21h Miércoles en salón García, Vilagarcía. Entrada 4€

El último bolchevique / Le tombeau d' Alexandre

org: Cine Clúbe Ádega

En conmemoración do centenario da Revolución Rusa, e en colaboración co PCG, este mércores día 15 proxectaremos o documental "Le Tombeau d´Alexandr" (O último bolxevique), dirixido por Chris Marker. A proxección terá lugar no Salón García ás 20:30 horas e a entrada é de balde.

Estarán con nós Xulio Vilariño, técnico en realización e licenciado en Historia da Arte, investigador na USC, membro do Cineclube de Compostela e crítico en publicacións como Ariel, Novas da Galiza, Protexta ou A Cuarta Parede; e Maribel Iglesias, profesora de Xeografía e Historia e Doutora en Historia da Arte pola USC.


 "Aleksandr Ivanovich Medvedkin foi un cineasta ruso nacido en 1900. Aos 17 anos foi testigo da Revolución Rusa; aos 20 participou na Guerra Civil, dentro do Exército Roxo, xunto a Isaac Babel; aos 38 viviu as purgas estalinistas e viu como o seu mellor film, "A Felicidade", era condeada por reflexar influencias de Bujarin; con 41 anos loitou en primera liña na II Guerra Mundial, cámara en man; e morreu en 1989, en plena "Perestroika", convencido de que o comunismo, ao que consagrara a súa vida, alcanzaba, por fin, a súa culminación".

Duración: 120 min, Xénero: Documental| Revolución Rusa. Público: adultos

Venda de entradas: no Salón García a partir das 20.30 h o mesmo día da proxección.
Prezos: Socios Anuais: entrada de balde. Socios por 1 día/sesión: 4€.

15nov
15 noviembre 2017
 
Top