O Salnés, Porto, Norte de Portugal e Pontevedra xuntos polo turismo

A Mancomunidade de O Salnés, Porto e Norte de Portugal e o Concello de Pontevedra acordan unha promoción turística conxunta 

Seguindo coa liña de traballo establecida entre a Mancomunidade de O Salnés e o Concello de Pontevedra para a promoción do turismo de forma conxunta, ambas entidades dan un paso máis para a colaboración co turismo de proximidade sumando sinerxias co Norte de Portugal.

A Mancomunidade de O Salnés, representada polo delegado de turismo Gonzalo Gonzalo Pita e o Xerente Jose Ramón García Guinarte, mantiveron unha reunión esta mañá no Concello de Pontevedra coa concelleira de Turismo Anabel Gulías e Marco Sousa, Director do Núcleo de Gestao das Lojas Interactivas de Turismo-Departamento Operacional da Entidade Regional de Turismo do Porto e Norte de Portugal.

Na reunión propúxose a sinatura dun protocolo de colaboración entre as tres nstitucións para tratar de fomentar as distintas áreas nas que están interesados os tres. En concreto, apostan:
  • Pola promoción do camino portugués xunto coa variante espiritual e a ruta do Pai Sarmiento 
  • Promoción no eido da gastronomía 
Ademáis, abordaron a posibilidade de asinar convenios futuros para a promoción das terras galegas en Portugal a través dos medios de comunicación locais.

Suscríbete a Arousa TV por correo
Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget