06/06/18

21h miércoles en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre. 

Documental 'Touro O Pino. A ameaza do cobre' e charla coloquio 


Programación especial do Día Internacional do Medio Ambiente 

Proxección do documental dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflicto xurdido en Touro e O Pino.

Posteriormente charla coloquio con Xaquín Rubido Muñez (presidente da Plataforma en defensa da Ría de Arousa) e Isabel García Vila (Plataforma veciñal Touro-O Pino)

Sinopse:
A ameaza da mina que a empresa Atalaya pretende reabrir en Touro e O Pino, na conca do río Ulla fai rexurdir as pancartas do “Galicia non é unha mina”.

Unha explotación moi cuestionada que afectaría ao Camiño de Santiago, a moitas empresas de turismo, gandaría, agricultura, así como ás augas que abastecen a comarca, existindo riscos graves para a vida das personas de zonas coma Arinteiro. O rio Ulla podería verse gravemente afectado e mesmo as zonas marisqueiras da súa desembocadura na Arousa.

Documental dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflicto xurdido en Touro e O Pino.

organiza: Cine Clube Ádega


06jun
junio 2018


Constituida a Mesa do Turismo da provincia de Pontevedra

O sector privado participará nas próximas citas de promoción turística da institución provincial en Barcelona e Lisboa 


A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aplaudiu hoxe o consenso e a unanimidade acadada entre todos los membros da mesa provincial do turismo na súa primeira xuntanza oficial de constitución. Silva presidiu a xuntanza extraordinaria da mesa de turismo, que se constituíu de forma oficial nesta mesa xuntanza, e na que se aprobaron o seu regulamento de funcionamento e as alegacións presentadas ao mesmo, dun xeito unánime por todos os seus integrantes.

A mesa provincial de turismo foi creada ao amparo do Plan Estratéxico de Turismo que fixou as liñas mestras da actuación da Deputación neste sector e está conformada por:
  • Clúster de Turismo de Galicia 
  • Federación Provincial de Hostaleira 
  • Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) 
  • Aaeroporto de Vigo 
  • GDR Pontevedra Norte 
  • GAL Ría de Arousa 
  • GDR Baixo Miño 
  • Ruta do Viño Rías Baixas 
  • Centro de ensino Manuel Antonio 
  • Centro de ensino Carlos Oroza
  • Concello de Vigo
  • Concello de Pontevedra 
  • Concello de Baiona 
  • Concello de A Guarda 
Carmela Silva subliñou que só se presentaron tres alegacións ao regulamento de funcionamento. Unha delas para a participación do Porto de Vigo e foi aprobado, por unanimidade, que sexa invitado cada vez que vaian abordarse aspectos de turismo náutico; outra para a participación da asociación de hostaleiros de Pontevedra, que considerouse que e participará na mesa; en terceiro, lugar existía a demanda dos concellos do interior de participar tamén na promoción. A este respecto Silva subliñou
“que aprobouse sumar á promoción ademais do habitual ‘Rías Baixas’, unha marca consolidada no tempo e moi coñecida, a de `Pontevedra Provincia’, que abarca máis que o contido tradicional da marca de Rías Baixas”.

Posteriormente a Presidenta da Deputación presentou un informe sobre as actuacións que está levando a institución provincial na promoción e difusión, como foron as distintas presentacións do destino a nivel nacional e internacional. Amais Silva informou os presentes sobre as dúas iniciativas vinculadas a comercialización e a promoción online, dentro do proxecto “Turis-Tic”, para o uso das novas tecnoloxías no sector turístico.

Por outra parte, a directora do aeroporto de Vigo, Ana Molés, incidiu na necesidade de promoción da provincia nos destinos cos que existen conexións aéreas, aspecto no que coincidiu a Presidenta ao destacar que “é unha vantaxe competitiva contar con rutas de avión fronte a outros territorios que non contan con esta posibilidade de atraer turistas”.

Tamén a mesa aceptou a proposta do Clúster de Turismo de acompañar a promoción en destino que fai a Deputación coa participación do propio sector privado mediante a celebración de “workshops”. Silva xa anunciou que as promocións en Barcelona e Lisboa, que son as dúas próximas citas da institución provincial para a presentación do destino, participe xa o sector privado.

Por último, Carmela Silva subliñou que a próxima mesa do camiño convocada para o próximo día 14 se volva a incidir na necesidade de promocionar e sinalizar as distintas rutas do camiño de Santiago o seu paso pola provincia de Pontevedra “sumando sinerxias entre todos”.

Gabinete de Prensa Deputación de Pontevedra


Suscríbete a Arousa TV por correo

19h jueves, viernes, lunes, martes y miércoles en Auditorio Vilagarcía. Entrada libre. 

Conservatorio: Concerto Fin de Curso do Conservatorio Profesional de Música 

dende o xoves 31 de maio ata o mércores 6 de xuño, as AUDICIÓNS FIN DE CURSO 2017-18!!! Agardamos que nos acompañedes🎶🎶🎶🎶🎶🎶🎶. Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal

31may, 01jun, 04jun, 05jun, 06jun
mayo, junio 2018 

10h-14h en Praza de Galicia, Vilagarcía. Entrada libre. 

Alcer Pontevedra:  Información sobre a doazón de órganos

Mesa informativa

Un ano máis, como cada primeiro mércores de xuño dende 1979, as
entidades ALCER sairemos á rúa para promocionar a doazón de órganos, así como para informar a
poboación para que poidan coñecer de primeira man os pasos a seguir para a consecución da súa tarxeta
de doador/a de órganos.
Este ano a campaña, co lema A doazón da moita vida, vai fundamentalmente dirixida a fomentar e
difundir a doazón de ril en vida. Esta é posible si se cumpren as condicións e requisitos establecidos
pola Lei. O doador/a ha de ser maior de idade e gozar de boa saúde física e mental. Os posibles doadores
en vida sométense a unha avaliación no centro de transplante onde pretenden realizar a doazón para
determinar se son aptos para ser doadores/as.
Dende ALCER e a ONT/OCT (Organización Nacional de Transplantes/Oficinas de Coordinación de
Transplantes autonómicas) trabállase para que estes doadores/as en vida poidan optar a unha
baixa laboral “con carácter protexido” como sucede cos permisos de maternidade, e que lles cubra
dende que se inician os estudos de compatibilidade previos ó transplante ata a posterior recuperación da
intervención. Os dereitos sociais e laborais do “doador vivo” deben ser recoñecidos e
especialmente protexidos polo seu carácter altruísta e os beneficios sanitarios e sociais que
significan para a nosa sociedade.
Compre lembrar que:
• 1 de cada 7 persoas sofre enfermidade renal e que son miles as que esperan un transplante
• Que os órganos que se doan non son suficientes para salvar a todas as persoas que o esperan, polo que
cantos máis doadores, máis vidas salvadas
• Segundo a Lei de Transplantes, en España todos somos considerados doadores/as en vida se non
expresamos o contrario, sen embargo, esa expresión pode ter sido formulada de diferentes modos, o que
obriga a que se pregunte a familiares ou achegados sobre a vontade da persoa finada respecto á doazón
A doazón en vida tamén pode ser realizada por un “bo samaritano/a”, que pode ser un familiar ou
coñecido compatible, ademais de calquera cidadán, logo de pasar un rigoroso control médico e
psicolóxico e sen saber quen será o destinatario final da doazón.
Dende a Federación ALCER Galicia, e as nosas entidades membro, queremos invitarvos a acompañarnos
nas diferentes actividades que temos previstas por toda a xeografía galega, para darlle difusión, así como
para fomentar a doazón de órganos entre a nosa poboación, concienciando sobre a mesma para que tantas
persoas que dependen da solidariedade da poboación poidan seguir con vida.
DOAR ÓRGANOS É SALVAR VIDAS

06jun
junio 2018

Ofertas de Empleo

[empleo][list]

AROUSASOCIAL

{facebook#https://www.facebook.com/TVArousa} {twitter#https://twitter.com/ArousaTV} {google-plus#https://plus.google.com/+ArousaTv} {pinterest#https://www.pinterest.es/arousatv/} {youtube#https://www.youtube.com/user/alcainet} {instagram#https://twitter.com/arousatv}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget