Sala Rivas Briones, 6 de junio al 5 de julio de 2015.
A Sala Rivas Briones é un dos espazos artísticos públicos mais valorados da comarca. O interese dos artistas por expoñer na principal sala vilagarciá é notable, como demostra a axilidade coa que se cobre a súa axenda e incluso a lista de espera existente. Esta sala resérvase para as exposicións máis importantes e para os artistas locais e da zona, posto que creouse co obxectivo de que fora un espazo para divulgar a riqueza e calidade da nosa. Os espazos expositivos municipais complétanse coa sala do Auditorio e tamén cos corredores principais deste edificio.
Precisamente, na sala de Exposicións do Auditorio están programadas xa catro mostras que se exhibirán no primeiro semestre de 2015. A finais de xaneiro inaugurarase unha colectiva do grupo M-)0 de alumnos do último curso de Belas Artes en Pontevedra, en marzo regresa o Parque Nacional as Illas Atlánticas coa segunda edición do certame de pintura "Lenzos da Natureza, e a sala acollerá en abril a mostra dos alumnos de Arte do IES Miguel Ángel González Estévez de Carril. Entre maio e xuño colgará a súa obra no Auditorio a pintora María José Giráldez.
Exposición Fotográfica. Retrospectiva. 10 Premios de Creación Fotográfica Luis Ksado
Entrada libre.
En xuño regresa a fotografía coa mostra recompilatoria "10 Anos do Premio Ksado" da Deputación da Coruña e posteriormente exporá a súa obra Cristina García Villegas. Outra muller, Marisa Redondo colgará as súas pinturas na Rivas Briones en agosto, e Fernando San farao en outubro. E mes de decembro resérvase para unha nova edición da subasta exposición de Arte Solidario en beneficio de Cáritas "Caritarte".A Sala Rivas Briones é un dos espazos artísticos públicos mais valorados da comarca. O interese dos artistas por expoñer na principal sala vilagarciá é notable, como demostra a axilidade coa que se cobre a súa axenda e incluso a lista de espera existente. Esta sala resérvase para as exposicións máis importantes e para os artistas locais e da zona, posto que creouse co obxectivo de que fora un espazo para divulgar a riqueza e calidade da nosa. Os espazos expositivos municipais complétanse coa sala do Auditorio e tamén cos corredores principais deste edificio.