01/26/19
_evento @BenjamínRey @ClubArousa @ClubeOlimpic @ConcelloCatoira @concelloriveira @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @d4m14n_89 @DaniBFriends @DanielBarreiro5 @derbyvilagarcia @diadermin @DiarioArousa @DiegoAlcaineT @djkicovilla @doadoressangue @dornaFG @DosEspacios @Dr_PedroLago @EdGalaxia @EduardoAldan @Emprendevga @En_Marea @erguergaliza @Escena_Galega @EsquerdaUnida @EUVilagarcia @evasotoconde @FCBarcelona‏ @FCBarcelona_es @FECA @Fernando_Mesa_ @festivaldonorte @ficcionProduc @FrancisWhiter @gadis @GaelicoGalego @galicine @GatoNegro @GatoNegroCarril @GrooveAmigos @happydayTVG @harbourvilla @HipotalamoFilms @HotelCarril @InfoSalnes @ivanferreiro @JakeShaneMusic @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @LaBolsa @laduendeneta @LatexosdTurismo @launionoficial @Liceo_BBC @LitaCabellut @LOOPSANDCOFFEE_ @Lua_tkd @luciourtubia15 @LuisDiazDevesa @LuisRoyoOficial @malqueridavilla @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @MiguelEyré @miki_dkai @miniadelrio @mpereiros @noscgalega @novcarminha @Nydia @OBarbanza @obloque @OFaiadoDaMemoria @OlaiaFdezDavila @OsMecos @OsonhodeLilith ‏ @pcvilagarcia @PerfectStrangers @PlanSiberia @PlatEstEscuelaP @podemosarousa @portAmerica @portovilagarcia @PPdeVilagarcia @prazadaverdura @ProtectoraVilagarcia @PSOEVilagarcia @Puerto_Flamenco @QuiqueSanfran @radioarosaSER @RCCelta @Revenidas @Revenidas fiesta @RichiRisco @RockBarMiudo @SamáVilagarcía @sogaps_oficial @SomosABANCA @somosmaioria @soutoncas @teatroclamide @tequexeteldere @ticketea @Tricicle @trivilagarcia @Turbolaser_ @turisriasbaixas @UllaUmia @unionromani @urdimeescenicas @UrtubiaLucio @VilagarciaRC @Vilanova @XabierRios @xatouri @zonaaberta 8M actividad acto agenda Ahituvi AIlla albariño anuncio Arousa arte audio autobus aviso Boiro Caldas Cambados Catoira celebración cine comercio concurso Cortegada crónica cultura Cuntis Curtas deporte destacado ecología economía educación empleo encuesta EnPositivo entrevista entroido escena España evento evento_ evento: expo exposición FestaDaAuga fiesta folclore formación fotografía full_title Galicia gastro gastronomía Grove guía GuíadeArousa historia hostelería infantil información internacional literatura lunes mecenas menú MiCiudadFavorita mujer música noticias oferta OGrove OSalnés parque patrocinador patrocinador1 patrocinador2 patrocinador3 podcast política Pontevedra portada Portonovo premio procesión producción profesional promo radiocontrol Rianxo Rías Baixas Ribeira Riveira Salnés salud salvamento San Roque SanRoque Sanxenxo servicios social sociedad solidaridad sucesos televisión trabajo transporte turismo vídeo Vikinga Vilagarcía Vilanova ZonaAberta

21h sábado en Auditorio Vilagarcía. Entrada 18€. Socios gratis

Gala Lírica 
LEONOR BONILLA [soprano]
CARLOS ARAGÓN [piano]

Organiza: Sociedad Filarmónica de Vilagarcía

Programa 


Arias de zarzuela e ópera

LEONOR BONILLA
SOPRANO
A nova soprano sevillana, Leonor Bonilla, comeza os seus estudos como bailarina no Conservatorio
de Danza de Sevilla, titulándose en Danza Española.

En 2010 inicia os seus estudos de Canto no Conservatorio Profesional de Sevilla Cristóbal de
Morales con Esperanza Melguizo.

Ao longo destes anos recibiu moitos premios, entre os que destacan: 1º Premio e Premio Especial do Público no Certame de Novas Voces Cidade de Sevilla, 3º Premio do Concurso Internacional “Flaviano Labò” en Piacenza, Premio do Público no Concurso Monserrat Caballé, 1º premio na IIIª edición do Concurso Internacional de Ópera Santa Cruz de Tenerife, 1º Premio no Concurso Internacional de Canto “Cidade de Logroño” e 3º Premio e Premio do Público no VI Concurso Internacional de Canto “Alfredo Kraus”. No Concurso Internacional de Canto de Viñas de 2018 foi galardoada co 2º premio, Premio Plácido Domingo á mellor cantante española, Premio Teatro da Zarzuela á mellor cantante de zarzuela, Premio Especial do Teatro Real de Madrid, Premio do Público, Premio Ópera de Sabadell e Premio Concerlírica.

Participou na ópera Salomón de Haendel, na Missa Brevis de Haydn, no Gloria de Vivaldi e tamén nos Carmina Burana (Teatro da Maestranza).

Interpretou os roles de Asia en Agua, Azucarillos y Aguardiente de Federico Chueca e de Cosette en Bohemios de Amadeo Vives no Teatro Cajasol de Sevilla.

En 2014 debuta co rol de Servilia da Clemenza di Tito de Mozart en Valladolid, representa con éxito Clorinda da Cenerentola de Rossini e Musetta da Bohème de Puccini en Tenerife, Iza da Gran Duquesa de Gerolstein de Offenbach no Teatro da Zarzuela e Rowan de Il Piccolo Spazzacamino de Britten no Teatro da Maestranza.

Débese destacar o seu rotundo éxito con Marina de Emilio Arrieta no Teatro da Zarzuela, a súa interpretación da Contessa de Folleville en Il Viaggio a Reims de Rossini no Gran Teatre do Liceu, así como a súa participación na Gala celebrada no Teatro Real.

En 2016 debuta en Italia co personaxe de Fiorilla de Il Turco de Rossini visitando os auditorios de Piacenza, Ravenna e Modena; Francesca en Francesca da Rimini de Zandonai e Giulietta de Giulietta et Romeo dei Vaccai no Festival della Val d’Itria; así como Nanetta de Falstaff e Gilda de Rigoletto de Verdi en Genova.

Así mesmo débese mencionar a súa recente participación en Le Nozze di Teti e di Peleo de Rossini no Festival Rossini en Wildbad, Alemania

CARLOS ARAGÓN
PIANO
Pianista e mestre repertorista, compaxina esta actividade coa dirección de orquestras como a Filharmónica de Málaga, Comunidade de Madrid, Orquestra Cidade de Córdoba, Sinfónica de Baleares, Sinfónica de Vizcaya, Sinfónica de Navarra, Orquestra de Cámara de Moscú, Orquestra de Cámara do Teatro Bolshoi e a Collegium Marianum de Praga en diferentes producións operísticas, recitais e concertos.

É acompañante habitual de cantantes como a mezzosoprano Vivica Genaux coa que realizou numerosos concertos como pianista e director no Teatro Malibrán (Venecia), Chapelle du Chateau Royal (Versailles), Festival de Verano de Copenhagen, Ópera de Pittsbugh, Sala Tchaikovski e Teatro Bolshoi de Moscú, entre outros.

Dirixe a estrea absoluta en España da ópera Tolomeo de Handel no Teatro Arriaga de Bilbao, Cleofide de Hasse en Oderzo (Treviso), L’italiana in Algeri no Gran Teatro de Córdoba, O Diluvio de Noé, A Cenerentola, A Traviata, Rigoletto, Lucia di Lammermoor, Tosca e Norma no Teatro Villamarta de Jerez, A princesa árabe de Arriaga na tempada da Asociación de amigos da ópera de Bilbao e Pamplona, e A clemenza di Tito e Carmen no Teatro Calderón de Valladolid.

Dos seus últimos compromisos, destaca moi especialmente o seu debut na Ópera de Aviñón dirixindo Le nozze di Figaro, o seu regreso ao Teatro da Zarzuela con 24 horas mintiendo e de novo en Xerez, a estrea da produción de Orfeo e Euridice, dirixida por Rafael Villalobos.

Dentro do repertorio lírico español dirixe La corte de Faraón no teatro Arriaga, El trust de los tenorios e Puñao de rosas na Zarzuela de Madrid e Doña Francisquita en Palma de Mallorca.

Proximamente dirixira a ópera Partenope no Teatro Calderón de Valladolid.

26ene
enero 2019

17h30-19h sábado en La Tetereta, Cobian 2, Vilagarcía. Inscripción previa 

La vuelta al mundo en tu taza de té 


Súbete a nuestra taza! Destino: los principales países productores de té. Durante una hora y media probaremos tés de diferentes procedencias, empapándonos de sus culturas y enamorándonos de sus sabores y aromas. India, Sri Lanka, sin olvidarnos de la China ancestral y el refinado Japón.

26ene
enero 2019


Performance protesta en Vilagarcía 'Grupo de estudo e lectura itinerante'

Nota de prensa: 
A través dun “grupo de estudo e lectura itinerante” buscamos protestar polo mal estado da biblioteca municipal. A inacción do goberno ante varias mocións aprobadas e as súas propostas electorais levanos a saír á rúa a estudar e a ler. Sentados, en silencio.





Todo comezou cunha recollida de sinaturas e unha consulta no pasado pleno municipal.

Non descartamos pedir unha xuntanza, urxente, co propio alcalde para que nos explique por que en 4  anos non se fixo nada que realmente solucione os problemas da nosa biblioteca municipal.

Queixámonos en primeiro lugar do mal estado da rede sen fíos, das poucas conexións para os enchufes e da dispoñibilidade horaria . Se ben é certo que a biblioteca oferta 12 horas de luns a venres, de que nos vale ás estudantes se vamos a ter que pasar un cuarto dese tempo intentando conectarnos á wifi ou esperando que as páxinas carguen?

Pídese unha ampliación de horario, sobre todo nas fines de semana e que se poña en consideración un horario nocturno en datas sinaladas. Tanto para o alumnado universitario, como para o dos institutos ou das FP, que reside en Vilagarcía.

Ademáis destas queixas é fundamental destacar o número mínimo de sitios para estudantes que ten a biblioteca e que non se adecúa á demanda. A biblioteca dispón de espazo suficiente para ser mellor utilizado , só por citar un exemplo, o espazo para lectoras de novas e xornais que ten baixa ou nula demanda polas tardes e podería adecuarse ás datas dos exames das estudantes.

Outras queixas que tamén se recolleron a medida que pasou a folla de sinaturas foron as de a baixa conexión á electricidade e luminosidade da que dispón a biblioteca, como os ruídos que se producen por certos actos culturais que sumado ao demáis provocan unha atmósfera de malestar, en definitiva, un sitio pésimo para situala biblioteca.

Os baños están nun estado lamentable dado que están sobreutilizados dadas as características “multiusos” do edificio. Vemos como solución que se limpen dúas veces ao día. Tamén que se indique con pictogramas que na segunda planta da biblioteca existen aseos que se poderían utilizar tranquilamente.

Estudar nesta biblioteca convértese nunha batalla, cando debería presentarse como un sitio cómodo e adecuado para o traballo estudantil.


Conexión coas parroquias e transporte público  

Tamén queremos destacar que os estudantes que viven fora do centro non dispoñen de horarios suficientes de transporte público e ten un prezo moi pouco económico para poder empregar a biblioteca habitualmente durante a semana.

Modernizar a biblioteca 

Sería interesante modernizar a biblioteca de forma virtual. Un catálogo electrónico que mostre tamén a dispoñibilidade ou existencia dos libros que permita aos usuarios aforrarse unha viaxe ou incluso solicitar novos exemplares que enriquezan a biblioteca.

Rogamos que despois desta demanda histórica se activen os mecanismos de actuación para mellorar a calidade da biblioteca."



Suscríbete a Arousa TV por correo

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget