CANCELADO 11 sep, 12sep y 13sep en Vilaxoán, Vilagarcía. Entrada? 

CANCELADO Festival Revenidas

Actualización 23jun: Ante a complexidade de levar a cabo un evento das características do festival Revenidas no 2020, dende a organización do evento vémonos na obriga de aprazar a nosa 17ª edición, prevista para a segunda fin de semana de setembro en Vilaxoán de Arousa. Para poder manter o estándar de calidade que o Revenidas acadou nos últimos anos, non perder a nosa esencia e garantir a seguridade de todas as persoas asistentes e traballadoras, o festival pasará a celebrarse os días 10, 11 e 12 de setembro do 2021.

As persoas que mercaron a súa entrada e queiran gardala para asistir ao festival no 2021 poderá facelo automaticamente, non será precisa ningunha xestión máis. Se, pola contra, alguén quere solicitar a devolución do importe do seu abono, poderá facelo ao longo de todo o próximo mes de xullo (dende as 00h01 do mércores 1 ata as 23h59 do venres 31). A plataforma de venda contactará con todas as persoas compradoras para facilitarlles máis información e que poidan escoller a opción que mellor lles conveña.

Aínda así, non imaxinamos un verán sen reencontrarnos convosco, a nosa razón de ser, o noso público. Por iso estamos preparando para o próximo mes de setembro un “Revenidas en conserva”, un formato moi reducido do festival no que terán lugar concertos e distintas actividades gastronómicas e interdisciplinarias ligadas ao territorio, á tradición e á cultura mariñeira da zona.

Non queremos despedirnos sen amosalle o noso agradecemento a institucións, patrocinadores, habitantes de Vilaxoán, artistas e público fiel que nos brindaron o seu apoio ao longo de todo este camiño. Volveremos vernos pronto e, mentres tanto...

Medre o Revenidas!
Medre o mar!



Revenidas 

Os 11, 12 e 13 de setembro chega o #Revenidas20, coma sempre, a Vilaxoán de Arousa
Merca xa as túas entradas e aproveita a oferta de lanzamento
👉 https://revenidas.com/entradas/
E non esquezas marcar a opción de acampada gratuíta se queres gozar dela.

🎵 música, 🎇 fiesta
11sep, 12sep, 13sep
septiembre 2020
guía, Vilagarcía de Arousa



Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top