$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$src$c=5$type=slider$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

Festiclown Festaclown | 12-21ago

agosto en Vilagarcía. Entrada  libre

Festaclown 2021 Festiclown 

JUE 12ago.2021


21:30 Salón García

O GORDO E O CALVO. 20 anos despois

Actuación 20 Aniversario
Este ano os cómicos Pedro Brandariz e Fran Rei cumpren dúas décadas de traxectoria profesional xuntos e, para celebralo, presentan o espectáculo O Gordo e o Calvo 20 Anos Despois, unha escolma dos seus mellores sketches e algunha que outra sorpresa. 


VIE 13ago.2021


CLÁMIDE O enfermo imaxinario. 

Actuación 40 Aniversario
21:30 Salón García
Clámide preséntanos unha versión moi particular da famosa obra de Molière. Esta compañía nada en Vilagarcía hai 40 anos reinventa a divertida historia na que un hipocondríaco intenta casar á súa filla cun médico mentres a criada e o irmán do pai tratan de impedilo.



LUN 16ago.2021


SOMDOLILÁ

12:00 Animación Rúas 
Esta batucada feminista chega para animar os días previos ao Festaclown cos seus ritmos galegos inspirados no carnaval de Salvador de Bahía. Os potentes graves dos surdos combínanse coas frases vertixinosas dos repiques e as coreografías das percusionistas. Imposible non bailar! 




TROULA ANIMACIÓN

13:00 SanRoclown, Rúas 
Se hai unha compañía que sabe como animar as rúas das vilas, esa é Troula. Nacida hai case 20 anos hoxe é un dos referentes galegos de espectáculos itinerantes, con funcións para crianzas e público adulto, con escenario ou sen el. 




21:00 Mostra Festaclown Praza II República
FUNDACIÓN TCHYMINIAGUA
Que comience la función
A colombiana Fundación Tchyminigagua, logo do seu éxito en Vilagarcía fai tres anos, volve ao festival co seu novo espectáculo dirixido por Iván Prado. Unha proposta chea de música acrobacias e clown.




MAR 17ago.2021

11:00 Apartado Social, Praza da II República 
CON ELES + CLÁMIDE
Somos Olímpic@s
En Somos Olímpic@s reivindican con humor os grandes valores do deporte, que non sempre están presentes no momento da competición. Unha serie de divertidas e aloucadas escenas sobre o universo olímpico protagonizadas por usuarios/as da Asociación Con Eles e o grupo de teatro Clámide. Humor e teatro para a plena inclusión. 


12:30 Superroquiños, Praza de Galicia
DANI GARCÍA
Gadalka
O mago Dani García sorprenderá ao público do Festaclown dende unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras. Un novo concepto de espectáculo de rúa onde a audiencia gozará da maxia e o misterio da man deste fascinante personaxe.





19:30 Certame Festaclown, Praza de Ravella 
BERGAMOTTO CLOWN
The New Bergamotto Clown
Bergamotto chega dende Italia cunha recoñecida traxectoria: gañou o premio de votación popular dos XI Premios Zirkòlika de Circo de Cataluña 2020 e o Premio do público no XIII Encontro Entrepayasos de Zaragoza. Agora chega ao Festaclown cun tenro espectáculo de clown xestual no que afonda na relación humana e nas nosas emocións primarias.



21:00 Mostra Festaclown, Praza da II República 
ROLABOLA
Rock Circk
Un espectáculo circense aderezado con punteos de guitarra eléctrica, redobres de batería estrambóticos, equilibrios esperpénticos e melenas ao aire que se desenvolve nunha peculiar estrutura aérea autónoma. Rolabola ofrece unha mestura entre as técnicas de circo e o Rock máis puro que non deixará a ninguén indiferente.





MIE 18ago.2021

11:00 Apartado Social, Parque Miguel Hernández
LARRAITZ URRUZOLA
Namoradas e libres
Neste espectáculo de narración oral Larraitz Urruzola recolle historias de mulleres que loitan por perseguir os seus soños e desexos. Historias de mulleres diversas cheas de agarimo, de ollos que miran a outros ollos.




12:30 Superroquiños, Praza de Ravella 
AVELACIRCO
A Corda 
Como unha cometa sen fío, dende o humor e o circo, esta pallasa fala soa, vai e vén porque non atopa o seu lugar. A protagonista de A Corda vai acompañada só pola súa fiel bañeira, que a fai soñar e reafirmar que os tolos, non son tan tolos.




19:30 Certame Festaclown, Praza de Ravella 
MAYTE GUEVARA
Que buen día!
Chova, neve ou sarabie, para Martina sempre pode ser un bo día. Porque quen soña e abre ben os ollos pode ver un mundo con infinitas posibilidades. Pero Martina avisa: este espectáculo só está recomendado para xente con ganas de pasalo ben, e pide absterse a aburridas e tramposas.




21:00 Mostra Festaclown, Praza II República 
EDDY EIGHTY
Power of the 80's
Chega a Festaclown un incrible espectáculo cheo de amor, humor e circo para toda as idades. Como di Eddy Eighty: “O cambio é posible, só temos que volver atrás e escoitar o que nos dixeron os anos 80”.




JUE 19ago.2021

11:00 Apartado Social, Parque Miguel Hernández
XAROPE TULÚ
Estrafalarias
Os personaxes que aparecen neste espectáculo de narración oral caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferencia como bandeira. Xarope Tulú reivindica a diversidade como valor enriquecedor e imprescindible para construir unha sociedade tolerante e solidaria.




12:30 Superroquiños, Praia da Concha 
SUE MORENO
4.0
Sue Moreno fíxose co Premio do Público na pasada edición do Festaclown coa súa compañía SU.MA. Este ano regresa en solitario cun espectáculo que mestura técnicas aéreas con cancións e teatro físico nunha estrutura de 6 metros. 4.0 fala da conciliación dende unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.



19:30 Certame Festaclown, Praza de Ravella 
TALÍA TEATRO
Lambetadas
Os protagonistas desta peza non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara onde van. Terán que saber que lles pasa ás súas linguas, porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Talía presenta un espectáculo cheo de tenrura no que os nenos e nenas acabarán descubrindo que a identidade está na propia lingua.




21:00 Mostra Festaclown, Praza II República
SINCRO-NACIDAS
Oh-limpiadas
Dúas limpadoras aburridas da súa rutina diaria entran nun mundo de fantasía onde a súa xornada laboral é retransmitida como se fose unha competición olímpica. Un divertidísimo espectáculo no que Sincro- Nacidas mesturan danza, portés acrobáticos e, sobre todo, moito humor.




VIE 20ago.2021

11:00 Apartado Social, Trabanca Badiña o A Torre (disparidad en programas)
RUDI DUDI
Clowntaminación
Rudi Dudi convertirase no home máis forte do mundo, ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido. Coa súa arte sedutora atrapará ao público de todas as idades, que perderá a noción do tempo e gañará un sorriso.




12:30h Superroquiños, PRaza de Ravella 
ADRIÁN CONDE
El Gran Braulio
Braulio é o mellor mago do mundo... ou polo menos iso pensa el. E quen somos nós para dicirlle a verdade? Así é moito máis divertido! Este ano chega a Vilagarcía El Gran Braulio, un mago torpe e despistado que fai ben o seu espectáculo de pura casualidade.




19:30 Certame Festaclown, Praza de Ravella
CIRCO CHOSCO
Oh Pera!
Circo, humor, equilibrio e acrobacia nunha ópera surrealista na que os actos se entrelazan entre si dunha forma divertida. Circo Chosco presenta un espectáculo que non entende de lóxica nin de época.


21:00 Mostra Festaclown, Praza II República 
CÍA IO
Espazo compartido
Espazo compartido é espectáculo sensitivo, poético e dinámico. O resultado de poñer un ser humano xunto a outro, nese lugar onde remata un e comeza o outro. A través do circo, a compañía IO reta ao público a conectar coa súa propia esencia e a comunicarse a través dela.



SAB 21ago.2021

11:00 Apartado Social, Praza Galicia 
PALLASOS EN REBELDÍA
CheckPoint Clown
Un Check Point instalarase nas rúas de Vilagarcía, pero a utopía do circo e a forza da liberdade do clown conseguirán de maneira máxica tombar o muro, desalambrar o valo e desfacer as fronteiras que nos separan. Pallasos en Rebeldía volve ao FESTACLOWN cun espectáculo que combina clown, maxia e circo con solidariedade e compromiso.




12:30 Superroquiños, Praza Ravella 
ASSIRCÓPATAS
Abracadaver
Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptas para cardíacos. Assircópatas volve cun novo espectáculo que é unha cura colectiva para perder o medo, unha terapia de choque cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron.




19:30 Certame Festaclown, Praza Ravella 
PEDRAS DE CARTÓN
Quixote

21:00 Mostra Festaclown, Praza II República 
COLLECTIU FRENETIK
Save the temazo
Trapecio voante, roda Cyr, danza vertical, o salto á piscina máis pequena do mundo e equilibrio sobre botellas son algúns dos elementos principais desta creación chea de temazos. O universo sonoro será creado en directo dende un set de DJ e altofalantes móbiles enmarcado por unha escenografía de 9 metros de altura.





texto

🎭 escena,  👪 infantil, agosto septiembre 2021 Guía de Vilagarcía de  Arousa 

Nombre

_actividad,10,_anuncio,145,_aviso,14,_fiesta,273,.ACTIVIDADES,1,.ACTIVIDADESVGA,1,.AVISOS,9,.AVISOSVGA,9,.EVENTOSVGA,95,.GUIA,7,.GUIA-EVENTOS-PASADOS,977,.INFORMACION-pasado,1,.NOTICIAS,28,.NOTICIAS-VALGA,3,.NOTICIASBARBANZA,1,.NOTICIASVGA,1,.PROXIMO,1,.social-web,1,.TURISMO,7,.TURISMOVGA,3,@dornaFG,1,@Dr_PedroLago,1,@En_Marea,2,@erguergaliza,2,@Escena_Galega,1,@FECA,1,@ficcionProduc,5,@FrancisWhiter,1,@gadis,1,@GatoNegro,2,@HotelCarril,1,@InfoSalnes,1,@ivanferreiro,1,@JakeShaneMusic,1,@LaBolsa,2,@laduendeneta,1,@launionoficial,1,@Liceo_BBC,19,@LitaCabellut,1,@Lua_tkd,1,@ManuelGuinarte,1,@mpereiros,2,@novcarminha,1,@obloque,1,@OsMecos,1,@pcvilagarcia,1,@PlatEstEscuelaP,1,@portAmerica,1,@Puerto_Flamenco,1,@radioarosaSER,2,@sogaps_oficial,1,@soutoncas,1,@TDAHSalnes,1,@Tricicle,1,@trivilagarcia,1,@UllaUmia,1,@xatouri,1,#comercio,1,>OGrove>Noticias,1,>Pontevedra>noticias,2,2014,1,2018,1,20dic,1,actividad,5,actividad_,1,actividadpasada,65,acto,385,acto_,231,agenda,2,agenda pasada,46,agenda_,1,agendapasada,3,agendaresumen,1,agua,1,AIlla,10,albariño,2,anuncio,214,Arousa,12,arte,21,asoc,1,asoc folclórica,32,asoc montes,1,asoc protectora,8,asoc religiosa,6,asoc turística,4,asoc.empresarial,3,asociación,23,asociación cultural,152,asociación deportiva,63,asociación ecologista,16,asociación educativa,47,asociación empresarial,42,asociación juvenil,25,asociación lúdica,65,asociación mujer,32,asociación musical,57,asociación solidaria,47,asociación vecinal,54,audio,4,autobus,21,aviso,7,aviso_,16,avisopasado,39,barbanza,1,Benjamín Rey,7,biblioteca,4,bicicleta,1,biosaludable,1,Boiro,1,Caldas,5,Cambados,22,camelia,1,Catoira,9,celebracion,150,celebración,2,celebracion_,3,centro deportivo,6,centro empresarial,1,ciclismo,4,cine,272,Cine Clube Ádega,1,cine_,74,coches,1,comercio,17,comic,1,concurso,2,coro,13,Cortegada,3,covid-19,20,crónica,1,cuarentena,21,cultura,34,curso,165,curso_,4,Curtas,52,curtas2020,1,danza,1,deporte,845,deporte_,12,destacado,6,destacado_,56,DisfrutarVGA,1,ecologia,9,ecología,3,economia,29,economía,1,educacion,14,educación,2,empleo,3,empleo pasado,5,empleopasado,2,encuesta,1,EnPositivo,7,entrevista,2,entroido,3,equipo deportivo,1,escena,274,escena pasado,1,escena_,129,escultura,15,espacio,1,España,7,evento,9,evento pasado,82,evento_,120,eventoILLA,1,eventopasado,981,eventopasado2,2846,EVENTOSOSALNES,1,EVENTOSVGA,3,eventoVGA-expo,3,expo,2,expo_,213,exposicion,77,exposición,6,exposicion_,12,farmacia,8,feria,1,FestaDaAuga,7,fiesta,150,folclore,1,formación,3,formación pasada,414,fotografía,13,fútbol,2,Galicia,15,gastro,139,gastronomía,38,grove,1,Guia,7,Guía,25,Guía Turismo Vilagarcía,1,Guía Vilagarcía,38,Guía Vilagarcía Información,35,Guía Vilagarcía Social,514,Guía Vilagarcía Turismo,18,Guía Vilagarcía_,1,GuíaCatoira>noticias,1,GuíaVilagarcía,1,historia,6,hostelería,1,igualdad,1,infantil,349,infantil_,174,info,1,INFO-parque,14,Info-TrabancaBadiña,1,info.cultural,31,informacion,13,información,5,InformacionVGA,1,informatica,1,INFOVGA,2,inscripcion,1,internacional,13,JoseLuizOubina,6,juventud,8,Letras Galegas,5,literatura,7,LuisDiazDevesa,10,lunes,1,manuelguinarte,18,mar,5,meaño,1,mecenas,2,medio ambiente,2,meis,2,menú,11,MENU-GuíaVilagarcía,1,MiCiudadFavorita,18,mujer,5,muller,4,musica,962,música,28,musica_,590,nadal,7,narcotráfico,1,naturaleza,2,noticia,22,noticias,104,Noticias Vilagarcía,1,O Faiado da Memoria,2,O Grove,3,obradoiro,1,oferta,1,OGrove,17,ong,2,OSalnés,4,padron,1,parque,2,parque infantil,1,patrocinador,10,patrocinador pasado,1,patrocinador1,5,patrocinador2,3,podcast,4,politica,10,política,26,Pontevedra,3,portada,4,portas,1,premio,2,producción,52,profesional,1,programa,4,promo,106,promo-,196,próximo,2,radiocontrol,1,Rianxo,1,Rías Baixas,2,Ribadumia,7,Ribeira,6,Riveira,1,romeria,1,Rubiáms,1,Salnés,3,salud,2,salvamento,2,San Roque,1,sanidad,3,SanRoque,19,SanRoquepasado,14,Santa Rita,2,Santiago,2,Sanxenxo,6,semanal,1,senderismo,1,servicios,11,slider,1,SOCIAL-danza,1,SOCIAL-política,1,socialeducacion,5,sociedad,28,solidaridad,7,spot,12,sucesos,36,teatro,12,television,10,trabajo,9,trafico,3,tráfico,2,transporte,17,turismo,38,turismo patrimonial,18,TURISMO-playa,1,tv,2,Valga,2,vela,2,verbena,1,Vgaa,23,vídeo,138,vídeoVGA,1,vilagarcia,798,Vilagarcía,811,Vilagarciaa,10,Vilanova,18,Vilaxoan,1,Vilaxoán,1,Xunta,1,ZonaAberta,27,
ltr
item
Guía ArousaTv: Festiclown Festaclown | 12-21ago
Festiclown Festaclown | 12-21ago
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiwTeqn2_f4SeDk1C5VhOF0vVUWz1mi0V5QxEU1739MWv2EIvWBCHfpXr7pxEhnRiBLXZ0X_0B7mLyPMYAHi-vtZZyLpay_nKkzrqwLg10c45OtYH-HC9g3J9mRnXVaPxYpotZbo-4GJl8/w1600/Festaclown_cartelA3_V7-530x750.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiwTeqn2_f4SeDk1C5VhOF0vVUWz1mi0V5QxEU1739MWv2EIvWBCHfpXr7pxEhnRiBLXZ0X_0B7mLyPMYAHi-vtZZyLpay_nKkzrqwLg10c45OtYH-HC9g3J9mRnXVaPxYpotZbo-4GJl8/s72-w1600-c/Festaclown_cartelA3_V7-530x750.jpg
Guía ArousaTv
https://www.arousatv.com/2021/08/guia-vilagarcia-festaclown.html
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/2021/08/guia-vilagarcia-festaclown.html
true
1062352745098799820
UTF-8
Cargados todos los artículos No se encontró ningún artículo VER TODO Leer más Responder Cancelar respuesta Borrar Por Guía | ArousaTv PAGINAS ARTÍCULOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARCHIVO TODOS LOS ARTÍCULOS No se encontró ningún resultado para tu búsqueda request Volver Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Dom Lun Mar Mie Jue Vie Sab Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre Ene Feb Mar Abr Mayo Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic ahora mismo hace 1 minuto $$1$$ minutes ago hace 1 hora $$1$$ hours ago Ayer $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago hace más de 5 semanas Seguidores Síguenos CONTENIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte en tu red socialetwork PASO 2: Haz click en el enlace en tu red social Copiar Todo el Código Seleccionar Todo el Código Todos el código fue copiado en tu portapapeles codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contenido