19h sábado en Auditorio, Illa de Arousa. Entrada 5€  


Escola de Danza Perla de Arousa: Gala benéfica de Danza “Felinidade” 


O vindeiro sábado 3 de novembro Perla de Arousa fará unha gala de danza no Auditorio da Illa de Arousa co fin de recaudar fondos destinados á protección e control da poboación felina da Illa de Arousa.

Esta iniciativa da Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Illa de Arousa en colaboración ca escola Perla de Arousa, pretende levar a cabo coa axuda de Voluntarios e unha Protectora de Animais, a aplicación dun proxecto que consiste na localización destes animais para a súa identificación, esterilización, control sanitario e liberación no mesmo entorno (Protocolo CES). Tamén se promovería a adopción dos gatiños máis dóciles.

O obxetivo desta gala é o de dar a coñecer o proxecto e recaudar fondos para poder facerse cargo dos gastos derivados das intervencións veterinarias, así como dos costes da compra de material que sexa necesario e de campañas de sensibilización.

Perla de Arousa porá no escenario a bailaríns de danza clásica, danza galega e bailes de salón que encherán o escenario de colorido, música e movemento.

Lugar – Auditorio de A Illa de Arousa

Hora- 19.00 horas.

Prezo – 5€

Lugar de venda das entradas:

Escola de danza Perla de Arousa (Vilagarcía)
Gradisela Arousa (A Illa)
Bar O Museo (A Illa)
Admon. de loterías San Xulián (A Illa)

03nov
noviembre 2018
 
Top