19h Sábado en Auditorio Vilagarcía. Entrada 6€

María Fumaça. Presentación do disco "Aire"

Sábado 25. Salón de Actos do Auditorio [19:00]
María Fumaça
Presentación do disco Aire

A nosa locomotora da alegría segue atravesando vales e montañas, cruza océanos e voa por riba das fronteiras. Os vosos folgos e aplausos fixéronnos embarcar nesta terceira aventura con máis risco se cadra, sen rede, deixándonos levar polo que máis nos gusta: as ganas de divertírmonos xuntos, cantar e bailar ata rebentar. O noso novo espectáculo é unha invitación a entrar no universo do noso maquinista Ruí, nos seus xogos, no seu mundo rico, imaxinativo e diferente, a entendelo por riba de todo e a respirar o mesmo aire.

Desta volta chegamos cargados de cancións moi animadas e coa tripulación ao completo:
Uxía, Magín Blanco, Tatán, Andrés Giráldez, Sérgio Tannus, Santi Cribeiro,
Antonio Castillo, Raquel Domínguez, Pablo Ces, Oli Xiráldez, Chus, Ana,
Manola, Ruí e as máis de 30 persoas que integran a familia María Fumaça.

Festa asegurada para público familiar con ganas de cantar e bailar.

Venda de entradas: anticipada en Ticketea. com e no Tlf: 902044226, e o día
da actuación no Auditorio a partir das 17:00 hs.

Prezo: 6€

25nov
25 noviembre 2017
 
Top