Adianto actuacións do Ameixa rock 2018.

O Ameixa Rock 2018, que terá lugar en Carril os vindeiros 31 de Agosto e 1 de Setembro, terá
como prato forte a actuación de Miguel Costas (Ex Siniestro total) acompañado de Desequilibrio Mental, Festicultores Troupe, e o grupo gañador do "II Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes".

-Deseqilibrio Mental (si, sin "u"):

Os composteláns Deseqilibrio Mental que levan tocando dende 2002, parten do metal en galego para abeirarse ao punk e tratar nas súas cancións problemáticas da sociedade actual, para protestar polo que non lles gusta, misión na que estiveron apadriñados no seu disco de estrea polo melloriño do rock galego, como Ruxe Ruxe, Zënzar, os Machina e incluso os históricos Astarot.

-Festicultores Troupe:

Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa mellor
colleita de música, humor, baile e desinhibición. A festicultura percorre as rúas e palcos de
Galicia liberando un tsunami de endorfinas que converte cada verbena pola que pasan na
maior pista de baile do mundo. Unha espectacular mestura de humor, performance e música
festeira que non deixa indiferente a ninguén.

-Miguel Costas:
"Costas es uno de los músicos más respetados dentro y fuera del mundo musical, por su coherencia y su rechazo a imposiciones de mercado, siendo fiel a la sus ideas."
Miguel Costas foi membro fundador , ex volalista e guitarrista de Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz, bandas co as que grabou 22 álbumes. Leva escrito máis de 300 cancións e colaborado con infinidade de bandas de todo o mundo. Está nos escenarios dende o 1982, xirando por toda España e Sudamérica, compartindo tablas con artistas da talla de Madonna, Beck, Neil Young, ZZ Top, Scorpions e Jethro Tull.
Actualmente e a voz e guitarra da súa banda COSTAS con Little Naya, Coché Vil e Colás Lage.

Tamén lembrar que está aberto o prazo de inscripción para o "II Concurso Ameixa Rock
para Bandas Emerxentes"; o gañador tocará no Ameixa Rock 2018.

Máis info en https://www.facebook.com/ameixarock/


Suscríbete a Arousa TV por correo