CORTE DE TRÁFICO NA ESTRADA A CARRÍL

O TRÁFICO ENTRE VILAGARCÍA E CARRIL VERASE AFECTADO O LUNS E O MARTES DEBIDO ÁS OBRAS DE MELLORA DO FIRME

Funcionará un carril que se irá alternando para os dos sentidos da circulación entre a glorieta da circunvalación de Bamio e a Praza da Constitución

Para tratar de reducir as retencións, a Policía recomenda se se utilice a circunvalación norte e tratarse de desviar todo o tráfico pesado pola mesma

Prégase a máxima colaboración veciñal, da Autoridade Portuaria e empresas de transporte

O Concelllo comezou hoxe a sinalizar a zona de estacionamentos para advertir aos usuarios durante toda a fin de semana

Vilagarcía de Arousa, 30 de agosto de 2014.- A necesaria mellora do firme da estrada que une Vilagarcía con Carril levarase a cabo o luns e o martes, días 1 e 2 de setembro. Aínda que se manterá aberto un carril para ir alternando a circulación en ámbolos dous sentidos, prevense retencións debido á elevada intensidade de tráfico que rexistra a diario esta vía. Por iso, aínda que que se manterá aberto un carril para ir alternando a circulación en ámbolos dous sentidos, a Policía recomenda que se evite circular pola Avenida Rosalía de Castro e que opte pola circunvalación norte.

As obras contratadas pola Xunta de Galicia á empresa Taboada e Ramos levaranse a cabo o luns e o martes en horario de 8 da mañá a 8 da tarde. A actuación afectará ao tramo de 3 quilómetros de lonxitude comprendido entre a glorieta de acceso á circunvalación en Bamio, ata a Praza da Constitución. Os traballos consistirán no fresado da vía e posterior estendido de aglomerado. Segundo informou á empresa á Policía Local, empregarase unha xornada no asfaltado dun carril e á seguinte no do outro. Para isto será preciso que cada día queden completamente libres os estacionamento da marxe da vía na que se vai a actuar. O Concello comezou hoxe a sinalizar con valas a zona afectada para advertir aos veciños durante toda a fin de semana.

A propia empresa encargarase de regular o tráfico para dar paso alternativamente a ámbolos dous sentidos de circulación. A Policía Local prevé que os maiores problemas de tráfico se concentren en catro tramos horarios: pola mañá en torno ás 8 e as 12 do mediodía, e pola tarde sobre ás 3 e a partir das 7. A Policía recomenda que no posible se evite circular pola Rúa Valentín Viqueira de Carril e pola Avenida Rosalía de Castro estes dous días, utilizando a circunvalación para acceder ou saír de Vilagarcía.

Así mesmo, tratarase de desviar pola circunvalación norte todo o tráfico pesado que pretenda facer o percorrido entre A glorieta de Bamio e O Ramal. Para elo xa se dou conta á Autoridade Portuaria e a Estación de Autobuses. Os autobuses das liñas urbanas que cobren este percorrido, non se verán afectadas, aínda que tamén se comunicou a realización das obras á empresa Pereira a efectos de que informen aos seus usuarios.

Prégase a máxima colaboración de todo o mundo para que a realización dos necesarios traballos causen o menor impacto posible na circulación.

O asfaltado da Avenida Rosalía de Castro esperábase dende hai anos debido ao mal estado que presenta unha vía cunha elevadisima intensidade circulatoria e que atopa en moi mal estado como consecuencia do numeroso tráfico e das inclemencias dos últimos invernos. A calzada presenta numerosos socavóns e irregularidades do firme que supoñen un risco para o tráfico e para os peóns desta vía urbana.

A empresa conta con rematar os traballos o martes ás oito da tarde. Unha vez estendido o aglomerado, este deberase deixar secar e compactar axeitadamente para, posteriormente, proceder ao pintado da sinalización horizontal, o cal se efectuaraía a vindeira semana.

O asfaltado desta estrada foi a condición posta polo Concello á Xunta de Galicia para aceptar o traspaso da titularidade da vía que actualmente é de competencia autonómica.
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget