Martes 5 Abril 2016 11:00h en CEIP Piñeiriño.
O PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA, XESÚS ALONSO MONTERO, VISITA O CEIP O PIÑEIRIÑO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Diante da experiencia tan gratificante e tan positiva que experiementamos no CEIP O PIÑEIRIÑO coa visita o curso pasado de Xesús Alonso Montero, desexamos volver a repetir a oportunidade de poder contar coa sabiduría e solvencia científica e académica do profesor Alonso Montero, quen visitará o noso centro co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao poeta dos nenos, ao poeta da Terra Chá, Manuel María.
Dita visita contará cos seguintes actos:
1.- 11:10 h. no Salón de Actos: Conferencia do Pte. da RAG, D. Xesús Alonso Montero, para o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Levará por título: Historia e significación do Día das Letras Galegas.
2.- Agasallo: O ALUMNADO DO PIÑEIRIÑO CANTA A MANUEL MARÍA:
- 2º A de Ed. Primaria cantará as seguintes cantigas:
CARACOL, COL, COL
O SOL
A ESTRELA SEN NOME
A RODA, RODA
- 3º A de Ed. Primaria interpretará:
ARRE MEU BURRIÑO
O MEU BARCO
- 5º e 6º de Ed. Primaria cantará:
GALICIA
Ao final da xornada, os membros da Comunidade Educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO que o desexen acompañarán a D. Xesús Alonso Montero nun xantar de confraternidade, que se celebrará nun restaurante do noso Concello.
Esta actividade é posible gracias ás xestións coordinadas do Equipo Directivo, do Equipo de Dinamización Lingüística e do Dpto. de Orientación do noso centro.
O noso agradecemento polo voso labor de información e comunicación.
No nome e representación da organización,
Xermán Manuel Torres de Aboal - Orientador do CEIP O PIÑEIRIÑO