17h Parque Miguel Hernandez y 21h gala en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre. viernes 26 mayo 2017

Trátase dunha xornada festiva no que a diversión practicando actividade física está garantida e que pretende animar a todo o mundo algún tipo de deporte como hábito saudable que é. Pero a festa taén serve de recoñecemento ao deporte de competición e a todos os colectivos e entidades que favorecen a súa práctica. Por iso, no acto da note farase entrega do premio ao Mellor Deportista do Ano e se entregarán varias mencións especiais.
Ao acto foron invitados todos os clubs e entidades deportivas da cidade.
Gala do Deporte
As mencións especiais serán entregadas no transcurso da Gala do deporte a celebrar o venres, 26 de maio no Salón García. Nese acto tamén se fará público o nome do Mellor Deportista do Ano. Previamente, e durante toda a tarde, a Fundación de Deportes celebrará a Festa do Deporte con actividades abertas a todo o público no Parque Miguel Hernández.Candidatos ao melos deportista local
Pedro Muñoz (Kenpo): Campión de España en Combate e Campión Galego en diferentes especialidades.Julio Suárez (xadrez): Campión de España xuvenil, Campión de España en Xadrez Rápido, Campión de España por equipos na categoría sub 18 e primeiro Taboleiro no Club Xadrez Fontecarmoa na División de Honra.
Jordi Aragonés (preparador físico): Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Río como preparador físico da selección española de baloncesto feminino.
Jesica Bouzas (tenis): Campiona Galega Infantíl en individuais, Subcampiona Galega en cadete e júnior na modalidade de dobres, Campiona de España en dobres e compoñente da selección española no campionato de Europa sub 14 de Turquía.
Gustavo César Veloso (ciclismo): Segundo na Volta a Portugal e gañador de tres etapas nesta mesma proba.
Mencions especiais
Directivo: Tuco Renda. Pola súa dedicación como directivo do Club de Fútbol San Martín durante máis de 25 anos, etapa á que puxo fin o ano pasado.Adestrador: Alberto Blanco. Pola súa participación no Campionato Europeo co equipo Liatuno Lietuvos Rytas e obtención do título da Copa da liga lituana.
Traxectoria deportiva: José Luis Queiruga. Ex presidente do Club Polideportivo de Educación Especial e polo seu constante apoio e defensa do deporte adaptado e aos deportistas con discapacidade.
Colaboración co deporte: Ramiro Carregal. Polos seu apoio a clubs e a Fundación de Deportes e polos patrocinios á celebración de diversos eventos deportivos no municipio.
Medios Comunicación: Diego Alcaine. Pola labor de comunicación e difusión do deporte en xeral do noso Concello a través da canle Arousa TV.
Evento deportivo: Marathón Urbano Special Olimpcs, por promover e facilitar a integración e inclusión das persoas a través da práctica do deporte.
Deporte Base: Equipo Promesa Club Remo Vilaxoán de Bateis. Polo título do Campionato Galego e proclamarse Subcampión de España.
As mencións especiais serán entregadas no transcurso da Gala do deporte a celebrar o venres, 26 de maio no Salón García. Nese acto tamén se fará público o nome do Mellor Deportista do Ano. Previamente, e durante toda a tarde, a Fundación de Deportes celebrará a Festa do Deporte con actividades abertas a todo o público no Parque Miguel Hernández.
NdP: "TODOS SOMOS CAPACES" É O LEMA DA FESTA DO DEPORTE LOCAL QUE SE CELEBRA MAÑÁ
A celebración converte o Parque Miguel Hernández no epicentro do deporte para todos
Haberá sesións de esgrima, zumba, xadrez, rugby taekwondo, xogos populares e de habilidade abetos a públicos de todas as idades
A Festa rematará coa entrega do Premio ao Mellor Deportista do Ano na cerimonia a celebrar no Salón García a partir das 21:00 horas
Os finalistas a recibir o galardón son Pedro Muñoz, Jesica Bouzas, Julio Suárez, Jordi Aragonés, e Gustavo César Veloso
Vilagarcía celebra mañá a Festa do Deporte que este ano, co lema "Todos somos capaces", incide no aspecto integrador do deporte e en facer visible o deporte adaptado.Con motivo desta cita anual, a Fundación Municipal organiza unha xornada destinada a recoñecer o mérito dos deportistas locais e a continuar coa súa labor de promoción e fomento do deporte para todos e todas. Por esta razón, o parque Miguel Hernández será o epicentro das numerosas actividades lúdicas e deportivas a desenvolver durante toda a tarde e que estarán abertas á participación de todo o mundo, e a festa rematará coa cerimonia de entrega do Premio ao Mellor deportista do Ano, nun acto a celebrar a partir das 21:00 horas no Salón García. Os cinco finalistas a recibir o galardón son: Pedro Muñoz (Kenpo), Jesica Bouzas (tenis), Julio Suárez (xadrez), Jordi Aragonés (preparador físico) e Gustavo César Veloso (ciclismo).
Participa Club Olimpic de Taekwondo