0

O equipo de goberno de Catoira entrégalle ao fillo de Carlos Castaño unha placa conmemorativa 

O pasado sábado 26 de xaneiro, os membros do equipo de goberno do Concello de Catoira visitaron no seu domicilio a Teo, o fillo do concelleiro Carlos Castaño falecido traxicamente hai catro meses cando practicaba kitesurf. O pequeno naceu o pasado 12 de xaneiro.

O alcalde e os concelleiros fixéronlle entrega a Mónica Burés, a nai de Teo, dunha cesta con produtos para o bebé e tamén unha placa de recordo ao seu pai, coa seguinte inscrición: "Para Teo. De los compañeros de gobierno municipal de su padre Carlos, para que cuando crezca piense en él como nosotros lo conocimos y recordaremos. Una persona honesta, trabajadora, sencilla y cariñosa. El mejor padre que cualquier hijo desearía tener. Con todo nuestro cariño: Alberto, Natividad, Eduardo, Mª Teresa, Ramón, Purificación, Salvador, Lorena y Edgar.".

Nota de prensa Concello de Catoira


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top