Humanizar Vilagarcía para cadeiras de rodas?

Acompañou a dúas representantes do colectivo con mobilidade reducida polo centro da vila para dar visibilidade ás barreiras arquitectónicas 

En Común pon o foco nas necesidades das persoas con mobilidade reducida 

Vilagarcía, 23 de marzo de 2019. 
Vilagarcía en Común acompañou a dúas representantes do colectivo con mobilidade reducida polo centro da vila para dar visibilidade ás barreiras arquitectónicas ás que se teñen que enfrontar cada día. A formación denunciou o desleixo do goberno local á hora de solucionar os problemas que afectan ao día a día destes veciños, sendo abrigatorio dende decembro de 2017 que se cumpra a lei de accesibilidade. 

En palabras de Suso López, candidato de En Común, " é unha cuestión de vontade política que para nós é unha prioridade. As cidades humanizadas son aquelas nas que todas as persoas poidan vivir con dignidade e normalidade, non as que están repletas de formigón."   

Marisa e Susana, protagonistas na cita de hoxe, subliñaban que tan sequera os edificios municipais cumpren a normativa, como se pode observar nos accesos do auditorio ou a moitas áreas do concello. Correos, o ambulatorio, o hospital, os accesos á estación do tren ou o transporte público suman puntos negros de barreiras arquitectónicas que fan moi duro circular con independencia pola vila sobre todo con cadeiras de rodas manuais. Por último, denunciaron as poucas prazas para persoas por mobilidade reducida en Vilagarcía 





Archivo

Formulario de contacto

Enviar