0
en Xardíns de Ravella 24, Vilagarcía. Entrada libre 


 Videoinstalación 'Rostros'. Faiado da Memoria 


A Asociación O Faiado da Memoria ten o pracer de comunicaros que desde o vindeiro, mércores, 26 de decembro de 2018 e ata o 10 de xaneiro de 2019, proxectaremos sobre a ventana do noso local da Praza de Ravella a videoinstalación ROSTROS. A instalación consta de 108 fotografías tipo carnet realizadas durante os anos 60 en Vilagarcía e nos mostran personas novas e adultas, homes e mulleres, guapos e non tan agraciados, nunha xustaposicion sin condicionamentos de xénero nin clase social, só separadas polo travesaño da ventana.
ROSTROS é unha homenaxe, tamén, ás personas que colaboran a diario coa labor de O Faiado da Memoria.
A vídeo instalación comenzará a funcionar unha vez se poña o sol e só se pode contemplar desde a Praza de Ravella.
O vídeo, nun bucle contínuo, rematará ás 11 ou 12 da noite e volverá a comenzar ao día seguinte.
Este traballo creado por O Faiado da Memoria é un anticipo de outra obra mais grande, tanto en tamaño como en duración, que ten previsto realizar neste ano que vai comenzar, polas rúas de Vilagarcía. Pero delo xa se facilitará información no seu tempo.

Un saudo e gracias por difundir as nosas actividades.

26dic, 27dic, 28dic, 29dic, 30dic, 31dic, 01ene, 02ene, 03ene, 04ene, 05ene, 06ene, 07ene, 08ene, 08ene, 10ene
diciembre 2018
enero 2019


Publicar un comentario

 
Top