$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$src$c=5$type=slider$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

AVISO COVID-19 Restricciones en Vilagarcía | 24sep

efectivas desde el 24 de septiembre. Revisable en siete días


Vilagarcía se suma a los municipios que tiene restricciones especiales para evitar contagios en la segunda ola del coronavirus. Estas medidas son revisables dentro de siete días.


  
Recibe la Guía en tu correo

Restricciones en Vilagarcía 

Enlace para ver el documento íntegro de la Xunta en pdf


DOCUMENTO COMPLETO

Medidas de prevención específicas


1. Obrigas xerais.


1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente exixible aos titulares de calquera actividade.
Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.
Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario o antes posible.
Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar un cuarto de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.
Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida polo Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.
Será obrigatorio o uso da máscara nas condicións establecidas no número 1.3 do anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento desta obriga neles.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.
As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, por teren infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible co COVID-19, ou que estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, as que sexan consideradas como caso confirmado con infección activa e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

Sen prexuízo das normas ou protocolos específicos que se establezan, serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público, as medidas xerais de hixiene e prevención establecidas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por SECTORES.

3.1. Velorios e enterros.

1. Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas, cun límite máximo, en cada momento, de vinte e cinco persoas en espazos ao aire libre ou de dez persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.
2. A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de vinte e cinco persoas, entre familiares e achegados, ademais, de ser o caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

3.2. Lugares de culto.
1. A asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.
2. Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de
actos de culto.

3.3. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.
1. No caso de que estas cerimonias ou celebracións se leven a cabo en lugares de culto, deberán aplicarse as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención na celebración de actos de culto relixioso recollidas especificamente nesta orde e, no que sexa compatible co disposto nela, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente. Deberanse evitar, en calquera caso, as aglomeracións á entrada e saída dos lugares de culto.
2. As celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e  restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos.
3. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire
libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3.4. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais. 
1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.
Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.4 deste anexo.
2. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.

3.5. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.
1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.
2. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos, salvo na actividade de hostalaría e restauración que se leve a cabo nas ditas zonas, a cal se deberá axustar ao previsto especificamente para estas actividades. Queda prohibida a utilización de zonas recreativas como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.
3. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.4 deste anexo. Ademais, deberán evitarse as aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.
4. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.

3.6. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.
1. No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, non poderán superar o cincuenta por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.
Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación.
Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimenticios e de primeira necesidade, asegurando que non sexan manipulados os produtos comercializados neles por parte dos consumidores.

3.7. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación. 
A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido e cun máximo de dez persoas por grupo.

3.8. Establecementos de hostalaría e restauración.
1. Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.
2. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra.
3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.
Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.
No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do setenta e cinco por cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.
4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
5. Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

3.9. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.
Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.
2. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de dez persoas, incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes. 

3.10. Albergues turísticos.
Na modalidade de aloxamento turístico de albergue permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da máxima permitida.

3.11. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.
1. Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, poderán realizarse actividades presenciais sen superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.
2. Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata dez persoas nas actividades de grupos, incluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.12. Actividade en cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.
1. Os cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares poderán desenvolver
a súa actividade, contando con butacas preasignadas, sempre que non superen o cincuenta por cento da capacidade permitida en cada sala.
2. No caso doutros recintos, locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas distintos dos previstos no parágrafo anterior, poderán desenvolver a súa actividade sempre que o público permaneza sentado e que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.
3. En calquera caso, será de aplicación un límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.
Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou
substitúan.

3.13. Centros de lecer infantil.
Os centros de lecer infantil poderán levar a cabo súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, aprobado pola Orde da Consellería de Sanidade do 30 de xuño de 2020, e cunha capacidade máxima do cincuenta por cento do seu total.

3.14. Actividades e instalacións deportivas.
A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de dez persoas de forma simultánea.
Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata dez persoas, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.
A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e cun máximo de dez persoas simultaneamente no caso dos adestramentos. Non se aplicará este límite nas competicións onde as regras federativas garantan espazos diferenciados para cada equipo. No caso de realizarse en instalacións deportivas, a práctica axustarase, ademais, aos termos establecidos no parágrafo anterior.

3.15. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público.
A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.
Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou
substitúan.



3.16. Uso de praias e piscinas.

1. O concello deberá establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios. Para os efectos de calcular a capacidade máxima permitida por cada praia, considerarase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será de, polo menos, catro metros cadrados.
2. As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa, e sen que se poida exceder o límite de cen persoas de ocupación. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado.
3. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas e praias levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Deberá, ademais, respectarse o límite máximo de dez persoas por grupo, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación.
4. Exceptúase o uso da máscara durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso da máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas piscinas e praias.



3.17. Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de dez persoas, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.18. Centros de información, casetas e puntos de información.
Nos centros de información, casetas e puntos de información e espazos similares non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de dez persoas nas actividades de grupos, incluído o monitor ou guía. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.19. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.
1. Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de cen participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores.
2. As actividades deberán realizarse en grupos de ata dez persoas participantes, incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

3.20. Uso de espazos públicos.
1. Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de dez persoas, incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.
2. Deberán adoptarse as medidas que coadxuven no control das agrupacións de persoas en lugares públicos, e das actividades prohibidas relacionadas co consumo de bebidas alcohólicas en parques e outros lugares de tránsito público, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas e coa ausencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento persoal. Recoméndase o peche dos parques públicos e espazos similares a partir das 00.00 horas ata as 6.00 horas.

3.21. Centros recreativos turísticos ou similares.
1. Os centros recreativos turísticos ou similares poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento. 
2. As visitas de grupos serán dun máximo de dez persoas, incluído o monitor ou guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.22. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.
Sen prexuízo do establecido no número 3.20.2, os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

3.23. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.
1. Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.
Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou
substitúan.
O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

3.24. Establecementos e locais de xogo e apostas.
1. Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.
2. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.
3. Os establecementos e locais deberán pechar non máis tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de trinta minutos.



3.25. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1. Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre. (nota Arousatv: posible error de redacción en DOGA)
Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou
substitúan.
O disposto neste número 1 non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na presente orde e as medidas xerais de hixiene e protección.
2. As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de dez persoas participantes, incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.
3. En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.

Resumen 

Reducción de personas juntas en reuniones excepto convivientes, trabajo o formación:
10 personas

• Reducción de aforo en velatorios y entierros:
25 personas en espacios abiertos, 10 en cerrados.

• Reducción de aforo en lugares de culto, iglesias:
50% de capacidad interior
no se puede usar el exterior ni la vía pública

• Reducción de aforo en bodas:
100 personas en espacio libre
50 personas en espacios cerrado

• Reducción de aforo en comercios, servicios profesionales: 
50% de capacidad
atención preferente en caja y acceso a mayores de 75 años

Centros Comerciales: Prohibida la permanencia de clientes en zonas comunes de centros comerciales, excepto para tránsito entre establecimientos. También prohibido el uso de zonas recreativas, zonas infantiles, ludotecas, areas de descanso. Deben estar cerradas

Mercadillos al aire libre:
50% de puestos habituales o autorizados (los concellos pueden aumentar superficie o dias)

Academias:
50% de aforo. Diez personas por grupo

• Reducción de aforo en hostelería, hoteles:
50% de capacidad

• Reducción de aforo en terrazas de hostelería: 75% de capacidad

• Prohibición de consumo en barras de hostelería

• Reducción de aforo en bibliotecas, museos, salas de exposición: 50% de capacidad

• Reducción de aforo en eventos deportivos: 150 personas exterior, 50 en interior

(actualizando)

Nombre

_actividad,10,_anuncio,145,_aviso,14,_fiesta,273,.ACTIVIDADES,1,.ACTIVIDADESVGA,1,.AVISOS,9,.AVISOSVGA,9,.EVENTOSVGA,95,.GUIA,7,.GUIA-EVENTOS-PASADOS,977,.INFORMACION-pasado,1,.NOTICIAS,28,.NOTICIAS-VALGA,3,.NOTICIASBARBANZA,1,.NOTICIASVGA,1,.PROXIMO,1,.social-web,1,.TURISMO,7,.TURISMOVGA,3,@dornaFG,1,@Dr_PedroLago,1,@En_Marea,2,@erguergaliza,2,@Escena_Galega,1,@FECA,1,@ficcionProduc,5,@FrancisWhiter,1,@gadis,1,@GatoNegro,2,@HotelCarril,1,@InfoSalnes,1,@ivanferreiro,1,@JakeShaneMusic,1,@LaBolsa,2,@laduendeneta,1,@launionoficial,1,@Liceo_BBC,19,@LitaCabellut,1,@Lua_tkd,1,@ManuelGuinarte,1,@mpereiros,2,@novcarminha,1,@obloque,1,@OsMecos,1,@pcvilagarcia,1,@PlatEstEscuelaP,1,@portAmerica,1,@Puerto_Flamenco,1,@radioarosaSER,2,@sogaps_oficial,1,@soutoncas,1,@TDAHSalnes,1,@Tricicle,1,@trivilagarcia,1,@UllaUmia,1,@xatouri,1,#comercio,1,>OGrove>Noticias,1,>Pontevedra>noticias,2,2014,1,2018,1,20dic,1,actividad,5,actividad_,1,actividadpasada,65,acto,385,acto_,231,agenda,2,agenda pasada,46,agenda_,1,agendapasada,3,agendaresumen,1,agua,1,AIlla,10,albariño,2,anuncio,214,Arousa,12,arte,21,asoc,1,asoc folclórica,32,asoc montes,1,asoc protectora,8,asoc religiosa,6,asoc turística,4,asoc.empresarial,3,asociación,23,asociación cultural,152,asociación deportiva,63,asociación ecologista,16,asociación educativa,47,asociación empresarial,42,asociación juvenil,25,asociación lúdica,65,asociación mujer,32,asociación musical,57,asociación solidaria,47,asociación vecinal,54,audio,4,autobus,21,aviso,7,aviso_,16,avisopasado,39,barbanza,1,Benjamín Rey,7,biblioteca,4,bicicleta,1,biosaludable,1,Boiro,1,Caldas,5,Cambados,22,camelia,1,Catoira,9,celebracion,150,celebración,2,celebracion_,3,centro deportivo,6,centro empresarial,1,ciclismo,4,cine,272,Cine Clube Ádega,1,cine_,74,coches,1,comercio,17,comic,1,concurso,2,coro,13,Cortegada,3,covid-19,20,crónica,1,cuarentena,21,cultura,34,curso,165,curso_,4,Curtas,52,curtas2020,1,danza,1,deporte,845,deporte_,12,destacado,6,destacado_,56,DisfrutarVGA,1,ecologia,9,ecología,3,economia,29,economía,1,educacion,14,educación,2,empleo,3,empleo pasado,5,empleopasado,2,encuesta,1,EnPositivo,7,entrevista,2,entroido,3,equipo deportivo,1,escena,274,escena pasado,1,escena_,129,escultura,15,espacio,1,España,7,evento,9,evento pasado,82,evento_,120,eventoILLA,1,eventopasado,981,eventopasado2,2846,EVENTOSOSALNES,1,EVENTOSVGA,3,eventoVGA-expo,3,expo,2,expo_,213,exposicion,77,exposición,6,exposicion_,12,farmacia,8,feria,1,FestaDaAuga,7,fiesta,150,folclore,1,formación,3,formación pasada,414,fotografía,13,fútbol,2,Galicia,15,gastro,139,gastronomía,38,grove,1,Guia,7,Guía,25,Guía Turismo Vilagarcía,1,Guía Vilagarcía,38,Guía Vilagarcía Información,35,Guía Vilagarcía Social,514,Guía Vilagarcía Turismo,18,Guía Vilagarcía_,1,GuíaCatoira>noticias,1,GuíaVilagarcía,1,historia,6,hostelería,1,igualdad,1,infantil,349,infantil_,174,info,1,INFO-parque,14,Info-TrabancaBadiña,1,info.cultural,31,informacion,13,información,5,InformacionVGA,1,informatica,1,INFOVGA,2,inscripcion,1,internacional,13,JoseLuizOubina,6,juventud,8,Letras Galegas,5,literatura,7,LuisDiazDevesa,10,lunes,1,manuelguinarte,18,mar,5,meaño,1,mecenas,2,medio ambiente,2,meis,2,menú,11,MENU-GuíaVilagarcía,1,MiCiudadFavorita,18,mujer,5,muller,4,musica,962,música,28,musica_,590,nadal,7,narcotráfico,1,naturaleza,2,noticia,22,noticias,104,Noticias Vilagarcía,1,O Faiado da Memoria,2,O Grove,3,obradoiro,1,oferta,1,OGrove,17,ong,2,OSalnés,4,padron,1,parque,2,parque infantil,1,patrocinador,10,patrocinador pasado,1,patrocinador1,5,patrocinador2,3,podcast,4,politica,10,política,26,Pontevedra,3,portada,4,portas,1,premio,2,producción,52,profesional,1,programa,4,promo,106,promo-,196,próximo,2,radiocontrol,1,Rianxo,1,Rías Baixas,2,Ribadumia,7,Ribeira,6,Riveira,1,romeria,1,Rubiáms,1,Salnés,3,salud,2,salvamento,2,San Roque,1,sanidad,3,SanRoque,19,SanRoquepasado,14,Santa Rita,2,Santiago,2,Sanxenxo,6,semanal,1,senderismo,1,servicios,11,slider,1,SOCIAL-danza,1,SOCIAL-política,1,socialeducacion,5,sociedad,28,solidaridad,7,spot,12,sucesos,36,teatro,12,television,10,trabajo,9,trafico,3,tráfico,2,transporte,17,turismo,38,turismo patrimonial,18,TURISMO-playa,1,tv,2,Valga,2,vela,2,verbena,1,Vgaa,23,vídeo,138,vídeoVGA,1,vilagarcia,798,Vilagarcía,811,Vilagarciaa,10,Vilanova,18,Vilaxoan,1,Vilaxoán,1,Xunta,1,ZonaAberta,27,
ltr
item
Guía ArousaTv: AVISO COVID-19 Restricciones en Vilagarcía | 24sep
AVISO COVID-19 Restricciones en Vilagarcía | 24sep
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKci5avq6HKFZtqaoCBkwk4XjBYIgjft_J5HPduVKD_qami7JDjWdL3ecURRkC1_9oix28BFaMW_1uphAa3a981Mmw9qltPozP9XmyZV2nEZ2O_CCDb06ZURw6AHcdczKVpJbvcYJIYng/s400/aviso-gu%25C3%25ADa-arousa-vilagarc%25C3%25ADa.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKci5avq6HKFZtqaoCBkwk4XjBYIgjft_J5HPduVKD_qami7JDjWdL3ecURRkC1_9oix28BFaMW_1uphAa3a981Mmw9qltPozP9XmyZV2nEZ2O_CCDb06ZURw6AHcdczKVpJbvcYJIYng/s72-c/aviso-gu%25C3%25ADa-arousa-vilagarc%25C3%25ADa.jpg
Guía ArousaTv
https://www.arousatv.com/2020/09/aviso-covid-19-restricciones-en.html
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/2020/09/aviso-covid-19-restricciones-en.html
true
1062352745098799820
UTF-8
Cargados todos los artículos No se encontró ningún artículo VER TODO Leer más Responder Cancelar respuesta Borrar Por Guía | ArousaTv PAGINAS ARTÍCULOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARCHIVO TODOS LOS ARTÍCULOS No se encontró ningún resultado para tu búsqueda request Volver Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Dom Lun Mar Mie Jue Vie Sab Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre Ene Feb Mar Abr Mayo Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic ahora mismo hace 1 minuto $$1$$ minutes ago hace 1 hora $$1$$ hours ago Ayer $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago hace más de 5 semanas Seguidores Síguenos CONTENIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte en tu red socialetwork PASO 2: Haz click en el enlace en tu red social Copiar Todo el Código Seleccionar Todo el Código Todos el código fue copiado en tu portapapeles codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contenido