MAÑÁ ASFALTADO DE JUAN CARLOS I AS 21H

OS ESTACIONAMENTOS DA RÚA JUAN CARLOS I DEBERÁN QUEDAR LIBRES MAÑÁ ÁS 20:00 HORAS PARA O ASFALTADO DA VÍA


O inicio dos traballos adiántase ás 21:00 horas para que a estrada poida volver a abrirse ás 8 da mañá do venres

Fomento actuará no tramo comprendido entre o primeiro semáforo da gasolineira e ata a praza da Constitución


Vilagarcía de Arousa, 27 de agosto de 2014.- A Policía Local lembra que os estacionamentos da rúa Juan Carlos I e dos do redor da gasolineira de San Roque deberán quedar libres mañá ás 20:00 horas co obxecto de permitir o asfaltado da vía que levará a cabo o Ministerio de Fomento. O inicio dos traballos adiántase unha hora, ás 21:00 e desenvolveranse en horario nocturno co obxecto de que a travesía poida volver a estar operativa a primeira hora da mañá do venres.

O tramo de vía que será asfaltado comprende o triángulo das rúas que bordean a gasolinera de San Roque, exactamente dende o semáforo situado fronte ao bar O Peñón e as oficinas da Seguridade Social, ata a Praza da Constitución.

Para permitir a realización das obras será preciso cortar o tráfico no tramo completo dende ás 21:00 horas do xoves ata, aproximadamente ás 80:00 horas da mañá no venres. Estas son as previsións que manexa o Ministerio de Fomento para asfaltar o devandito tramo dunha tirada, para o cal traballarán durante toda a noite. A elección do horario nocturno fíxose co obxectivo de non afectar ao intenso tráfico rodado que soporta a diario esta travesía.

Entre as 21:00 horas do xoves e as 08:00 do venres, o tráfico entre As Carolinas e Carril desviarase en dous puntos principais: A rotonda da Luz Salgada e a do Ramal, podendo dende estas dirixirse a un ou outro extremo da cidade ou ao interior do caso urbano a través de Rodrigo de Mendoza ou Rivero de Aguilar e Valle Inclán. Para os coches que deban circular polo centro urbano exclusivamente sinalizaranse desvíos secundarios intermedios por rúas como Arcebispo Xelmírez.

En calquera caso, confíase en que a incidencia desta obra no tráfico sea mínima xa que o tráfico en horario nocturno é moi reducido en comparación co que se rexistra durante o día.


O MARTES COMEZOU A MELLORA DO FIRME DA ESTRADA DO POUSADOIRO

Os traballos iniciáronse á altura da rotonda de Larsa en sentido cara a O Vento

A maquinaria contratada polo departamento de Conservación de Estradas da Xunta de Galicia comezou o 26 de agosto a traballar na mellora do firme do vial do Pousadoiro. O fresado e asfaltado da calzada efectuarse realizaras primeiro nun carril e logo no outro co obxectivo de que o tráfico poida circular de manira alternativa en ámbalas dúas direccións.

Os traballos iniciáronse dende a rotonda de Larsa e continuarán en sentido ao Vento para mellorar o estado do firme do vial do Pousadoiro, de titularidade autonómica,. Esta estrada é moi utilizada, especialmente polo tráfico de entrada e saída ás vías de circunvalación da cidade, para dirixirse á autopista e cara Caldas de Reis.

A esta actuación seguen nos vindeiros días a dos asfaltados de Avenida Rosalía de Castro, por parte da Xunta, e de Juan Carlos I e Avenida de Pontevedra, por parte de Fomento. Estes dous últimos asfaltados son moi necesarios debido ao mal estado no que se atopa a capa de rodadura destas vías debido as inclemencias dos últimos invernos e á falta de mantemento dos últimos anos. O Concello solicitara en numerosas ocasións as actuacións que agora serán executadas por ámbalas dúas administracións competentes.
Etiquetas:
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget