0

21h miércoles en Salón García, Rey Daviña, Vilagarcía. Entrada gratis. 28 noviembre 2018 



🎬 Cine Clube Ádega: 'Migas de pan'. Proxección e coloquio. Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 


O día 28 “Migas de Pan” programación especial en conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. En colaboración con O soño de Lilith. 

Película, Uruguay, 2017. Proyección en versión original. 

Con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller o mércores día 28 proxectamos o filme “Migas de pan” e temos a sorte de poder contar coa súa Directora, Manane Rodríguez, para que nos presente esta cinta. 

O filme protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos foi seleccionado por Uruguai para competir polo Óscar 2017 á mellor película de fala non inglesa. 

A cineasta de orixe Uruguaia, logo de cultivar este importante éxito de ser candidata por Uruguai aos Premios Óscar, dirixirá a série “Academia de mulleres“, un proxecto para televisión que nace en Galicia e cun equipo formado integramente por mulleres. 

Logo poderemos charlar e debatir con ela e tamén coa comunicadora e periodista Alba Tomé de O Soño de Lilith, sobre o filme e sobre o tema que se fai referencia. 

28nov 
noviembre 2018 
25N 

Publicar un comentario

 
Top