20h domingo en Boiro. Entrada 6€. 

PABLO VIDAL TRÍO

O trío, liderado por Pablo Vidal ao contrabaixo, Gabriel Peso no piano e Noli Torres na batería, fusiona o jazz con sons galegos, creando melodías que se afastan do academicismo.
Nestas datas están a gravar o seu novo CD -que será editado no 2018- polo que teremos a ocasión de escoitar algúnha das novas composicións.

“Jazz Pagano” (aldeaglobal, 2015) é o título do seu primeiro traballo discográfico.

“Jazz Pagano” é un percorrido imaxinario polas rías de Galicia a través de oito temas compostos por Vidal, unha sinfonía na que as oito pezas seguen un fío condutor: o mar.

Ondas jazzísticas que, hoxe, rompen na Pousada Das Ánimas, Pablo Iglesias 13

Entrada: 6€


10dic
diciembre 2017 
 
Top