A Verbena dos Maiores trasládase á Fexdega

A VERBENA DOS MAIORES DE MAÑÁ TRASLÁDASE Á FEXDEGA DEBIDO Á PREVISIÓN DE MAL TEMPO

"Los tres Latinos" amenizarán o baile e haberá chocolatada popular

Vilagarcía de Arousa, 11 de agosto de 2014.- A Concellería de Persoas Maiores anuncia que a Verbena dos maiores que estaba previsto celebrar mañá na rúa Arcebispo Lago, trasládase ao recinto de Fexdega debido ás altas posibilidades de precipitacións.

Este será o terceiro ano consecutivo que as Festas de San Roque inclúen no programa unha verbena pensada especialmente para as persoas de maior idade. O baile contará coa amenización musical do grupo "Los Tres Latinos" e, como nas edicións anteriores, os asistentes poderán repoñer forzas saboreando unhas cuncas de chocolate.

A Verbena dos maiores comezará ás 19:00 horas e prolongarase ata ven entrada a noite. O éxito no recinto multiusos de Fexdega está garantido, posto que este mesmo emprazamento é no que se ven celebrando nos últimos anos a Romaría dos Maiores, demostrando a súa idoneidade para este tipo de eventos.

ver Agenda semanal
Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget