20h viernes en O Faiado da Memoria, Ravella 27, Vilagarcía | Entrada libre | 9 noviembre 2018 


Asamblea Aberta Marea na Vila 


As actividades no local de O FAIADO DA MEMORIA en Ravella27, para este mes de novembro, comenzan esta semana cunha ASAMBLEA ABERTA que organiza o grupo de MAREA DA VILA, o venres, 9, ás 20:00 horas.

Marea da Vila convoca unha asemblea o venres día 9 de novembro, a partir das 20:00 na sede do Faiado da Memoria

Dende Marea da Vila continuamos na construción dunha alternativa para Vilagarcía, por iso convocamos unha nova asemblea aberta que terá lugar o próximo venres 9 de novembro a partir das 20:00H na sede do Faiado da Memoria (Praza Ravella, 27).

Calquera alternativa para Vilagarcía pasa por acadar un espazo amplo, onde poidamos traballar colectivamente aquelas persoas que consideramos que a democracia comeza polo próximo, o municipalismo.  Por iso na asemblea anterior apostamos por organizarnos en grupos de traballo que nos permitan avanzar de maneira coordinada. Na asemblea trataramos a seguinte orde do día:

1.- Información da constitución de todos os grupos e configuración da coordinadora.

2.- Exposición grupo comunicación.

3.- Exposición grupo traballo municipal e programa.

4.- Exposición grupo de traballo participación.

5.- Varios.

Animamos á todas as persoas que pensedes que outra Vilagarcía é posible, a achegarvos e participar deste proceso de ilusión e cambio #ParticipaMareaDaVila

09nov
noviembre 2018

 
Top