Asociación fundada en 2010 para la conservación, valoración y difusión del patrimonio cultural
Asociación fundada en 2010 para la conservación, valoración y difusión del patrimonio cultural
CULTURAL NIQUELARTE
Nombre de la asociación: CULTURAL NIQUELARTE
Ambito: CENTRAL
Número de asociación: 2010-00014735-1
Registro: 05/11/2010
Tipo: OUTRAS
Direccion: AVDA NOSA SEÑORA DOS ANXOS, Nº 20
Municipio: VILAGARCÍA DE AROUSA
Código postal: 36618
"Nos constituímos como Asociación Cultural en el año 2010 y, un año más tarde, nos inscribimos en la agencia de Cooperación Gallega siendo éste un primer paso necesario para hacer realidad los proyectos que ya comenzábamos a “argallar” en otras latitudes los permacultores emigrados. Así es como Asociación Cultural y ONG se han fusionado en la búsqueda de complementos enredados que conecten el mundo, las necesidades, las sociedades, los cambios constantes, las ideas, las inquietudes, las personas, las culturas, los patrimonios, las periferias, los paisajes, los bosques, las leyendas... y tantas y tantas cosas."
https://sites.google.com/view/bicomun
http://niquelarte.blogspot.com/p/publicacions.html
https://vimeo.com/user16766745
https://www.blogger.com/profile/07897588273801538026
http://patrimoniogalego.net/index.php/author/niquelarte/
https://www.facebook.com/ade.doblev
https://www.facebook.com/Niquelarte/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2013/07/29/hallan-dos-petroglifos-desconocidos-area-os-ballotes/0003_201307P29C3991.htm
https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/4725343.pdf
Estatutos de la Asociación Niquelarte
Texto original en http://niquelarte.blogspot.com/p/estatutos.html
CAPÍTULO I: DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación Asociación Cultural NIQUELARTE.
Niquelarte é unha asociación galega sen fin de lucro, non gobernamental, independente e asemblearia que ten como obxectivo principal traballar no eido da conservación e protección do Patrimonio como motor social, económico e cultural.
A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º.- O enderezo principal e permanente da asociación radicará na localidade de Vilagarcía de Arousa, Avenida Nosa Señora dos Anxos, nº 20 C.P. 36618, teléfono 677022158 e con correo electrónico niquelarte@googlegroups.com.
Artigo 3º.- A asociación, en funcións dos seus fins exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4º.- A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente. A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
a.- Conservar e protexer o Patrimonio Material e Inmaterial, entendendo por Patrimonio todos as cuestións relacionadas coas características propias dunha área xeográfica natural e cultural.
b.- Sustentabilidade: Traballar na idea de cómo o Patrimonio debe e pode ser xestionado, defendido e posto en valor dun xeito sostible cos contextos xeográficos, culturais, sociais e económicos nos que se atopa.
c.- Educación social: Involucrar e concienciar á sociedade civil para que a defensa do Patrimonio sexa unha acción diaria e de todos.
d.- Cooperación: Apoia-los paises con menor grao de desenvolvemento e estructuración sendo activadores dos seus recursos culturales endóxenos , dentro dun marco democrático e de respecto a tódolos seus dereitos humanos. Contribuír á xustiza e á equidade nas relacións comerciais, políticas e estratéxicas na comunidade internacional, contempladas desde a prevención dos conflictos sociais e as súas causas e o fomento do diálogo intercultural.
e.- Desenvolvemento: posta en marcha e participación en proxectos nos que o Patrimonio se artelle como motor económico, social e cultural dun área xeográfica.
f.- Identidade cultural: Traballar no mantemento da identidade, diversidade cultural e memoria colectiva dos pobos. Estudando e protexendo as transformacións e permanencias que o mundo actual impón neste sentido.
h.- Tecnoloxía: traballar nas posibilidades que abren as novas tecnoloxías ó aplicalas como medio de conservación directa do Patrimonio pero tamén traballar na idea dunha conservación e difusión do patrimonio a través da sociedade rede.
i.- Igualdade: Involucrar os diferentes axentes que traballan ou son suxeitos activos no campo do patrimonio buscando unha colaboración directa entre as perspectivas emic e etic.
j.- Colaboración entre o mundo académico, os axentes sociais que traballan en patrimonio, os suxeitos implicados e a sociedade civil estudando as relacións entre eles como parte dun esquema sistémico e axudando a que este se estableza nun marco de diálogo e debate. Traballar con institucións, asociacións e particulares en calquera actividade na procura dos fins arriba citados pensando sempre nun marco multidisciplinar.
k.- Investigación: Estudar o concepto de Patrimonio, tendo en conta as súas variantes internas creando polo tanto debates de profesionais e xerando debates que se relacionan directamente con cuestións teóricas e experiencias prácticas actuais no eido da súa conservación.
h.- Impulsar e promove-la participación social e cidadá nas accións de cooperación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega nas realidades dos pobos máis desfavorecidos, potenciando os valores de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre tódalas persoas.
Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
a.- Deseñar, elaborar e desenrolar proxectos culturais e de cooperación ó desenrolo nos que a conservación do patrimonio sexa un dos temas centrais.
b.- Coordinar e asesorar proxectos ou actividades en materia de conservación directa do Patrimonio.
c.- Apoiar a labor dos profesionais da conservación, no seu ámbito multidisciplinar, promovendo actividades de formación continua, un foro aberto de debate e unha relación de estes coa sociedade civil a través das plataformas dixitais e dos encontros físicos.
e.- Difusión dos nosos traballos a través de diferentes medios como libros e revistas pero empregando sobre todo o eido das comunicacións a través da rede. Uso de plataformas dixitais para por en marcha e difundir proxectos.
f.-Realizar, promover e participar en proxectos de investigación no campo da conservación e en aquelas disciplinas necesarias para a comprensión do Patrimonio.
g.- Organizar e participar en foros, seminarios, cursos, congresos e actividades museísticas vinculados cos nosos fins.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo. A Asociación solicitará axudas e subvencións para proxectos concretos onde os socios involucrados poderán recibir a retribución necesaria para acadar levar a cabo o proxecto.
Artigo 6ª.- Niquelarte colaborará e poderá organizar actividades conxuntas con outro tipo de entidades e organismos de carácter público ou privado, de ámbito galego, estatal ou internacional para perseguir os fins arriba citados.
CAPÍTULO II: DOS ASOCIADOS
Artigo 7º.- Os socios: Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas, tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación. Tamén poderán ser integrantes da asociación os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.
Artigo 8º.- Tipos de socios:
Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
Artigo 9º.- Admisión, Baixa e Expulsión: Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida. A condición de asociado pérdese: por vontade propia, por falta de pagamento de 4 cota, por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado. O acordo de expulsión correspóndelle á Xunta Directiva, que o comunicará ó interesado, quen poderá recurrir ante a Asemblea Xeral celebrada inmediatamente despois, tomándose na mesma a decisión definitiva, previa audiencia do afectado quen xa estará privado do seu dereito de voto.
Artigo 10º.- Dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
Os asociados e asociadas honorarios e infantís non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación desta. Os asociados honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 11º.- Obrigas:
1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Paga-las cotas que se establezan.
3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5. Acata-lo contido dos estatutos.
6. Ter unha boa conducta individual e cívica.
CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 12º.- Os órganos directores da asociación serán a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
SECCIÓN 1: XUNTA DIRECTIVA
Artigo 13º: Composición: Composta por Presidente, Secretario, Tesoureiro e 2 vocais. Estes cargos serán exercidos de xeito gratuíto sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.
Artigo 14º: Cargos: Os cargos serán elixidos pola Asamblea Xeral cada 2 anos, sendo posible a reelección.
Os cargos cesarán na súa función por:
a) facelemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
b) renuncia voluntaria.
c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asamblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.
Artigo 15º: Funcionamento: 1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 16º: Atribucións:
1. Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2. Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4. Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6. Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación. Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9. Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.
Artigo 17º: Funcións específicas:
O presidente:
a. Representa-la asociación perante calquera organismo público ou privado.
Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Ordena-los pagamentos acordados validamente.
Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
O secretario: recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.
O tesoureiro: 1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.
Os vocais: Os vocais terán as seguintes atribucións: Realizar programas e propostas na súa área de actuación. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
SECCIÓN 2: ASEMBLEA XERAL
Artigo 18º.- Composición: A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.
Artigo 19º.- Funcionamento: A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 20º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
Artigo 21º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Artigo 22º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.
Artigo 23º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria
Artigo 24º.- Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da asociación para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.
Artigo 25º.- Competencias:
Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
Aproba-lo plan de actividades.
Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
Exame e aprobación das cotas.
Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
Modifica-los estatutos da asociación.
Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
Aproba-la federación con outras asociacións.
Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
Acorda-la disolución da asociación.
Designa-los/as liquidadores/as.
Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
CAPÍTULO IV: RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 26º.- Patrimonio: A asociación no momento de inicia-las súas actividades non dispón de patrimonio, polo que o patrimonio da sociedade irase consituindo ó tempo que comeza a desenrolar as súas actividades.
Artigo 27º.- Contabilidade: A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 28º.- Recursos económicos: A asociación manterase dos seguintes recursos:
1.- As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2.- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
3.- As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4.- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5.- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 29º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.
Artigo 30º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 31º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 32º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.
CAPÍTULO V: MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 33º.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
Artigo 34º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 35º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 36º.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.