CONCERTO ESCOLA DE MÚSICA (27mar)

CONCERTO DE CLAUSURA DO TRIMESTRE DO COMPOSITOR, ADICADO A MOZART

Viernes 27 de marzo 19:30h, música en Sala de Concertos Escola de Música

Concerto Clausura do Trimestre do Compositor, participan alumnos de todas as especialidades instrumentais.

A Escola de Música dedica a Mozart o “Trimestre do Compositor” e rende homenaxe a The Beatles

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía traballa durante o segundo trimestre do curso en dous programas musicais ben diferentes. Dentro do apartado de música clásica, dentro do “Trimestre do Compositor”, profesores e alumnos empregaranse en coñecer a vida e obra de Mozart, mentres que no apartado de música moderna abordarán a obra de The Beatles. En primavera farán concertos con ámbalas dúas temáticas.

Wolfgang Amadeus Mozart é o compositor elegido este curso para afondar na vida e obra dos clásicos. E dado que este ano cúmprense 45 anos da disolución de The Beatles, o centro tamén renderá homenaxe á banda de Liverpool completando a gama de estilos musicais que se abordan no centro para formar aos seus alumnos.

Os nenos e nenas presentarán traballos que se exporán na Escola sobre a figura do compositor, así como da mítica banda, e para poñer punto final ao trimestre o venres 27 de marzo haberá un concerto a cargo dos alumnos e alumnas da Escola de Música, onde porán banda sonora á vida de Mozart. Xa no mes de abril, terá lugar o concerto dedicado a “The Beatles”.
Tags

Publicar un comentario

comenta! :)

[blogger]

DAT

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget