11h30 sábado, Praza de Abastos, Vilagarcía. Entrada libre. 

Presentación 'Asdabanda', formación feminina da Banda de Música de Vilagarcía 

A Banda de Música Vilagarcía de Arousa ten o pracer de presentar a unha formación composta exclusivamente por mulleres, rapazas e nenas: "asdabanda".

A idea da creación desta agrupación naceu inicialmente para facer unha contribución musical en Festivala "Mulleres creando", evento organizado pola asociación feminista O Soño de Lilith.

Festivala será inaugurado oficialmente mañan sábado 2 de xuño às 11:30 na praza de abastos de Vilagarcia. Nesta ocasión "asdabanda" interpretarán obras cun compoñente feminino, como o poema musicado de Rosalía de Castro, negra sombra. Aínda que o obxectivo futuro sería chegar a tocar pezas de compositoras, figura moi escasa no eido da música clásica en xeral.

Agradecemos ao soño de lilith esta oportunidade e desexamos que festivala se consolide co paso dos anos. Estades todxs convidadxs!

02jun
junio 2018

 
Top