MÚSICA E MOVEMENTO (20may)


MÚSICA E MOVEMENTO 

Miércoles 20 de mayo de 2015, 19:30h en Auditorio de Vilagarcía

Entrada libre

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía renderá este ano un entrañable homenaxe aos pais, nais, avós e avoas dos alumnos máis pequenos do centro a través do tradicional Festival de Música e Movemento que os máis novos celebran como remate do curso. O espectáculo será como unha viaxe no tempo para deleitar aos proxenitores con sintonías dos debuxos animados e programas infantís das décadas dos 70 e 80 do século pasado.

Os alumnos de 4 a 7 anos do centro bernardo del Río tiveron a oportunidade de coñecer algúns dos debuxos e programas que divertían aos seus pais cando eran cativos a través dos ensaios para o Festival. Con temas como os da Abella Maya, Os Pitufos, Willy Fog ou Os Fruitis, os educandos permitirán a pais regresar uns minutos a súa infancia e aos seus avós á súa mocidade. Tamén se poderán escoitar sintonías como a do programa "Un globo, dos globos tres globos" e mesmo a da serie animada "Érase unha vez o home".

O deste ano será o VI Festival de Música e Movemento da Escola Bernardo del Río. O espectáculo terá lugar o mércores, 20 de maio, a partir das 19:30 horas no Auditorio. A entrada é libre e de balde.

Os alumnos contarán coa colaboración dun grupo de pais que inservirán no espectáculo interpretando os tres temas máis emblemáticos da súa infancia.

Publicar un comentario

comenta! :)

Eventos

[.EVENTOS][fbig1]
[blogger]

DAT

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget