CÓSIMO O ESQUÍO RAMPANTE (22mar)

Domingo 18:00h, espectáculo infantil en Fexdega. Entrada libre

Aventuras para sanar o carballo no que vive
Duración 1h
Espectáculo incluido dentro de "Os Fexteiros! Domingos de ocio para nenos en Fexdega", del 18 de Enero al 10 de Mayo.

Organizado por la Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Vilagarcía.

OS CONTACONTOS ILUSTRADOS REGRESAN A FEXDEGA CON "CÓSIMO O ESQUÍO RAMPANTE"

O novo episodio dos Fexteiros terá lugar o domingo ás 18:00 horas

A programación dos Fexteiros continúa esta fin de semana cun novo espectáculo infantil no que o relato oral e a ilustración en vivo e en directo daranse a man para facer pasar unha animada tarde de domingo a todos os que se asen por Fexdega a parir das seis da tarde. A entrada é libre e de balde.

A actividade programada pola Concellería de Xuventude correrá a cargo de Polo Correo do Vento, un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
Polo Correo do Vento xa interpretou hai unha semanas o espectáculo "O Mago Manolo e a Pita Agapita", que gustou moito debido á interacción coa que se desenvolven as actividades deste colectivo no que os rapaces participan todo o tempo de forma moi activa.

O espectáculo deste domingo leva por título "Cósimo, o esquío rampante" e conta as súas aventuras para salvar ó carballo centenario no que vive.
O relator Enrique Mauricio encargarase de contar a historia de Cósimo, á vez que Carlos Taboada a irá ilustrando nun panel de grandes dimensións que o público asistente contribuirá a colorear ao final do espectáculo.

Unha vez rematado o conto, os cativos protagonizarán unha "rolda de prensa" guiada polos autores mediante a cal interaccionarán co conto e o debuxo. E despois participarán nun obradoiro de ilustración no que cada nenos poderá debuxar un dos personaxes do conto.

Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top