venres 12, sábado 13, venres 19 e sábado 20 de xuño en Padrón. Entrada libre. Recoller dende o luns 08 xuño no Centro Social 

AUTOCINE en Padrón. Programación Xuño |

O venres 12 de xuño estrearase o autocine de Padrón! A primeira película que se proxectará está dirixida aos máis pequenos da casa. 
As entradas poden recollerse dende o vindeiro luns 8xuñ no Centro Social.

A primeira sesión do autocine terá lugar o venres 12 de xuño coa estrea de ‘Toy Story 4’. A idea é que os venres se proxecten filmes para o público infantil, e os sábados para público adulto. Por tanto, o sábado 13 de xuño a película da que se poderá desfrutar neste novo espazo é ‘O que arde’. As seguintes sesións de autocine terán lugar o venres 19 e o sábado 20 de xuño.

O autocine de Padrón ubicarase no Campo do Souto, será gratuito e terá capacidade para acoller a un total de 60 vehículos. As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 8 de xuño, e poderán recollerse no Centro Social.



#Autocine #Cultura #Padrón #Cine
08jun, 12jun, 19jun, 13jun, 20jun
junio 2020










Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top