en Vilagarcía, Carril. Inscripción do 1 marzo ao 1 xuño 2017
I Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes
O gañador do Concurso de Bandas abrirá o Festival Ameixa Rock que se celebrará o sábado 2 de setembro 2017 e terá un premio en metálico de 150€.
A Asoc. Ameixa Rock convoca a 1ª edición do “Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes”. O obxectivo principal da convocatoria non e outro que potenciar e promocionar grupos emerxentes e darlles unha oportunidade de poder compartir escenario con artistas consolidados e poder darse a coñecer.
- Poden participar tódolos artistas, grupos ou solistas residentes en España sen límite de idade.
- As bandas non deben ter ningún traballo editado nin distribuido de maneira comercial con fins lucrativos, so traballos discográficos promocionáis.
- Deberán enviar dous temas a ameixarockcarril@gmail.com en formato mp3, de calidade 128 kbps e un tamaño máximo de 20 Mb, ademáis de un logo/foto do grupo en JPG, e una pequeña descripción da banda.
- O material enviado terá que ser orixinal.
- A organización aceptará únicamente traballos dos estilos: indie, rock e pop, e indispensable contar cun repertorio de 40 minutos de actuación (pódese incluir algunha versión).
- Valorarase enlaces a youtube, soundcloud, bandcamp, etc.
- O período para apuntarse e dende o 1 de Marzo ata o 1 de Xunio de 2017.
- O Festival celebraráse o vindeiro Sábado 2 de Setembro.
- A organización porase en contacto coa banda gañadora para informala do premio e tamén publicará en redes sociais o nome de dito grupo.