TORNEO DE TRIBASKET-STREET


A FUNDACIÓN DE DEPORTES ORGANIZA UN TORNEO DE TRIBASKET-STREET

Celebrarase no Cavadelo, a medio campo, este xoves e venres

Daniel Rivas Búa e Pablo Otero Fariña, vencedores absoluto e infantil do XII Torneo de Tenis, que contou con 50 participantes

Vilagarcía, 25 de agosto de 2014.- A Fundación de Deportes vén de convocar un torneo de tribasket-street, que se celebrará este xoves e venres, 28 e 29 de agosto, no parque do Cavadelo a partir das 20,00 horas. O torneo divídese en tres categorías: A, para os nados entre 2006 e 2002; B, para os de 2001 a 1999; e C, para os que naceron en 1998 ou antes. Para inscribirse –ata o día 27 ás 13:00 horas- basta con enviar un correo electrónico a fdactividades@vilagarcia.es, co nome dos xogadores.
ata o 27 de Agosto a 13:00 horas.

O número de partidos, que se disputarán a medio campo, dependerá do número de inscritos. As normas serán as da Federación de Baloncesto, a excepción de algunhas que caracterizan ao torneo. Por exemplo, que non haberá árbitros: serán os propios xogadores os que teñan que aplicar o fair-play; os equipos poden ser masculinos, femininos ou mixtos; cada canastra vale 1 punto, o triple 2 e o tiro libre, outro punto; e despois de cada canastra, o balón cambia de posesión. Por outra banda, cada equipo terá dereito a 2 tempos mortos de 1 minuto cada un.

O torneo de tenis, entre A Illa e Vilagarcía
A Fundación de Deportes informa tamén de que o pasado día 19 rematou o torneo de tenis que comenzara o día 22 de xullo coa participación de 50 deportistas, 18 na categoría infantil (ata 18 anos) e 32 na absoluta (de 18 en adiante). Na primeira resoltou vencedor Pablo Otero Fariña, de A Illa, que gañou na final ao vilagarcián Miguel Carreira Lorenzo por 7-5, 5-7 e 6-3. Na categoría absoluta foi primeiro Daniel Rivas Búa, de Vilagarcía, que venceu na final ao tamén vilagarcián José Luís Padín Núñez por 6-3 e 6-2.


revisa la agenda de Vilagarcía de Arousa TV

Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget