EXPOSICIÓN DE KIKE ORTEGA
Del 18/09/2015 al 16/10/2015 en Sala Rivas Briones. Entrada libre.
Inauguración el viernes 18 de septiembre de 2015, a las 20h.Co ser humano como tema principal, explora con materiais pouco habituais como os reciclados, e mesmo os que se usan na construción: formigón, madeira, metal
A programación cultural de Vilagarcía estrea hoxe unha nova e atractiva actividade. Trátase da mostra que o artista pontevedrés Kike Ortega colga a partir desta noite na sala Antón Rivas Briones. Ata o 16 de outubro este artista atípico amosa parte da súa obra, composta maioritariamente por pinturas de técnica mixta sobre soportes variados, e que tamén inclúe algunha peza escultórica.
Kike Ortega non é un artista ao uso. Criouse en medio dos pinceis e lenzos do obradoiro de arte da súa nai, Isabel Domínguez, tamén pintora, pero el estudou Arquitectura. Pese a ser arquitecto de carreira, é artista de vocación xa que, como el mesmo di "soy un pintor metido a arquitecto".
O seu traballo é moi instintivo e as musas non teñen moito que ver no seu proceso creativo. Kike Ortega percibe estímulos de todo o que o rodea, dende as cousas máis normais e cotiás, ás máis extraordinarias, dende a serie que está a ver na televisión ata o obxecto co que tropeza na rúa. E eses estímulos inspírano para crear, a experimentar sobre todo cos materiais.
A súa obra non é nada convencional. Moitos dos seus traballos están realizadas con materiais reciclado o que, ademais de contribuír á conservación da natureza, permítelle explorar as posibilidades deses elementos no arte que se enriquece coa liberdade que lle aportan. E como pouso do arquitecto que hai nel, tamén usa materias propias desta disciplina á hora da creación artística. Formigón, metal, Madeira… todo é susceptible de formar parte dunha obra de arte de Ortega.
En canto ás temáticas, a que máis lle interesa e a que máis se repite é a do ser humano. O Corpo humano, física pero tamén interiormente, reparando no estado emocional das persoas que pinta.
"Muchas de mis obras se realizan con materiales reciclables. Esto no solo implica un discurso sobre el aprovechamiento de los recursos del planeta,ni significa que obligatoriamente conlleve un caracter politico ni de denuncia. Realmente trabajo instintivamente y de paso pongo mi granito de arena para conservar la naturaleza. Aunque como arquitecto no solo deberia estar concienciado sino obligado a hacer entender a la gente q esto es real,como pintor no es asi. Simplemente lo que hago es explorar nuevos materiales y estos me dan una gran libertad a la hora de trabajar.
Un pintor,un artista ha de tener una habilidad especial para descubrir posibilidades donde los demas no ven nada.
En mis cuadros cuando pinto busco dejar hablar con crudeza y sinceridad a los materiales (hormigon,metal,madera) permitiendo que cada uno aporte un valor (contundencia,calided,rotundidad) e intento equilibrarlo de la mejor manera posible y muchas veces ese equilibrio me lo ofrece la figuracion,formando asi parte de un discurso mas amplio"
[#ExpoVGA, #Pintura] [18/09/2015-16/10/2015] [Sala Rivas Briones, Castelao] [Entrada libre]
