Falece o concelleiro Antonio Carballo

Deixa o teu pésame á familia: enviar pésame

O sepelio celebrarase hoxe, día 12, ás 17:00 horas, na parroquia de Sobradelo.

O alcalde decreta dous días de loito oficial polo falecemento do concelleiro Antonio Carballo

11Marzo

Os seus compañeiros do grupo de goberno recibiron esta mañá a noticia

Carballo "Tucho" no acto oficial do centenario de Vilagarcia, o 1 de marzo
O alcalde, Tomás Fole, vén de decretar dous días de loito oficial polo falecemento do concelleiro Antonio Carballo Brianes. A inesperada morte do edil de Medio Rural foi coñecida esta mesma mañá polos seus compañeiros do grupo de goberno, ao pouco tempo de terse iniciado a xornada laboral. A noticia provocou unha fonda consternación nos membros do goberno local que suspenderon todos os actos da axenda oficial durante as xornadas de loito. As bandeiras do Concello ondearán a media asta e lucirán crespóns negros.

Carballo comezou a encontrarse mal o venres, razón pola cal dou aviso de que non ía acudir á reunión da Xunta de Goberno Local. Tras realizarlle varias probas no Hospital, finalmente o edil foi ingresado o sábado, aínda que nada facía sospeitar o fatal desenlace.

O alcalde trasladou á familia e achegados de Carballo as súas condolencias e as da Corporación Municipal, amosando a súa solidariedade de xeito especial á súa viúva, fillos e netos nestes duros momentos de dor.

Antonio Carballo Brianes naceu no ano 1945. Veciño de Sobradelo, iniciouse na política no seo do Partido Popular, formación coa que foi concelleiro durante o mandato 1995-1999 (dimitiu do cargo en novembro de 1998).Tras pasarse ás filas de IVIL, Carballo regresou ao PP integrando a lista encabezada por Tomás Fole nas eleccións de 2011. Dende entón asumía a responsabilidade na Área de Medio Rural e encargábase das relacións coas asociacións e colectivos.

O sepelio celebrarase mañá martes, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Sobradelo.

No vídeo, Antonio Carballo no seu lugar habitual no salón de plenos do concello.

enlaces:
Fallece Tucho Carballo, concejal del PP de Vilagarcía
Fallece el concejal de Vilagarcía Antonio Carballo
Fallece el concejal de Vilagarcía Tucho Carballo
Fallece el concejal popular de Vilagarcía Antonio "Tucho" Carballo
Vilagarcía despide a Tucho Carballo con dos días de luto

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget