.

O remate deste acto, cargado de simbolismo, será coa música do trío de música tradicional que forman Xaquín, Anxo e Roi Xesteira, que interpretarán pezas alusivas á súa vila.

O concello de Cambados fai extensivo o convite para este acto a toda a veciñanza cambadesa, con entrada libre ata completar o aforo, pero moi especialmente á comunidade escolar e docente dos Institutos que participaron no proxecto, e ás súas familias.
Suscríbete a Arousa TV por correo

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget