LUIS PIEDRAHITA 14mar'15

Sábado, humor en el Auditorio

EL CASTELLANO ES UN IDIOMA LOABLE LO HABLE QUIEN LO HABLE, DE LUIS PIEDRAHITA 

O coruñés regresa en marzo cos seus xogos de palabras en "El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable"

As entradas xa se poden adquirir a través de servinova. O prezo da venta anticipada é máis baixo

O panorama cultural do primeiro trimestre do ano 2015 asoma repleto de risas e de o humor máis agudo. Entre os numerosos espectáculos previstos destacan as sempre esperadas e ben recibidas actuacións de Leo Harlem e Luis Piedrahita, dous dos monologuistas cómicos de maior prestixio do noso país. As entradas xa están á venta e poden ser un orixinal e saudable agasallo de Nadal, posto que tan de moda está a risoterapia.

O Rei das Cousas Pequenas, tamén coñecido como Luis Piedrahita, tamén volverá a actuar en Vilagarcía, neste caso o 14 de marzo. O humorista coruñés agasallará aos vilagarciáns co seu último espectáculo, baseado nas palabras e que leva por título "El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable".

Tamén neste caso as entradas serán máis baratas na venta anticipada que en billeteira. Por adiantado, os prezos para as zonas A e B son de 18 euros en para a C 14. O día da representación custarán 18 euros nas zonas A e B e 16 na C.

Estes dous espectáculos están xirando polos principais teatros e Auditorios de España. Chegan a Vilagarcía da man de Etiqueta Negra Producciones, firma que ten previsto seguir programando actuacións de primeiro nivel en Vilagarcía nos vindeiros meses.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

comenta! :)

[blogger]

DAT

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget