21h30 en A Xunqueira, Vilagarcía. Entrada libre. 


III Serán Grupo A Nosa Sra da Xunqueira  


Obradoiro cultural A Nosa Señora da Xunqueira.

XA ESTAMOS DE VOLTA!!! CA 3ª EDICIÓN DO SERÁN FOLCLÓRICO A NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA!!!!

O 6 de outubro terá lugar o 3º Serán Grupo A Nosa Señora da Xunqueira, a partires das 21:30 no noso obradoiro cultural (xusto detrás da igrexa da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa)

Con xa dúas edicións ás nosas costas, vamos ca teceira pero non a vencida!! Coma sempre, con máis gañas e ilusión si cabe!!!

O principal, convidarvos a todos aqueles que queirades participar como grupo. Podedes facer a inscripción previa no email grupo@axunqueira.com ou chamando ó teléfono 634673008. Por suposto tamén podedes "chegar e encher", pero ós que saibades con antelación a vosa asistencia, agradecemos nolo comuniquedes para ter todo máis organizadiño.
E os que non sexades de grupos, estades convidadísimos igualmente!! Vámolo pasar en grande, boa música, boa xente, ledicia por todas partes... Que máis se pode pedir? ☺

Por suposto non van faltar os xa coñecidos coma OS MELLORES CALLOS DE TODA A COMARCA DO SALNÉS, para tod@s @s asistentes!! Ademáis de bebidas, sorteos, photocall... Non vai faltar de nada!!

E sin máis, agradecervos o voso tempo, esperamos vervos a todos por alí de festa rachada, non vos arrepentiredes!!

Agradecemos MÁXIMA DIFUSIÓN, COMPARTIDE!!!!!
Información e inscricións: grupo@axunqueira.com

06oct 
octubre 2018 


 
Top