#Formación| cada Lún-Mar-Mier| 07/09/2015-04-11-2015| 09:30-13:30h| Centro Municipal de Formación Matosiños | Entrada libre|
Dezaoito mulleres de diferentes idades comezaron onte o Curso de alfabetización dixital e redes sociais que imparte o Concello de Vilagarcía a través da Área de Igualdade. A acción formativa ten como obxectivo mellorar a capacitación informática das alumnas para que teñan máis facilidades de ao mercado laboral e tamén pretende contribuír a diminuír a fenda dixital que existe entre homes e mulleres. A actividade é gratuíta e aínda quedan dúas vacantes que as interesadas poderán solicitar ao longo desta semana.
O curso de alfabetización dixital e redes sociais impártese na aula de informática do Centro de Formación permanente de Matosinhos. Ten unha duración de 100 horas lectivas e as clases celébranse os luns, martes e mércores de 9:30 a 13:30 horas ata o 4 de novembro.
O programa do curso está deseñado a partir dos interese concretos das mulleres participantes, xeralmente necesidades de comunicación e información. Ao longo destas 100 horas traballaranse distintos contidos, dende os compoñentes básicos dun ordenador e os procesadores de texto, ata o acceso e navegación por Internet de xeito seguro e a xestión do correo electrónico, ás redes sociais e a aplicación destas ferramentas na busca de emprego.
As mulleres interesadas en acceder as dúas prazas dispoñibles poden solicitar información no departamento de Igualdade do Concello.
CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL PARA MULLERES NO CENTRO DE FORMACIÓN DE MATOSINHOS
Das 20 prazas ofertadas, quedan 2 vacantes que as interesadas aínda poderán solicitar ao longo desta semanaDezaoito mulleres de diferentes idades comezaron onte o Curso de alfabetización dixital e redes sociais que imparte o Concello de Vilagarcía a través da Área de Igualdade. A acción formativa ten como obxectivo mellorar a capacitación informática das alumnas para que teñan máis facilidades de ao mercado laboral e tamén pretende contribuír a diminuír a fenda dixital que existe entre homes e mulleres. A actividade é gratuíta e aínda quedan dúas vacantes que as interesadas poderán solicitar ao longo desta semana.