$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$src$c=5$type=slider$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

Asociación cultural MESA DAS VERBAS | 2011

Mesa das Verbas es una asociación creada en 2011 y constituida oficialmente en 2020 de amantes de la poesía en Vilagarcía de Arousa

Asociación de amantes de la poesía. 

Asociación cultural MESA DAS VERBAS | 2011

Mesa das Verbas

Asociación fraternal de amantes da poesía e das verbas ceibadas ao ar de Arousa. Sentamos parolar á Mesa das Verbas, con café e as letras. 

A primeira Mesa das Verbas celebrouse o venres 21 de xaneiro de 2011 no Liceo Casino, en Castelao 5, Vilagarcía de Arousa.

O sábado 22 de febreiro de 2020 comezou unha nova etapa para a Mesa das Verbas, ás 20:30 h, na Sá de Xuntas do Centro Comercial Arousa comeza a sesión de constitución da  Mesa das Verbas coa aprobación da Acta Fundacional, así como a aprobación dos Estatutos e a elección da Xunta Directiva, rematando o acto de constitución oficial ás 21:30 h., quedándose en proceder legalmente para inscribir os Estatutos, dar de alta a ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS, solicitar o CIF e facer todos os trámites necesarios para consolidar e legalizar a asociación. A Xunta directiva quedou así conformada:

  • Presidencia: Germán Manuel Torres de Aboal
  • Vicepresidencia: José Ramón Quintáns Suárez
  • Secreataría: Luís González Bravo
  • Tesorería: Mª Teresa Briones Berridy
  • Vocal: Mª del Carmen Abalo Noya, Ramón Torrado López, Manuel Lage Touriño, Enrique Blanco Rodríguez, Alejandro Gustavo Guanella Ureta


mesadasverbas.blogspot.com
www.facebook.com/MesadasVerbas
twitter.com/MesadasVerbas
filgueiravalverde.blogspot.com 

Mesa das Verbas 2021 


PREMIO POESÍA en lingua galega Xoquina Trillo 
Para estudantes da ESO de toda Galicia (de entre 12 e 16 anos) que poderán presentar os seus traballos ata o día 10 de xaneiro. Un poema escrito en galego, que non exceda os 60 versos e que deberá ser inédito, orixinal e non ter sido premiado en ningún outro certame.

O sobre co seu contido será depositado nunha furna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía. 

Establécense tres premios: O primeiro dotado con 100 euros en metálico e un vale-compra do mesmo importe para gastar nos establecementos do Centro Comercial Arousa. O segundo premio consistirá en 50 euros e vale comprar por importe doutros 50, e o terceiro en 25 euros e vale da mesma cantidade. Todos os premiados recibirán un diploma acreditativo e un lote de agasallos.
Para a entrega dos premios organizarase un acto público a celebrar no mes de febreiro no marco dos actos conmemorativos do nacemento de Rosalía de Castro.
Organiza Mesa das Verbas. Colabora Concello de Vilagarcía e Centro Comercial Arousa 

A Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa e co Centro Comercial Arousa de Vilagarcía convoca o I Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que se rexerá sobre as seguintes bases e indicando que o fallo do xurado será inapelable e será este o intérprete do contido e do espírito destas bases. A participación neste concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e aceptación sen
condicións das decisións soberanas do xurado. 
  • I. O concurso está dirixido á participación da mocidade que estea a cursar os estudos do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO); é dicir destinado a mozas e mozos entre 12 e 16 anos. A idade acreditarase presentando unha fotocopia do NIF ou co resgardo da matrícula na ESO no presente curso escolar 2021-2022.
  • II. Os premios en ningún caso poderán declarase desertos, agás no caso da non participación.
  • III. Participarase cun poema que non exceda dos 60 versos, extensión máxima sesenta versos. O poema ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado en ningún outro concurso.
  • IV. O poema ten que estar escrito necesariamente en idioma galego.
  • V. Presentarase baixo plica, do seguinte xeito: Nun sobre grande incluirase o poema, que non pode levar ningún signo de identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do NIF onde figura a data de nacemento ou unha copia do resgardo da matrícula na ESO correspondente ao curso escolar 2021-2022; c) Un enderezo de correo electrónico; d) Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor; f) O nome e identificación do centro de estudos, g) Un pequeno escrito de autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de participación no concurso, avalado pola nai/pai ou titor/a da persoa participante e co seu consentimento. O sobre pequeno levará eses datos no seu interior e estará pechado.
  • VI. O sobre co seu contido será depositado nunha furna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben pode enviarse por correo postal ao seguinte enderezo: I Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo” - Dirección Centro Comercial Arousa, Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
  • VII. O prazo de entrega será desde o 17 de novembro de 2021 ata o 10 de xaneiro de 2022.
  • VIII. O fallo darase a coñecer no mes de xaneiro de 2022. 
  • IX. A entrega de premios será no acto que celebre o Concello de Vilagarcía de Arousa co gallo do Día de Rosalía de 2022 e que oportunamente se anunciará.
  • X. Publicaranse os poemas premiados no blog: www.mesadasverbas.blogspot.com Tamén se publicarán nun número da nosa revista poética ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Para isto, os autores, por medio dos seus titores, cederán durante un ano os dereitos dos seus poemas para facilitar dita publicación.
  • XI. PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en 100 €, un vale de 100 € para gastar no Centro Comer7cial Arousa e xentileza do mesmo, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. b) 2º Premio que consistirá en 50 €, un vale de 50 € do Centro Comercial Arousa, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. c) 3º Premio que consistirá en 25 €, un vale de 25 € do Centro Comercial Arousa e un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa.
  • XII. O Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola Asociación Cultural Mesa das Verbas, A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa e polo Centro Comercial Arousa.
  • XIII. Reitérase que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta aceptación das mesmas.
  • XIV. O resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na web do Concello de Vilagarcía de Arousa e na web e Facebook do Centro Comercial Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa con toda a información pertinente sobre o concurso aos medios de comunicación social locais.
  • XV. O manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os concursantes premiados, por medio dos seus titores legais, cumplimentarán un documento para a autorización do manexo dos seus datos persoais cos fins exclusivos xa expresados deste concurso.
  • XVI. Os traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes, procederase a súa destrución e xa non poderán ser reclamados.

O fin deste concurso é promover a creatividade en lingua galega e fomentar a poesía en idioma galego entre a mocidade. 
Amosar de antemán a nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como ao bo fin deste concurso.
Pretendemos a súa continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.

A poetisa da Ría de Arousa

Con este certame, preténdese tamén dar a coñecer a figura e a obra de Xaquina Trillo (Vilagarcía de Arousa, 1016-2004), unha muller letrada e galeguista que conviviu e se doceiou cos intelectuais da época nuns tempos nos que o papel da muller non se deixaba visualizar. Esta situación pretende reverterse agora dedicándolle este premio e difundindo a súa vida e os seus poemas.

Do colexio León XIII a profesora e funcionaria de Xustiza

Xaquina formouse no lendario colexio León XII de Vilagarcía, onde recibiu clase de Aquilino Iglesia Alvariño. Sendo unha muller nova queda viúva con dúas fillas ao seu cargo e ten que sacar adiante a súa familia. Traballa como mestra substituta e percorre distintas vilas e aldeas de Galicia. Gana as oposicións a auxiliar de Xustiza e traballa na Audiencia Provincial da Coruña. Xubilaríase como funcionaria do Ministerio de Xustiza.

Entre as anécdotas da súa vida destacan que foi ela quen lle entregou un ramo de flores a Federico García Lorca cando este estivo en Vilagarcía coa compañía de teatro La Barraca en 1932, ou ter recibido as felicitacións do mesmo Castelao tras ter declamado un poema de Rosalía de Castro.

Unha muller con inquedanzas intelectuais, galeguista e á que caracterizada o seu bo humor, empezou a publicar a unha idade avanzada pechando unha bibliografía composta por seis poemarios:

Ceibos (1980).
Xanela aberta (1981).
Tempos idos (1983).
Védelos eí van (1985).
A rosa dos ventos (1989).
Compostela i as camelias (1992).

Cando faleceu estaba traballando nun poemario, aínda inédito, en homenaxe a grandes personalidades galegas.





  • SAB 20nov.2021 CXIV Mesa das Verbas 18:00 Seminario nº 1 do Auditorio
    Celebraremos a ledicia de que a nosa compañeira e amiga Andrea Fernández vén de gañar dous novos premios poéticos para engadir a súa ricaz experiencia e currículum poético. Parabéns para ela.
    Tamén homenaxearemos coa nosa sentida e agarimosa lembranza ao noso benquerido seguidor desde o primeiro momento, Luís Jamardo, recentemente falecido. 
  • SAB 16 oct.2021 CXIII Mesa das Verbas 18:00 Sala Conferencias Auditorio
    Recital poético mensual e VII Xornada Filgueira
  • SAB 25 sep.2021 CXII Mesa das Verbas 18:00 Sala Conferencias Auditorio
    Recital poético mensual, Coloquio sobre o pedagogo poeta Paulo Freire e Actuación do recitador Enrique Brumbéck.
  • VIE 06 ago.2021 CXI Mesa das Verbas O venres, 6 de agosto, ás 20:00 h. e na rúa García Caamaño, celebraremos unha nova edición da Mesa das Verbas, a cento once, quedades, pois convocados e convidados a participar. Nesta oportunidade, de poesía na rúa e no marco das actividades festivas do mes de agosto actuarán connosco Al Guanella coa súa cadeliña, a simpática Tana, e o popular grupo musical de acordeóns e corda Arosa Bay.Patrocinan este acto poético e musical o Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación Provincial de Pontevedra por medio do seu programa PONTEGAL.
  • SAB 29 may.2021 CX Mesa das Verbas
    18:00 na Sala de Conferencias, Auditorio Vilagarcía, con entrada libre, teremos a edición CX da Mesa das Verbas coa colaboración e patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación Provincial de Pontevedra. Homenaxearemos a poeta Xela Arias, a quen este ano estivo dedicado o Día das Letras Galegas. Tamén teremos unha lembranza para o poeta Lois Pereiro, co gallo do XXV Aniversario do seu pasamento. Teremos a actuación poética de Enrique Brumbéck e José Tizado, patrocinada polo programa PONTEGAL da Deputación Provincial.
  • SAB 27 feb.2021 CVII Mesa das Verbas e Asamblea Anual Ordinaria 
    18h Auditorio Vilagarcía. Asemblea Anual Ordinaria da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa. Seguiremos o protocolo COVID-19 para velar polla seguridade sanitaria. en Auditorio Vilagarcía. Contaremos coa actuación do humorista Al Guanella, financiada pola Deputación de Pontevedra por medio de PONTEGAL.
    A Mesa das Verbas cumpla unha década, unha efemérides que conmemorarase neste mes de xaneiro cun recital de poesía, de literatura e de leria..., como explica o seu presidente Xermán Torres, A vez convócase a asamblea xeral de socios, as 18 horas. Entrada libre 

Mesa das Verbas 2020 

  • SAB 01 ago.2020 CII Mesa das Verbas 20:00 Praza de Galicia
    CII Mesa das Verbas, poesía na rúa, dentro das actividades do Concello para o mes de agosto, prevendo tomar  as medidas oportunas para celebrar o acto coas garantías esixidas pola nova normalidade. Aínda que o acto comezará ás 20:00 h. recomendamos achegarnos ás sete e media da tarde.
    Adoptaranse as seguintes medidas de seguridade:
    - Aforo limitado entre 100 ou 120  persoas como máximo, sentadas na súa correspondente silla, con mascarillas postas e gardando as distancias de seguridade. Seguiremos as indicacións do Concello neste tema, como en todos os que afecten á seguridade.
    - O recinto estará perimetrado e vallado con vallas e cinta.
    - Haberá un único lugar para entrar. Na entrada dous voluntarios verquerán hidroxel nas máns dos asistentes. Despois de recibir o hidroxel, as persoas que o desexen poderán coller un exemplar de ANACO 3.
    - No micro cubrirase poñendo unha bolsa por cada participante no recital poético e verbal. 
    - Os músicos estarán no seu palco debidamente distanciados do público e das persoas que reciten, que o farán nunha pequena tarima debidamente separada e sinalada.
    O Concello como patrocinador e a Mesa das Verbas como organizador velarán polo cumprimento das normas de seguridade. Coa colaboración de todos, todo sairá ben.
    Gozaremos desta CII Mesa co seguinte programa:
    - Acollida, saúdos, avisos. E palabras por parte do representante municipal. (máximo 10')
    - Primeiro pase musical dos Terribles de Arousa
    - Recital poético e verbal
    - Segundo pase final dos Terribles de Arousa
    O acto conta co seguro do Concello por actividade do mes de agosto, e a Asociación Cultural Mesa das Verbas conta cunha póliza de seguro de responsabilidade civil.
    Na confección dos carteis por parte do Concello, a pesares de térselle indicado, dase por sentado que se cumprirán as normas de seguridade, que son de público coñecemento. Por megafonía insistirase no seu cumprimento.
    Agardando poder gozar do acto coa presenza de todos vós, recibide unha forte aperta virtual.
    Atte.- Germán Manuel Torres de Aboal - Presidente da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa


Constitución da Asociación Cultural 


  • SAB 22 feb.2020 CI Mesa das Verbas. Entrega premios concurso cartas de amor. Constitución da Asociación Cultural as 18:00 Centro Comercial Arousa. Entrada libre.
    Dentro da celebración da 101º Mesa das Verbas, na Sá de Xuntas do Centro Comercial Arousa, este  sábado 22, a partires das 18:00 h., procederase á constitución oficial da ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS, coa lectura e aprobación, se procede, da Acta Fundacional, dos Estatutos da Asociación e do nomeamento dunha Xunta Directiva, que presidirá o proceso de legalización como Asociación da Mesa das Verbas, comezando así, este colectivo, unha nova etapa na súa historia de máis de nove anos de existencia e de 101 Mesas consecutivas mes a mes.
    Agardamos poder seguir contando coa axuda inestimable de todos os medios de comunicación social locais. 
  • Hasta 14feb.2020 CONCURSO de cartas de amor en Centro Comercial Arousa
    Co motivo do famoso “Día dos Namorados”, e aproveitando que os nosos amigos da MESA DAS VERBAS , o próximo sábado 15, (como xa é tradición), farán a súa xuntanza de San Valentín, no Centro Comercial Arousa, convocámo-lo 3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR!!!!
    As cartas deben ser ORIXINAIS, en poesía ou en prosa, en galego ou castelán, non máis longas dun folio por unha soa cara, e ANÓNIMAS, (pero co número de teléfono no dorso).
            Deberán meterse na urna que xa temos posta nas escaleiras mecánicas centrais, na 1ª planta do Centro Comercial Arousa, dende mañán, ata o día 13 de febreiro as 24:00 horas.
            Un xurado da Mesa das Verbas, elexirá as tres mellores, e a os tres autores que gañen, se lles entregará o sábado 15, un cheque regalo de 50,00€ para a carta gañadora, de 30,00€ para a 2ª mellor carta, e de 20,00€ para a 3ª.
            Os cheques regalo serán para gastar en calquera establecemento do Centro Comercial Arousa.
            Eles “ceibarán os seus versos ó ceo” dende a Sá de Xuntanzas do 3º andar do Centro Comercial Arousa, o sábado 15 de febreiro, as 19:00 horas.
            Tamén faremos outro CONCURSO DE CARTAS DE AMOR EN FACEBOOK!!!
            Xa podes mandar a túa carta de amor nun comentario a esta noticia, e a carta que máis “me gusta” teña o día dos namorados, 14 de febreiro, as 24:00 horas, levará outro cheque regalo de 25,00€!!!
            Que as musas vos axuden!!!

SAB 18 ene.2020 
XCX Mesa das Verbas 
20:00 Salón García. Entrada libre 
Nova edición da Mesa das Verbas ás 18:00 h. no Salón García de Vilagarcía de Arousa. Vinde connosco ceibar verbas e versos ao ar de Arousa!!!



Mesa das Verbas 2019 


SAB 21 dic.2019 
XCIX Mesa das Verbas
18:00 Sala Conferencias Auditorio Vilagarcía. Entrada libre.
Este próximo sábado, 21 de decembro de 2019, ás 18:00 h. nova edición da Mesa das Verbas na sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Vinde ceibar verbas e versos ao ar de Arousa!!!
Saúde e poesía!!!

SAB 30 nov.2019 
XCVIII Mesa das Verbas
18:00 Seminario 1, Auditorio 
Este sábado 30 de novembro, ás 18:00 h. e no Seminario nº 1 do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, unha nova edición da Mesa das Verbas, e xa van unhas cuantas!
Anímense a ceibar verbas e versos ao ar de Arousa.

SAB 20 nov.2019 
POESÍA LIBRO Presentación da revista poética 'Anaco'. Actuación de Voces Amigas 
21:00 Auditorio 
Presentación oficial de la segunda revista poética del colectivo Mesa das Verbas.
Coa colaboración do Grupo Voces Amigas de Vilagarcía de Arousa
Entrada de balde ata completar aforo.
Poemas de 19 autores. Son: Roberto Abal, María del Carmen Abalo Noya, Tere Briones, Jean Carballo, Paula Cascallar Torre, Ángeles Conde, Carmen Darriba Amoedo, Andrea Fernández Maneiro, Luis González Bravo “Lois do Salnés”, Al Guanella, Augusto Guedes, Marisa Jamardo, Manuel Lage, Isaura Lago Álvarez, Luciano Martínez de las Heras, Antonio Pinedo, José Tizado, Ramón Torrado, Xermán Manuel Torres. 


SAB 19 oct.2019 
XCVII MESA DAS VERBAS 
18h sábado en Sala de Conferencias Auditorio Vilagarcía. Entrada libre. 
Nova edición da Mesa das Verbas este próximo sábado, 19 de outubro de 2019, ás 18:00 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.



SAB 06 ago.2019 
XCV Mesa das Verbas. Actuación de Arosa Bay 
20h sábado en Praza de Galica, Vilagarcía. Entrada libre
Convite para participar na XCV MESA DAS VERBAS - POESÍA NA RÚA:
Sábado, 3 de agosto de 2019, ás 20:00 h. na Pza. de Galicia de Vilagarcía de Arousa. Teremos a colaboración musical de AROSA BAY.
Organiza: Mesa das Verbas
Patrocina: Concello de Vilagarcía de Arousa
Colabora: Deputación Provincial de Pontevedra 


SAB 01 jun.2019 
XCIV Mesa das Verbas
18h sábado en en Sala Conferencias Auditorio, Vilagarcía. Entrada libre
Na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Vinde ceibar connosco verbas e versos ao ar de Arousa


VIE 17 may.2019 
XCIII Mesa das Verbas. Espacial Letras Galegas 
20h venres en Centro Comercial Arousa, 3º planta, Vilagarcía. Entrada libre
Entrega de premios do concurso das Letras Galegas.
Vinde ceibar os vosos versos e as vosas verbas ao ar de Arousa.
Os premiados son: 

 

SAB 06 abr.2019 
XLII  Mesa das Verbas 
18:00 no Seminario 1 do Auditorio de Vilagarcía 
Vinde ceibar os vosos versos e as vosas verbas ao ar de Arousa. 

ABRIL 2019 

CONCURSO Literario Letras Galegas

Ata o 25 abr en Centro Comercial Arousa
Convocada a 2º edición do CONCURSO LITERARIO LEYTRAS GALEGAS da Mesa das Verbas e o Centro Comercial Arousa
Un ano máis convocamos xunto cos nosos amigos da MESA DAS VERBAS, o 2º CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS!!!
Podes participar dende hoxe hasta o vindeiro 25 de abril, depositando o teu texto na furna que temos ubicada a tal efecto, nas escaleiras mecánicas centrais, no 1º anadar do Centro Comercial Arousa.
Podes velas bases neste post, na urna, ou nos carteis que haberá no centro comercial e por toda Vilagarcía...
Amósanos a túa creatividade, e poderás gañar un dos tres premios en metálico a entregar na Mesa das Verbas especial do Día das Letras Galegas, que vaise celebrar na Saa de Xuntanzas do 3º andar.
Se tés algún coñecido ó que pensas que lle pode interesar, non deixes de comentarllo, porque ti podes ser o noso embaixador, o “embaixador das letras galegas”!!!
Moitas grazas a tódolos que participéis, esperamos leer as vosas obras maestras orixinais moi cedo!!!
Mentres mandámosvos unha agarimosa e forte aperta!!!! 

  

SAB 30 mar.2019 
XLI  Mesa das Verbas 
18:00 na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía
Vinde ceibar os vosos versos e as vosas verbas ao ar de Arousa. 

SAB 16 feb.2019 
21:00 en 3ºp Centro Comercial Arousa, Vilagarcía. Entrada libre. 
Permítome lembrarvos que este próximo sábado, 16 de febreiro, a partires das 21:00 h. e na Sala de Xuntas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa, celebraremos a noventa edición da Mesa das Verbas, ademais do recital poético habitual procederemos a entrega de premios do Concurso de Cartas de Amor, que convocamos en colaboración co Centro Comercial Arousa, serán tres cartas as premiadas con cada seu vale de 50 € para compras no citado Centro Comercial.
Lembrade o proceso:
1.- Ata o 14 de febreiro (día de San Valentín) inclusive pódense presentar cartas ao concurso, depositándoas na urna que hai ao pé das esqueiras mecánicas do primeiro andar do CCA.
2.- O venres, 16 de febreiro, reúnese o xurado para deliberar e emitir o seu fallo.
3.- Na XL Mesa das Verbas: entrega de premios na Sala de Xuntas do CCA.
Moita sorte a todas e a todos os participantes.

FEBRERO 2019

CONCURSO Cartas de Amor

Ata o 14feb pódense presentar cartas ao concurso depositándoas na urna que hai ao pé das esqueiras mecánicas do primeiro andar do Centro Comercial Arousa, Vilagarcía
O venres, 16 de febreiro, reúnese o xurado para deliberar e emitir o seu fallo
As tres mellores cartas recibirán un cheque de 50€ para gastar en calquera establecemento do Centro Comercial Arousa.
Na XL Mesa das Verbas: entrega de premios na Sala de Xuntas do CCA.
Condicións xerais: 
Teñen que ser textos orixinais, en galego ou castelán, de un folio por unha cara como máximo. Non poñer nome do autor, so o teléfono.
Un xurado elisirá as cartas premiadas que se deberan introducir na furna que está colocada xunto ás escaleiras mecánicas do primeiro andar.
A entrega de premios será o sábado 16feb durante a celebración da Mesa das Verbas, na sala de xuntanzas do terceiro andar. 



VIE 25 ene.2019 
PRESENTACIÓN da revista poética y IIX aniversario da Mesa das Verbas 
21:00 en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre 
Presentación oficial de la primera revista poética del colectivo Mesa das Verbas, coincidiendo con el octavo aniversario de la fundación del colectivo, que comenzó su actividad mensual un 21 de enero de 2 011.
Contará con la participación de la Coral Cortegada, el ventrílocuo Al Guanella y las personas y autores que conforman A Mesa das Verbas.

Historia 
"Esta iniciativa poética foi concebida por María Palacios, Manolo Olveira (ambos os dous tristemente falecidos xa) e Andrea Fernández Maneiro e Xermán Manuel Torres nas tertulias que celebraban na cafetería do Liceo Casino de Vilagarcía, precisamente esta centenaria sociedade acollía a iniciativa no seu seo sendo Alfonso Saavedra Lourido o presidente e Xermán Manuel Torres, vicepresidente e delegado de Cultura. Posteriormente, co triste declive de dita querida sociedade vilagarciana, a Mesa das Verbas desvincúlase do Liceo Casino e toma un camiño autónomo fóra do acollimento liceísta, pasando a celebrarse os recitais mensuais na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, coa inestimable colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía e coas colaboracións puntuais da Deputación Provincial de Pontevedra. Seguindo con edicións especiais noutros lugares como o Centro Comercial Arousa e nas rúas de Vilagarcía cando se celebra a Poesía na rúa ou os recitais dos escolares de Vilagarcía co gallo do Día das Letras Galegas.

Pensamos que é moi importante o manter un acontecemento poético coma este mes a mes e durante tantos anos consecutivos." 


Mesa das Verbas 2018


SAB 15 dic.2018 
LXXXVIII Mesa das Verbas 
18:00 Sala de Conferencias do Auditorio
nova edición do noso encontro coas verbas e cos versos. Vinde ceibar sentimentos, emocións, ideas ao ár de Arousa.


SAB 01 dic.2018 
LXXXVIII Mesa das Verbas. San Ero  
12h sábado saida desde Porta da Luz Salgada, Vilagarcía. Celebración en Meis. 
O primeiro sábado do próximo decembro (01/12/2018), celebraremos unha edición especial da Mesa das Verbas, que denominamos SAN ERO, unha edición aberta, como sempre, a todas e a todos os que queiran participar. Este é o programa:
- 12:00 h. Concentrámonos no parking preto dos supermercados DIA e LIDL, na porta da Luz Salgada para marchar cara o mosteiro da Armenteira.
- 12:30 h. (Se o tempo o permite) Recital poético no Adro
- 13:30 h. Visita guiada por Augusto Guedes (historiador)
- 14:30 h. / 17:30 h. Xantar con brindes poéticos no bar A FONTE
- 18:00 h. - Recital Poético na Casa da Cultura da Armenteira
En dous arquivos van o cartel do Recital Poético e a carta do Bar A FONTE (Todas/os os participantes que desexen cocido teñen que manifestalo expresamente, o cocido vale 22 €)
Hai de prazo para inscribirse ata o 26/11/2018.


SAB 27 oct.2018 
LXXXVI Mesa das Verbas
17:30 Sala Conferencias Auditorio 
A LXXXVI Mesa das Verbas, será unha Mesa sonada!. Vaia Mesa de sorpresa!!!
Tana xa anda por aquí a ladrar, non deixa títere con cabeza
Al Guanella non sabe que facer,
esta cadeliña non deixa de parolar.
Se queredes saber que vai pasar
a esta Mesa non podedes faltar!!!
Vinde, pois, o sábado, 27 de outubro de 2018, ás 18:00 h. á Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía, correrán versos, ladridos e verbas. Mimadriña!!! O acontecemento do século en Vilagarcía, non volo podedes perder. Hai un sitio para cada un de vós, un lugar para a vosa voz.

SAB 22 sep.2018 
LXXXV Mesa das Verbas: Homenaxe a Tito Porto  
18:00 Sala Conferencias Auditorio 
Lembrarvos que este sábado, 22, ás 18:00 h. e na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía, temos un novo recital poético da Mesa das Verbas.
Será en lembranza e homenaxe do noso querido e inesquecible amigo Tito Porto, que xa voa libre, como os versos que ceibamos no ár de Arousa. 

SAB 04 ago.2018 
LXXXV LXXXIV Mesa das Verbas. Actuacións musicais  
18:00 Praza de Galicia 
Coa colaboración musical de: Xosé Duarte Rañó e Os Terribles de Arousa


SAB 26 may.2018 
LXXXII Mesa das Verbas 
18:00 Sala Conferencias Auditorio 

JUE 17 may.2018 
LXXXII Mesa das Verbas. Especial Día das Letras Galegas. Actuación musical de Xosé Duarte Rañó 
20:00 Centro Comercial Arousa, 3ª planta 
Celebraremos a Mesa das Verbas especial do Día das Letras Galegas, festexaremos a efeméride precisamente ese xoves, 17 de maio de 2018, ás 20:00 h. no 3º andar, na Sala de Xuntas dd Centro Comercial Arousa, onde teremos como sempre o recital poético da Mesa e a entrega de premios do noso I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS - 18, contaremos coa colaboración musical de Xosé Duarte Rañó.
Agardamos a vosa presencia no acto para ceibar versos e verbas ao ár de Arousa. Apertas agarimosas,
Xermán Manuel Torres, coordinador da Mesa das Verbas
E tamén lembrade que o 10 de maio ás 18:00 h. teremos un parladoiro de traballo no local cedido polo Centro Comercial Arousa. 
Patrocina Pontegal. Deputación Pontevedra 

SAB 28 abr.2018 
LXXXI Mesa das Verbas 
18:00 Sala Conferencias Auditorio 
O sábado, 28 de abril de 2018, ás 18:00 h. celebraremos na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía a edición LXXXI da Mesa das Verbas. Vinde connosco a compartir e ceibar os versos ao ar de Arousa.
E lembrade que o 17/04/2018 remata o prazo de entrega de traballos para o I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18. Participade creando e gozando literariamente. Creatividade ao poder!!! 

 I Concurso Literario Letras Galegas 


Convocado e organizado pola Mesa das Verbas e o Centro Comercial Arousa
  1. Convócase este I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18, idea e organización da Mesa das Verbas e do Centro Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación literaria en lingua galega.
  2. Poderá participar neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta todas as decisións do xurado (que será elixido e conformado no seu día e oportunamente) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables.
  3. Cada persoa poderá presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera outro certame.
  4. A extensión máxima de cada obra será dun folio por unha soa cara. No reverso do folio figurará un número de teléfono de contacto. O folio non poderá conter ningún sinal de identificación, tan só pola parte de atrás figurará o teléfono de contacto.
  5. O prazo de entrega será ata o 17/04/2018 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa.
  6. Os premios non poderán declararse desertos.
  7. A entrega de premios terá lugar o xoves, 17 de maio de 2018, Día das Letras Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 20:00 h. na sala de xuntanzas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de Arousa.
  8. Os premios serán os seguintes: 1º PREMIO: 90 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma. 2º PREMIO: 40 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 40 €, e diploma. 3º PREMIO: 30 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 20 €, e diploma.
  9. Os autores ceden todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían de novo nos seus autores.
  10. As obras non premiadas poderán retirarse ata o 17/06/2018, acreditando debidamente ser a autora ou autor, despois desa data serán destruídas.
  11. A participación neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.  

SAB 17 mar.2018 
LXXX Mesa das Verbas 
18:00 Sala Conferencias Auditorio 

SAB 17 feb.2018 
LXXIX Mesa das Verbas 
18:00 Centro Comercial Arousa, 3ªp 
O sábado 17 de febreiro, ás 20:00 h. teremos a LXXIX Mesa das Verbas, na sala de xuntanzas (3º andar) do Centro Comercial Arousa, para celebrar o San Valentín xuntos, ceibando ao ar os versos que queiramos, tamén de amor e desamor...
Este ano temos unha novidade, en colaboración co Centro Comercial Arousa, temos convocado un concurso de cartas de amor en verso ou prosa, poderán depositarse na furna que hai xunto as escaleiras mecánicas do Centro Comercial. Pódense depositar as cartas ata o 14 de febreiro (inclusive). A entrega de premios será o día 17 na Mesa das Verbas. Información nos carteis no Centro e no facebook do Centro Comercial Arousa. Anímadevos a participar e sorte. O Xurado estará composto por membros da Mesa das Verbas e persoal do Centro Comercial, as súas decisións será inapelables e o xurado terá a última decisión sobre as cuestións derivadas e relacionadas con este concurso. Todos os concursantes aceptan as bases e as decisións e disposicións do xurado.
Non vos esquecer temos Verbas o 17! 

Mesa das Verbas 2017


SAB 09 dic.2017 
LXXVII Mesa das Verbas 
18:00 Sala Conferencias Auditorio 
Teremos nova convocatoria da Mesa das Verbas o vindeiro sábado, 9 de decembro, ás 18:00 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal. Vinde ceibar versos ao ar de Arousa!!! 

𝟹

SAB 18 nov.2017 
LXXVI Mesa das Verbas. Presentación do poemario 'Sobrepoesia'. Actuación musical de Xosé Maneiro (frauta), Manuel Lage (voz), Roberto Abal (Guitarra)  
18:00 Sala Conferencias Auditorio 
Compráceme comunicarvos que o vindeiro sábado, 18 de novembro, ás 18:00 h., na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa, celebraremos unha nova edición da nosa Mesa das Verbas. Vai ser unha Mesa especial, xa que ao final dela, o noso amigo e compañeiro, Manuel Lage vai presentar o seu poemario SOBREPOESÍA e tamén xunto a uns seus amigos vannos ofrecer algúns momentos musicais.
Presentación do Libro Poemario "Sobrepoesia" (Manuel Lage Touriño), e do
Grupo de Bossa Nova/Jazz, na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Vinde gozar dos versos e da música que imos ceibar no ar de Arousa, o 18 ás 18 quedamos citados.




JUE 25 may.2017 
Parladoiro (Mesa Das Verbas) 
18:00 Bar a Marina, Av Mariña 50 
Xa sabedes que todos os xoves, a partires das 18:00 h. temos parladoiro da Mesa das Verbas no bar A MARINA de Vilagarcía. Un parladoiro aberto, cada un chega cando pode e marcha cando quere. Parolamos, fundamentalmente, de poesía; pero, tamén de todo o divino e o humano, ao gusto de cada quen.
Apertas agarimosas,
Xermán Manuel Torres 



SAB 18 feb.2017
LXIX Mesa Das Verbas 
18:30 Sala de Conferencias do Auditorio 
É para min un pracer poético anunciarvos a convocatoria dunha nova edición da Mesa das Verbas, que nesta ocasión terá lugar o sábado 18 de febreiro de 2017, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Vinde ceibar canda nós os vosos versos ao ar.
Xa sabedes que todos os xoves, a partires das 18:00 h. temos parladoiro da Mesa das Verbas no bar A MARINA de Vilagarcía. Un parladoiro aberto, cada un chega cando pode e marcha cando quere. Parolamos, fundamentalmente, de poesía; pero, tamén de todo o divino e o humano, ao gusto de cada quen.
Apertas agarimosas,
Xermán Manuel Torres 

SAB 21 ene.2017 
LXVIII MESA DAS VERBAS: VI ANIVERSARIO 
18:30 Centro Comercial Arousa, 3ªp
Meus benqueridos amigos e amigas:
Teño o pracer de informarvos e de invitarvos á LXVIII Mesa das Verbas, que como podedes observar pola diapositiva adxunta, terá lugar o vindeiro sábado 21 de xaneiro de 2017, ás 18:30 h. na Sala de Xuntanzas (3º andar) do Centro Comercial Arousa. Ese día cúmprense exactamente 6 anos da posta en marcha destes recitais poéticos que denominamos Mesa das Verbas.
Estamos de VI Aniversario, vinde ceibar os versos ao ar na compañía de todos os amantes da poesía, que mes a mes nos xuntamos para compartir verbas a xeito de poemas e ademais nun ambiente de amizade e de goce estético. Vémonos, pois, ese día no Centro Comercial Arousa.
Todos aqueles, que queiran que se inclúan dous dos seus poemas na Revista Poética da Mesa das Verbas - Anaco núm. 1, da que estamos a xestionar a súa publicación, non deixedes de enviar os vosos poemas por este medio. 

Sexto Aniversario 


A MESA DAS VERBAS, 6 ANOS CEIBANDO OS VERSOS AO AR 
O 21 de xaneiro de 2011, primeira edición da Mesa das Verbas
Esta iniciativa poética foi concebida por María Palacios, Manolo Olveira (ambos os dous tristemente falecidos xa) e Andrea Fernández Maneiro e Xermán Manuel Torres nas tertulias que celebraban na cafetería do Liceo Casino de Vilagarcía, precisamente esta centenaria sociedade acollía a iniciativa no seu seo sendo Alfonso Saavedra Lourido o presidente e Xermán Manuel Torres, vicepresidente e delegado de Cultura. Posteriormente, co triste declive de dita querida sociedade vilagarciana, a Mesa das Verbas desvincúlase do Liceo Casino e toma un camiño autónomo fóra do acollimento liceísta, pasando a celebrarse os recitais mensuais na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, coa inestimable colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía e coas colaboracións puntuais da Deputación Provincial de Pontevedra. Seguindo con edicións especiais noutros lugares como o Centro Comercial Arousa e nas rúas de Vilagarcía cando se celebra a Poesía na rúa ou os recitais dos escolares de Vilagarcía co gallo do Día das Letras Galegas.
Pensamos que é moi importante o manter un acontecemento poético coma este mes a mes e durante xa séis anos consecutivos.
Celebraremos este VI Aniversario coa edición da LXVIII Mesa das Verbas, que será na Sala de Xuntanzas, no terceiro andar do Centro Comercial Arousa, este vindeiro sábado 21, a partires das 18:30 h. Compartide con nós esta efeméride poética e vinde ceibar de novo os versos ao ar de Arousa. 


Mesa das Verbas 2016 


SAB 17 dic.2016 
LXVII MESA DAS VERBAS: LEMBRANZA DAS IRMANDADES DA FALA (1916)  
18:30 Sala de Conferencias do Auditorio Municipal 
Temos unha nova cita para ceibar os versos ao ar. Telo en conta nas vosas axendas e correde a voz. Unha aperta agarimosa, 

SAB 26 nov.2016 
LXVI MESA DAS VERBAS: LEMBRANZA DAS IRMANDADES DA FALA (1916)  
18:30 Sala de Conferencias do Auditorio Municipal 
É para min unha honra convidarvos á LXVI Mesa das Verbas, que terá lugar o sábado 26, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal. Espero vervos a todos para ceibar os versos ao ar en amor en compañía. 

SAB 22 oct.2016 
LXV MESA DAS VERBAS: LEMBRANZA DAS IRMANDADES DA FALA (1916) 
18:30 Poesía en Auditorio 
Miñas queridas amigas e queridos amigos:
Teremos nova edición da Mesa das Verbas este próximo sábado, día 22, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal. Desexaría vervos a todos para que compartamos versos ao ar. Tamén leremos e declamaremos poemas de Ramón Cabanillas, o poeta por excelencia das Irmandades da Fala. Unha aperta agarimosa,

SAB 17 sep.2016 
LXIV MESA DAS VERBAS: ESPECIAL IRMANDADES DA FALA 
18:30 Poesía en Auditorio 
Teño a ben convocarvos á LXIV MESA DAS VERBAS, onde faremos o de sempre, ceibar os versos ao ar. Teremos unha especial lembranza para as Irmandades da Fala (1916) e algún dos seus poetas, entre eles, o gran cambadés, Ramón Cabanillas. Vinde compartir os vosos poemas e tentar facer amigos, nun ambiente de liberdade e repecto. Información complementaria na diapositiva adxunta.


MIE 10 ago.2016 
LXIII MESA DAS VERBAS. POESÍA NA RÚA. ACTUACIÓN OS TERRIBLES DE AROUSA 
O día 10 de agosto de 2016, ás 20:30 h. na confluencia das rúas Castelao e Xeneral Pardiñas celebraremos unha edición especial da Mesa das Verbas, a LXIII edición, que denominamos POESÍA NA RÚA. Por tal motivo, temos o pracer de invitarvos a soltar os versos ao ar. Animádevos e compartir poemas e vivencias connosco. Quedamos na rúa, na tardiña de agosto, no xenuíno recital poético da Mesa das Verbas, non faltedes.
De recordatorio, o fermoso cartel composto por Andrea Fernández, co logo deseñado por Tito Porto, que incluímos como doc. adxunto. 
Unha agarimosa e poética aperta, Xermán Manuel Torres



SAB 30 jul.2016 
LXII MESA DAS VERBAS 
19:30 Poesía en sala conferencias Auditorio. Entrada libre. Sábado 30 julio 2016 
Benqueridas amigas e amigos:
É para min un pracer convocarvos a unha nova edición da Mesa das Verbas, que terá lugar o sábado, 30 de xullo de 2016, ás 19:30 h. na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Será como sempre un punto de encontro para compartir versos e amizade. Diexade anotada a data nas vosas axendas e se podedes non faltedes.
Saúdos moi cordiais de versos como soles e estrelas de xullo, neste caloroso verán de Arousa.
Xermán Manuel Torres
SAÚDE E POESÍA!!! 



SAB 25 jun.2016 
LXI MESA DAS VERBAS. Edición Especial Homenaxe a Tito Porto  
21:10 Salón García
Coa actuación da Coral Polifónica de San Esteban de Redondela e do cantante vilagarcián, José Luis Barreiro.
Meus prezados amigos e amigas:
E para min unha satisfacción comunicarvos que o xoves, 7 de xullo de 2016, ás 21:10 h. e no Salón García, na rúa Rey Daviña, 14, realizaremos unha merecida homenaxe ao artista e poeta vilagarcián, Tito Porto, co motivo de que ese día cumpre 95 anos, cheos de vitalidade e plenitude artística. Parabéns a Tito, por todo, por ser como é, un modelo para todos nós.
A entrada e libre e de balde ata completar aforo.
Terá o formato dunha edición especial da Mesa das Verbas, neste caso a edición núm. LXI. Combinaremos poesía con música, unha boa mixtura e haberá algunha sorpresa.
A colaboración musical da Coral Polifónica de San Esteban de Redondela e do cantante vilagarcián, José Luis Barreiro.
Agardamos que sexan uns intres inesquecibles e moi agradables.
Saúdos agarimosos,
Xermán Manuel Torres 




SAB 25 jun.2016 
LX MESA DAS VERBAS 
19:30 Poesía en sala conferencias Auditorio. Entrada libre 
Benqueridas amigas e amigos:
Como sempre é para min un pracer anunciarvos, que o sábado 25 de xuño, ás 19:30 h. e na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía, teremos outra oportunidade de ceibar os nosos versos ao ar. Con eles os nosos sentimentos, emocións, ledicia, dor, a nosa xenreira, a náusea vital; todo, e como medio comunicador, as verbas; quédanos a palabra e nuns intres de amizade e de amor e gozo pola poesía. Non faltedes á cita. Todos sodes importantes e tendes algo que dicir, que comunicar.
No fermoso cartel adxunto de Andrea, tendes o recordatorio da cita poética. 





DOM 22 may.2016 
LIX Mesa das Verbas en Homenaxe de Manuel María 
18:30 Praza Peixería 



SAB 23 abr.2016 
LVIII Mesa das Verbas 
18:30 Sala conferencias Auditorio
Temos xuntanza poética o Día do Libro (o Día de Cervantes, neste IV Centenario do seu pasamento, 1616-2016). Ceibaremos os versos ao ar e lembraremos ao pai de D. Quixote, que tamén e do noso clube, representando aos poetas mortos (os nosos María Palacios, Manuel Olveira, Gonzalo Bouza-Brey, xa están xogando á brisca e ceibando versos con D. Miguel). Non vos esquecer da data, 23/04/2016, ás 18:30 h. na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía.
Podedes lembrar a data co fermoso cartel adxunto, da autoría da nosa amiga e compañeira Andrea Fernández, "Nei". 



SAB 12 mar.2016 
LVII Mesa das Verbas 
18:30 Sala Conferencias Auditorio 
Fágovos partícipes de que o vindeiro sábado, 12 de marzo de 2016, ás 18:30 h. e na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía teremos unha nova oportunidade para ceibar os versos ao ar. Teremos unha especial atención cara a Rosalía de Castro e a súa obra, como tamén especialmente este ano teremos moi presente a Manuel María. Se podedes e queredes reservade nas vosas axendas esta data para compartir amizade e poesía.



SAB 13 feb.2016 
LVI Mesa das Verbas. San Valentín. Actuación musical José Luís Barreiro 
19:30 CC Arousa, Parque A Xunqueira 
É para min un pracer comunicarvos que temos unha edición especial da Mesa das Verbas, a LVI, que se celebrará a véspera de San Valentín, sábado 13 de febreiro de 2016, ás 19:30 h. no Centro Comercial Arousa, na planta onde estaba antes Os Telares (1ª planta). Trataremos de poesía amorosa e teremos colaboracións musicais como a do cantante vilagarcián, José Luis Barreiro, quen nos ofrecerá tres cancións do seu repertorio. Non esquecer esta cita para ceibar os versos amorosos ao ar.



SAB 30 ene.2016 
LV Mesa das Verbas 
18:30 Sala Conferencias Auditorio 
Todos os amantes da poesía que o desexen poden ceibar os seus versos ao ar na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Será unha nova edición deste recital poético que celebramos todos os meses na Perla de Arousa. Non esquecer día: sábado 30 de xaneiro de 2016 e hora: 18:30 h. Que facedes que non reservades xa dita data nas vosas axendas? Queremos vervos a todos, xa o sabedes, non faltedes!
La poesía no quiere adeptos, quiere amantes.
(Federico García Lorca)
Colabora a Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa 

Mesa das Verbas 2015 

MAR 01 dic.2015 
LIV MESA DAS VERBAS. HOMENAXE A MANUEL BLANCO MARIÑO 
21:00 Salón García
Con la actuación de Coro Voces Amigas de Vilagarcía.
Homenaxe a Manuel Blanco Mariño organizada a través da Mesa das Verbas en colaboración co Club de Lectura Marcapasos e a Concellería de Cultura. 


SAB 28 nov.2015 
LIII Mesa das Verbas 
19:30 Centro Comercial Arousa 
Estades convidadas a participar na LIII MESA DAS VERBAS, será no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía o sábado 28 de novembro, ás 19:30 h. Contaremos coa colaboración musical do Coro Voces Amigas de Vilagarcía.




SAB 24 oct.2015 
LII Mesa das Verbas 
18:30 Sala Conferencias Auditorio 




VIE 25 sep.2015 
LI Mesa das Verbas 
21:00 Liceo Casino, Castelao 5
Unha nova convocatoria da Mesa das Verbas, vémonos para deixar cair os versos como as follas do outono para formar un humus que nos prenete a todos para dar vida e para ser solidarios. Versos pola xusticia, versos para os que obrigatoriamente teñen que deixar casa e terra polo terror das guerras. Versos ao ar cheos de solidariedade e bos sentimentos. Vinde connosco, a poesía faranos máis libres e solidarios; a nosa cita:
LICEO CASINO DE VILAGARCÍA, venres 25; 21:00 h.
Saúdos agarimosos,
Xermán Manoel Torres




VIE 31 jul.2015 
XLIX Mesa das Verbas 
21:00 Salón de actos do Liceo Casino 
Teremos a oportunidade de ceibar os versos ao ar en pleno verán, como as raioliñas do sol que acarician agarimosamente a todos os seres vivintes, que os versos agarimen ás vosas persoas para darlle oportunidade á palabra, á liberdade, á amizade. Esa oportunidade será na xuntanza poética da XLIX Mesa das Verbas, quérovos atopar a todos aí, non faltedes.
Saúdos cordiais do voso amigo nos versos,
Xermán Manoel Torres.
SAÚDE E POESÍA



pp 


SAB 20 jun.2015 
XLVIII Edición do recital poético Mesa das Verbas 
21:00 no Salón de Actos do Liceo Casino. Castelao 5. Entrada libre.
Ceibaremos versos como pétalos de cores ao ar nesta perla de Arousa, verbas como ondas surcarán o poético mar dos nosos soños, das nosas inquedanzas, dos nosos desexos... 
Non podedes faltar, as Musas e os trasgos das letras estánvos a esperar, xa sabedes onde atopalos, vinde!
SAÚDE E POESÍA
Xermán Manoel Torres 



SAB 29 may.2015 
XLVII Mesa das Verbas 
21:15 Salón García (Casa da Cultura da rúa Rey Daviña de Vilagarcía) 
Especial Mesa das Verbas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas - Ano Filgueira Valverde. Ceibaremos ao ar exclusivamente versos en lingua galega, teremos especialmente en conta a poesía neotrobadoresca, coa declamación coral das 6 cancións de mar in modo antico de Filgueira. Contaremos coa colaboración musical do Coro Voces Amigas de Vilagarcía e de Xosé Luis do Río, voz e guitarra. Teremos unha edición, que esperamos do agrado de todos, no marco incomparable do Salón García. Non esquezamos a data:
programa:
1.- Actuación Musical: Coro Voces Amigas de Vilagarcía (2 / 3 cantigas) - Xosé Luis do Río (2 cantigas).
2.- Breve charla sobre D. Xosé, centrada na música e na poesía, por Xermán Manoel Torres.
3.- Recital poético: XLVII MESA DAS VERBAS.
4.- Actuación Musical: Coro Voces Amigas (2 / 3 cantigas).
5.- Verbas finais (algún representante da familia Filgueira que poida estar presente).
6.- Interpretación do Himno Galego. 


SAB 25 abr.2015 
XLVI Mesa das Verbas 
19:30 Liceo Casino, Castelao 5
Convocatoria da Mesa das Verbas - Abril/2015. Acudide a ceibar versos ao ar nun marco de liberdade e amizade. Anunciaremos novidades, dedicaremos un tempo a poemas de tipo satírico e haberá unha sorpresa do noso compañeiro Tito Porto para todos os que compartan os seus versos. Correde a voz, todos temos un sitio na nosa mesa poética.
Nun arquivo adxunto vai a diapositiva anunciadora.
Saúde e poesía,
Xermán Manoel Torres 


SAB 20 mar.2015 
XLVI Mesa das Verbas 
19:30 Liceo Casino, Castelao 5
No Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía, na rúa Castelao, 5, este próximo venres, 20 de marzo e ás 19:30 h., un grupo de amantes da poesía ceibaremos os nosos versos ao ar. Todas as persoas que o desexen teñen as portas abertas do Liceo Casino para gozar da inspiración das Musas. Dedicaremos uns intres para admirar, lendo, declamando, escoitando uns fermosos sonetos escollidos. Aprenderemos da técnica e da estética do soneto. Estades todos invitados, vinde!
Lembrade tamén que o día 21 comeza a primavera neste hemisferio e no outro comeza o outono; coincidindo con estes fenómenos naturais celebramos o Día Internacional de Poesía.
Atoparémonos para ceibar os versos libremente ao ar, non faltedes!
Teremos, ese día, uns intres dedicados ao soneto.
Saúde e poesía,
Tlfno.: 986 50 19 19




SAB 28 feb.2015 
XLIV Mesa das Verbas 
19:00 Liceo Casino, Castelao 5
Moi prezados amigos e amigas:
O sábado 28, ás 19:00 h. temos unha cita coa poesía, para que todos os que o desexen acudan ese día ao Salón de Actos do Liceo Casino e poidan ceibar os seus versos ao ar, ou recollelos e gozar coa popular arte da lírica, aínda que os tempos... Pero a mal tempo boa cara. 
Animémonos todos e loitemos cos versos contra das inxustizas, contra do egoísmo, todos a compartir versos! No Liceo Casino, rúa Castelao, 5 de Vilagarcía de Arousa, agardamos por todos vós. Ata pronto.
Xermán Manoel Torres - En representación da Mesa das Verbas.
Nota.- Leremos algúns poemas do grande vate da Terra Chá, Manuel María. 




SAB 10 ene.2015 
XLIV Mesa das Verbas 
19:30 Liceo Casino, Castelao 5
Boa entrada no 2015, a vida segue e na Mesa das Verbas volvemos a ceibar os versos ao ar e a acercar a poesía a todos, que non é cousa duns poucos, duns escollidos; a poesía é para todos, levamos dentro un poeta para cantarlle á vida, para cabrearnos con ela, para ser críticos, para clamar pola xustiza, en fin, para todo o que libremente un queira. Desde as Mesas queremos devolverlle a poesía á xente, a poesía xurde do pobo, en nós está a poesía. Vinde a compartila ao Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, rúa Castelao, 5, o próximo sábado día 10 de xaneiro de 2015, ás 19:30 h. Non nos faltedes, agardamos por todos vós.



Mesa das Verbas 2014 


SAB 13 dic.2014 
XLI Mesa das Verbas. ACTUACIÓN DA CORAL SAN ESTEBAN DE REDONDELA
19:30 Liceo Casino, Castelao 5
Moi prezados amigos unha nova edición especial da Mesa das Verbas, onde renderemos unha homenaxe de gratitude a José Luís Villanueva, presidente da Asociación de Parquistas de Carril e Patrón Maior da Confraría Santiago Apóstol de Carril.
Contaremos coa colaboración musical da Coral San Esteban de Redondela. E como sempre soltaremos versos o ar en ambiente de convivencia e de camaradería.
Non nos faltedes o diá 13 de decembro, ás 19:30 h. no Salón de Actos do Liceo Casino na rúa Castelao, 5 de Vilagarcía de Arousa, despediremos o 2014 con ledicia, agardando un novo ano moito mellor para todos, cargado de versos e amizade, a saúde e os cartos que non nos falten, crise adeus, meigas fóra! 

Dentro del evento "A Mesa Das Verbas"
- Sábado 13; 19:30 h. (día de Santa Lucía e dentro da Mesa das Verbas): actuación da Coral San Esteban de Redondela.
Queriamos vos participar que o Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa vai ofrecer uns concertos de Nadal nuns actos de portas abertas, ata completar aforo, para que toda a sociedade vilagarciá e todos os interesados poidan participar e gozar da música, para olvidar penas, e compartir uns intres de ledicia e de convivencia; somos quén de botar esta crise fóra, xuntos conseguiremos despedir este ano nefasto polo paro, polo mal que o están a pasar algúns, moitos dos nosos conveciños.
O Liceo Casino quere invitarnos a alegría e que as penas compartidas son menos penas e a ter a esperanza de que o vindeiro ano sexa moito mellor para todos



 
SAB 22 nov.2014 
XLI Mesa das Verbas 
19:30 Liceo Casino, Castelao 5
Edición da Mesa das Verbas, non perdades a oportunidade da expresión poética libre e aberta a todos.
O Salón de Actos do Liceo Casino acollerá a todos os interesados na poesía e na amizade o vindeiro sábado 22 de novembro, ás 19:30 h.
 Xa o sabedes, non faltedes a este encontro coas Musas e con Baco, pasaremos uns intres poéticos que queremos agradables e amigables. 


SAB 13 sep.2014
XL Mesa das Verbas. Homenaxe a Manoel Xosé de Oliveira 
18h Sala Conferencias Auditorio 
O sábado 13 de setembro, ás 18:00h, temos un novo encontro mensual coa poesía e xa van corenta e xa pasaron moitas cousas, e nos seguimos nestas citas coas Musas. Acudide todos, aproveitaremos para lembrar e homenaxear a noso amigo, Manoel Xosé de Oliveira, que xa emprendeu esa longa viaxe na nave que nunca ha retornar, pero escoitaremos os seus versos, e os versos de todos os que os queiran ceibar ao ar, para que permanezan eternamente no éter. Poñerán a música, Música e Poesía, as nosas amigas e amigos do Coro Voces Amigas de Vilagarcía. Vémonos o 13, correde a voz. 


SAB 09 ago.2014
XXXIX Mesa das Verbas Edición Especial 
21h Castelao. Entrada libre.
Edición especial de Mesa Das Verbas en su 39 edición, con la presencia del presidente de la Real Academia Galega, D. Xesús Alonso Montero. A las 21h en la rúa Castelao recital poético con la colaboración del grupo de gaitas OS TERRIBLES DE AROUSA y la participación del poeta Antón Blanco Casás, premio Minerva 2014 de poesía.


VIE 18 jul.2014
XXXVIII Mesa das Verbas. Homenaxe a Manoel Xosé 
21h Liceo Casino Participación libre
Non vos esquecer este venres, ás 21:00 h. no Liceo Casino: , lembraremos ao inesquecible, Manoel Xosé de Oliveira.
38 edición de Mesa Das Verbas, en homenaje al recientemente fallecido poeta Manoel Xosé de Oliveira, habitual de este evento que se celebra cada mes.





SAB 28 jun.2014
XXXVII Mesa das Verbas
21h Liceo Casino
Un novo encontro mensual coa poesía como protagonista, temos unha cita na XXXVII MESA DAS VERBAS:
- Salón de Actos do Liceo Casino, R/ Castelao, 5 - 36600 Vilagarcía de Arousa.
- DATA: Sábado 28 de xuño de 2014.
- HORARIO DE VERÁN: 21:00 H.
A poesía é á prosa como o baile é ao camiñar. (JOHN BARRINGTON WAIN).
SAÚDE E POESÍA 



SAB 31 may.2014
XXXVI Mesa das Verbas
19h30 Liceo Casino
Celebraremos a XXXVI MESA DAS VERBAS, recital poético mensual, aberto a todos os interesados na poesía. 
Mesa Das Verbas es un recital poético mensual, abierto a todos los interesados en la poesía. En esta oportunidad, contaran con el acompañamiento musical del Coro Voces Amigas de Vilagarcía, dirigido por Chiruca Rivera, que deleitará con las hermosas canciones de su repertorio. El poeta Gonzalo Suárez presentará su libro titulado: POESÍA DE LO AJENO. Todos los que deseen gozar de la poesía y de la música están convocados
Nesta oportunidade, contaremos co acompañamento musical do Coro Voces Amigas de Vilagarcía, dirixido por Chiruca Rivera, que nos deleitarán coas fermosas cancións do seu repertorio. 
E na primeira parte da Mesa o poeta Gonzalo Suárez presentará o seu libro titulado: POESÍA DE LO AJENO. Todos os que desexen gozar da poesía e da música están convocados a esta XXXVI MESA DAS VERBAS.
Como sempre o cartel anunciador deseñado por Andrea Fernández, "Nei". 



SAB 29 mar.2014
XXXV Mesa Das Verbas. Homenaxe a María Palacios 
19:30 Liceo Casino
Este vindeiro sábado 29, ás 19:30 h. e no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (rúa Castelao, 5), celebraremos a XXXV MESA DAS VERBAS, á que están convidados todos os afeccionados á poesía nun marco de liberdade e camaradería, cada quen pode recitar un poema curto da súa autoría ou de calquera outro autor. Trátase de gozar coa maxia e o poder dos versos, da palabra; quedamos emprazados, pois, para este próximo sábado, non faltedes. Ao final, comporemos entre todos un poema colectivo.
Gracias a todos os que colaborades na difusión deste acto.
Nun arquivo adxunto, vai o xa típico cartel anunciador.
SAÚDE E POESÍA.
Xermán Manoel Torres 




SAB 22 feb.2014
XXXIV Mesa Das Verbas. Homenaxe a María Palacios. Actuación do violinista Alfonso Merino
19:30 Liceo Casino
A 34º Mesa Das Verbas en homenaxe a maría palacios será este vindeiro sábado 22, ás 19:30h. No liceo casino de vilagarcía de arousa (r/ castelao, 5). Coa colaboración musical do afamado violinista, Alfonso Merino, neto da homenaxeada. 
www.filgueiravalverde.blogspot.com.es 



SAB 15 ene.2014 
XXXIII Mesa das Verbas
Moi estimados amigos e amigas:

Teño o pracer de comunicarvos que o próximo sábado 18, as 19:30 h. terá lugar no Salón de Actos do Liceo Casino, rúa Castelao, 5 de Vilagarcía de Arousa a XXXIII Mesa das Verbas, un encontro poético aberto a cantas persoas desexen gozar compartindo versos e amizade.

Prestade atención, porque nesta ocasión a invitación e para o vindeiro sábado a partires das 19:30 h., no lugar de costume. Non olvidedes esta cita coa poesía. Moitas grazas.

SAÚDE E POESÍA,
Xermán Manoel Torres



ppp
Nombre

_actividad,10,_anuncio,145,_aviso,14,_fiesta,273,.ACTIVIDADES,1,.ACTIVIDADESVGA,1,.AVISOS,9,.AVISOSVGA,9,.EVENTOSVGA,95,.GUIA,7,.GUIA-EVENTOS-PASADOS,977,.INFORMACION-pasado,1,.NOTICIAS,28,.NOTICIAS-VALGA,3,.NOTICIASBARBANZA,1,.NOTICIASVGA,1,.PROXIMO,1,.social-web,1,.TURISMO,7,.TURISMOVGA,3,@dornaFG,1,@Dr_PedroLago,1,@En_Marea,2,@erguergaliza,2,@Escena_Galega,1,@FECA,1,@ficcionProduc,5,@FrancisWhiter,1,@gadis,1,@GatoNegro,2,@HotelCarril,1,@InfoSalnes,1,@ivanferreiro,1,@JakeShaneMusic,1,@LaBolsa,2,@laduendeneta,1,@launionoficial,1,@Liceo_BBC,19,@LitaCabellut,1,@Lua_tkd,1,@ManuelGuinarte,1,@mpereiros,2,@novcarminha,1,@obloque,1,@OsMecos,1,@pcvilagarcia,1,@PlatEstEscuelaP,1,@portAmerica,1,@Puerto_Flamenco,1,@radioarosaSER,2,@sogaps_oficial,1,@soutoncas,1,@TDAHSalnes,1,@Tricicle,1,@trivilagarcia,1,@UllaUmia,1,@xatouri,1,#comercio,1,>OGrove>Noticias,1,>Pontevedra>noticias,2,2014,1,2018,1,20dic,1,actividad,5,actividad_,1,actividadpasada,65,acto,385,acto_,231,agenda,2,agenda pasada,46,agenda_,1,agendapasada,3,agendaresumen,1,agua,1,AIlla,10,albariño,2,anuncio,214,Arousa,12,arte,21,asoc,1,asoc folclórica,32,asoc montes,1,asoc protectora,8,asoc religiosa,6,asoc turística,4,asoc.empresarial,3,asociación,23,asociación cultural,152,asociación deportiva,63,asociación ecologista,16,asociación educativa,47,asociación empresarial,42,asociación juvenil,25,asociación lúdica,65,asociación mujer,32,asociación musical,57,asociación solidaria,47,asociación vecinal,54,audio,4,autobus,21,aviso,7,aviso_,16,avisopasado,39,barbanza,1,Benjamín Rey,7,biblioteca,4,bicicleta,1,biosaludable,1,Boiro,1,Caldas,5,Cambados,22,camelia,1,Catoira,9,celebracion,150,celebración,2,celebracion_,3,centro deportivo,6,centro empresarial,1,ciclismo,4,cine,272,Cine Clube Ádega,1,cine_,74,coches,1,comercio,17,comic,1,concurso,2,coro,13,Cortegada,3,covid-19,20,crónica,1,cuarentena,21,cultura,34,curso,165,curso_,4,Curtas,52,curtas2020,1,danza,1,deporte,845,deporte_,12,destacado,6,destacado_,56,DisfrutarVGA,1,ecologia,9,ecología,3,economia,29,economía,1,educacion,14,educación,2,empleo,3,empleo pasado,5,empleopasado,2,encuesta,1,EnPositivo,7,entrevista,2,entroido,3,equipo deportivo,1,escena,274,escena pasado,1,escena_,129,escultura,15,espacio,1,España,7,evento,9,evento pasado,82,evento_,120,eventoILLA,1,eventopasado,981,eventopasado2,2846,EVENTOSOSALNES,1,EVENTOSVGA,3,eventoVGA-expo,3,expo,2,expo_,213,exposicion,77,exposición,6,exposicion_,12,farmacia,8,feria,1,FestaDaAuga,7,fiesta,150,folclore,1,formación,3,formación pasada,414,fotografía,13,fútbol,2,Galicia,15,gastro,139,gastronomía,38,grove,1,Guia,7,Guía,25,Guía Turismo Vilagarcía,1,Guía Vilagarcía,38,Guía Vilagarcía Información,35,Guía Vilagarcía Social,514,Guía Vilagarcía Turismo,18,Guía Vilagarcía_,1,GuíaCatoira>noticias,1,GuíaVilagarcía,1,historia,6,hostelería,1,igualdad,1,infantil,349,infantil_,174,info,1,INFO-parque,14,Info-TrabancaBadiña,1,info.cultural,31,informacion,13,información,5,InformacionVGA,1,informatica,1,INFOVGA,2,inscripcion,1,internacional,13,JoseLuizOubina,6,juventud,8,Letras Galegas,5,literatura,7,LuisDiazDevesa,10,lunes,1,manuelguinarte,18,mar,5,meaño,1,mecenas,2,medio ambiente,2,meis,2,menú,11,MENU-GuíaVilagarcía,1,MiCiudadFavorita,18,mujer,5,muller,4,musica,962,música,28,musica_,590,nadal,7,narcotráfico,1,naturaleza,2,noticia,22,noticias,104,Noticias Vilagarcía,1,O Faiado da Memoria,2,O Grove,3,obradoiro,1,oferta,1,OGrove,17,ong,2,OSalnés,4,padron,1,parque,2,parque infantil,1,patrocinador,10,patrocinador pasado,1,patrocinador1,5,patrocinador2,3,podcast,4,politica,10,política,26,Pontevedra,3,portada,4,portas,1,premio,2,producción,52,profesional,1,programa,4,promo,106,promo-,196,próximo,2,radiocontrol,1,Rianxo,1,Rías Baixas,2,Ribadumia,7,Ribeira,6,Riveira,1,romeria,1,Rubiáms,1,Salnés,3,salud,2,salvamento,2,San Roque,1,sanidad,3,SanRoque,19,SanRoquepasado,14,Santa Rita,2,Santiago,2,Sanxenxo,6,semanal,1,senderismo,1,servicios,11,slider,1,SOCIAL-danza,1,SOCIAL-política,1,socialeducacion,5,sociedad,28,solidaridad,7,spot,12,sucesos,36,teatro,12,television,10,trabajo,9,trafico,3,tráfico,2,transporte,17,turismo,38,turismo patrimonial,18,TURISMO-playa,1,tv,2,Valga,2,vela,2,verbena,1,Vgaa,23,vídeo,138,vídeoVGA,1,vilagarcia,798,Vilagarcía,811,Vilagarciaa,10,Vilanova,18,Vilaxoan,1,Vilaxoán,1,Xunta,1,ZonaAberta,27,
ltr
item
Guía ArousaTv: Asociación cultural MESA DAS VERBAS | 2011
Asociación cultural MESA DAS VERBAS | 2011
Mesa das Verbas es una asociación creada en 2011 y constituida oficialmente en 2020 de amantes de la poesía en Vilagarcía de Arousa
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg78NHLW4otiK9TX8bna585uVbBT78bAP-KHnEX-LnaDq7GihRwnf2c42gtDbPpj3sUzX1D4bTFs0Vu09knhiYZ-Jz-aQ7V0LyIzFdyRg4MEfHj_5Js3KTFb4Q7tynqjygTJwfyUfLHqwY/w400-h400/mesa-das-verbas.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg78NHLW4otiK9TX8bna585uVbBT78bAP-KHnEX-LnaDq7GihRwnf2c42gtDbPpj3sUzX1D4bTFs0Vu09knhiYZ-Jz-aQ7V0LyIzFdyRg4MEfHj_5Js3KTFb4Q7tynqjygTJwfyUfLHqwY/s72-w400-c-h400/mesa-das-verbas.jpg
Guía ArousaTv
https://www.arousatv.com/2021/11/guia-vilagarcia-mesa-das-verbas-poesia.html
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/2021/11/guia-vilagarcia-mesa-das-verbas-poesia.html
true
1062352745098799820
UTF-8
Cargados todos los artículos No se encontró ningún artículo VER TODO Leer más Responder Cancelar respuesta Borrar Por Guía | ArousaTv PAGINAS ARTÍCULOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARCHIVO TODOS LOS ARTÍCULOS No se encontró ningún resultado para tu búsqueda request Volver Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Dom Lun Mar Mie Jue Vie Sab Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre Ene Feb Mar Abr Mayo Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic ahora mismo hace 1 minuto $$1$$ minutes ago hace 1 hora $$1$$ hours ago Ayer $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago hace más de 5 semanas Seguidores Síguenos CONTENIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte en tu red socialetwork PASO 2: Haz click en el enlace en tu red social Copiar Todo el Código Seleccionar Todo el Código Todos el código fue copiado en tu portapapeles codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contenido