22h30 viernes en Salón de Actos Liceo Casino, Castelao 5, Vilagarcía. Entrada libre

O ENFERMO IMAXINARIO 

O Taller de Teatro Clámide estreará no salón de actos do Liceo  Casino a súa nova obra “O Enfermo Imaxinario” o próximo venres 28 de xuño as 22.30h con entrada de balde ata completar aforo.

Nesta ocasión, o grupo de teatro Clámide quere levar a escena a obra de Molière “O Enfermo Imaxinario” coa colaboración da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (EMAE) na adaptación da obra.

O taller de Teatro Clámide quere agradecer especialmente a colaboración do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa por ceder as súas instalacións para facer a estrea da obra na vila natal deste grupo de teatro que cumprirá no ano 2021 o seu XL aniversario.

Taller de teatro Clámide
O Taller de Teatro Clámide fundase no 1981 dentro da parroquia Santa Eulalia de Arealonga, de Vilagarcía de Arousa.

O noso obxectivo e difundir a cultura do teatro entre os mais novos da parroquia e do seu contorno, representando diferentes tipos de obras onde non chegan os circuítos profesionais, dando formación teatral a nivel inicial e un espazo para novos artistas.

Datos de contacto
Teléfono: 615 – 488 – 721
Mail: clamide@clamide.com
www.clamide.com

28jun
junio 2019
 
Top