![]() |
Gaspar Gonzalez , concelleiro por Somos Maioria en Vilagarcía |
SOMOS MAIORÍA REINTÉGRALLE AO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA AS SÚAS ACHEGAS PARA GASTOS DE MANTEMENTO
O concello destina anualmente 90.000€ para "gastos de mantemento" aos partidos políticos en base ao número de concelleiros: 2.700€/mes PSdG-PSOE, 2.400€/mes PP, 900€/mes EU-SON, 900€/mes BNG e 600€/mes Somos Maioría.
A cantidade devolta por Somos Maioria ao Concello, en forma de doazón, ascende a 7.134,20€.
A formación política repite a doazón realizada o ano pasado para que se destine ás Axudas de Emerxencia da Concelleria de Servizos Sociais.
Somos Maioria é a única forza política que presentou as súas contas anuais para que sexan fiscalizadas pola Intervención do Concello.
Somos Maioría Vilagarcía volve realizar unha doazón ao Concello de Vilagarcía de Arousa que se corresponde coas achegas que durante todo o exercicio de 2017 este lle realizou ao Grupo Político Municipal desta formación política.
Somos Maioría intentou na negociación dos Orzamentos de 2018 que se reducisen as cantidades que os grupos políticos municipais perciben mensualmente para gastos de mantemento. Lembramos que estas achegas aos grupos políticos ascenden mensualmente a 7.500€, (2.700€ PSdG-PSOE, 2.400€ PP, 900€ EU-SON, 900€ BNG e 600€ Somos Maioría). A postura do goberno local ante esta proposta foi pecharse en banda e dicir, literalmente, que "iso nin se toca".
Desde a formación local seguen manifestando que ditas achegas son desproporcionadas e que lles supoñen un gasto esaxerado ás arcas municipais, un diñeiro que se debera empregar en beneficio da cidadanía. Por iso, a devolución que acaban de realizar ao Concello vai condicionada a que a cantidade reintegrada (7.134,20e) sexa destinada a aumentar a partida das Axudas de Emerxencia da Concelleria de Servizos Sociais.
Mentres que o resto dos grupos políticos aínda non presentou as súas contas correspondentes aos distintos exercicios económicos anuais dentro deste mandato, Somos Maioria, tal e como acordou coa cidadanía, segue apostando pola transparencia e expón publicamente as súas contas (achegas municipais e nóminas percibidas polo concelleiro da formación) de maneira mensual no seu blog.
http://vilagarcia.somosmaioria.org/blo/
Gaspar Antonio Gonzalez Somoza
Voceiro do Grupo Municipal de SOMOS MAJORÍA (PDDdG)
Suscríbete a Arousa TV por correo