19h30 sábado, marcha nocturna desde Praza Contitución en Vilagarcía.  

25N Vilagarcía. O Soño de Lilith

O vindeiro sábado 25 de novembro con motivo do "Día Internacional Contra as Violencias Machistas" convocamos a todas e todos a participar nas actividades que temos programadas.

SÁBADO 25nov

Marcha nocturna (19:30)
Saída da praza da Constitución. Será coma nos anos anteriores unha marcha ruidosa na que poderedes levar calquera elemento para facer ruído e así visibilizar a loita contra o terrorismo patriarcal. Remataremos na Praza Galicia onde daremos lectura ao manifesto e recordaremos a todas as vítimas.

Cine (21:00)
No Salón García proxectarase, en colaboración co Ádega Cine Clube, o filme "A girl walks home alone at night" (2014), da directora Ana Lily Amirpour.
Sinopse: Na cidade iraniana de Bad City pode pasar calquera cousa. No medio dun abanico de personaxes marxinais, un vampiro vaga en busca de sangue. Ao western vampírico súmaselle un romance tinguido de sangue. A Girl Walks Home Alone at Night combina xéneros e estilos: invoca o western, a fascinación propia de Lynch, o terror e as novelas gráficas.

25N
25nov
noviembre y diciembre 2017 
 
Top