10h-13h sábado, Auditorio Vilagarcía. Inscripción 10€.   

Obradoiro de Autodefensa Feminista. O Soño de Lilith


Obradoiro de Autodefensa Feminista (10:00-13:00)
A Autodefensa Feminista é integral, traballando a todos os niveis e contra todas as violencias; conectando as violencias vividas a esta estrutura de opresión, posibilitando un traballo consciente e colectivo sobre os elementos da socialización de xénero dende un lugar de resposta e empoderamento. Traballarase a través de dinámicas de forma que poidamos realizar un traballo progresivo, diversificado e interdisciplinar, abordando tanto técnicas físicas
como elementos emocionais, psicolóxicos, relacionais... Dende unha perspectiva de crear e ampliar posibilidades fronte á violencia.
O obradoiro será impartido por Cristy Tojo e Mai Insua, trátase dunha parte dun proxecto chamado "Lésbicas Creando" que ten como obxectivo o empoderamento.
O custo deste obradoiro será de 10 € e impartirase no Auditorio de Vilagarcía. Para inscribirse é preciso enviar un email a osonhodelilith@gmail.com

25N
09dic
noviembre y diciembre 2017 
 
Top