17h jueves, política en Concello, Ravella 1, Vilagarcía. Entrada libre. 


Pleno Municipal ordinario Vilagarcía 


SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
C O N V O C A T O R I A

Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 25 de outubro de 2018, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA
  • 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 27 de setembro e 11 de outubro de 2018.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes setembro de 2018.
  • 3. Toma de coñecemento do informe do 3o trimestre 2018 de morosidade, ao abeiro do disposto na Lei 5/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 
  • 4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 
  • 5. Manifesto 25 de novembro: “Desmontando mitos contra a violencia de xénero”. 
  • 6. Aprobación, se procede, da incoación do expediente de contratación, así como do Prego de
  • Cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerá o procedemento aberto para adxudicar a prestación do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, denominado “Servizo de Axuda no Fogar Concello de Vilagarcía de Arousa”. 
  • 7. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito por crédito extraordinario No 03/CE/2018 e de cambio de finalidade de financiamento afectado No 04/CF/2018.
  • 8. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito extraordinario No 04/CE/2018 para aplicación do superavit 2017. 
  • 9. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito no
  • 04/REC/2018.
  • 10. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito por transferencia de crédito entre distintas áreas de gasto No 15/TC/2018. 
  • 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, para a recuperación do Premio Literario de Poesía “Fermín Bouza Brey”. 
  • 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, para a mellora de seguridade viaria, limpeza e saneamento no lugar de Faxilde.
  • 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP sobre
  • compromiso de que Vilagarcía conte cunha parada do AVE. 
  • 14. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG en apoio ás persoas denunciadas por reclamaren a devolución do Pazo de Meirás. 
  • 15. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a dotación das medidas necesarias, nas diferentes instalacións municipais, para a separación de residuos.
  • 16. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 
  • 17. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 
  • 18. Rogos e preguntas. 
  • 19. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión. 

25oct'18
octubre 2018