Acondicionamento do Parque As Gaviotas


O CONCELLO ACONDICIONA O PARQUE PÚBLICO DOS EDIFICIOS AS GAVIOTAS


Os departamentos de Obras, Medio Ambiente e Alumeado realizarán diversas actuacións na zona

Vilagarcía de Arousa, 7 de agosto de 2014.- No marco das actuacións de mellora e mantemento dos espazos públicos e de esparexemento de Vilagarcía, o Concello xa iniciou unha serie de actuacións na zona de recreo situada fronte os edificios As Gaviotas. Os traballos acometeranse a través da colaboración dos departamentos de Obras, Medio Ambiente e Alumeado que dirixen os concelleiros Ana Granja e Jesús Longa.

As mellorar a acometer concretáronse tras a xuntanza mantida hai unhas semanas entre os responsables municipais e veciños da zona. Froito dese encontro xa se realizaron os primeiros traballos que consistiron na limpeza dos tragantes, sumidoiros e canalizacións de recollida de pluviais e na instalación de tres rexas máis para mellorar os sistema de desaugue e evitar a creación de charcas cando chove. Estes traballos foron realizados polos operarios de Obras.

Longa visitou esta mañá o parque de As Gaviotas para concretar xunto cos responsables dos servizos de Medio Ambiente e Electricidade o resto das actuacións que se van a acometer nos vindeiros días.

No que ás melloras da iluminación pública se refire, retiraranse os farois rotos e que non funcionan e substituiranse por outros novos. Pola súa banda, persoal de Medio Ambiente encargarase de repoñer papeleiras así como de arranxar e pintar os bancos.

Estes traballos realizaranse de inmediato e non serán os único que ten previsto levar a cabo o Concello para mellorar a zona de esparexemento que da servizo a veciños de Sobrán e Sobradelo. A idea é dotar ao parque con máis equipamentos, aínda que esta medida debe ser estudada e buscar as correspondentes vías de financiamento.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget