Vilagarcía acollerá este sábado unha concentración de apoio aos refugiados

Baixo o lema "Non no Noso Nome", a Rede Galega de Axuda ás personas Refuxiadas chama aos colectivos a sumarse a esta concentración que se celebra na Praza de Galicia o sábado 24 de febreiro as 13:30 horas.  

Somos Maioría e Por Unha Marea Na Vila confirmaron a sua participación no acto. 

Este sábado, 24 de febreiro, vai ter lugar unha concentración cidadá de apoio ao colectivo de persoas refuxiadas por distintas partes do país. A convocatoria, realizada desde a Rede Galega de Axuda ao Refuxiado vai ter lugar na nosa vila na Praza de Galicia, a partir das 13:30 horas.

Esta concentración de apoio ás persoas refuxiadas ten unha dobre función: en primeiro lugar a de facer a propia reclamación sobre a dramática situación que sofren as persoas dos distintos colectivos de refuxiadas por todo o mundo e en segundo, celebrar o segundo aniversario desta Rede Galega de
Axuda ao Refuxiado, que naceu no momento no que tivo lugar o peche de fronteiras e as conseguintes e devastadoras consecuencias que padecen todas aquelas persoas que foxen de guerras e violencia nas súas terras de orixe.

"Coa tristeza e a indignación de ter chegado ao segundo aniversario do peche de fronteiras e o acordo  con Turquía, ( o próximo 26 de Febreiro ) a Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas convoca esta semana movilizacións de protesta e denuncia , coa esperanza de que a presión social consiga finalmente que España e Europa deixen de violar os Dereitos Humanos e de incumplir a lexislación internacional o vulnerar  a Carta Internacional de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, o Convenio Europeo de Dereitos humanos e a Convención de Ginebra para os Refuxiados, así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo." (Rede Galega en apoio ás persoas Refuxiadas)

Concentracións en varios puntos de Galicia

Convocanse movilizacións con mesas informativas en distintas cidades: Vigo o sábado as 18h, Santiago e A Coruña o domingo 25 as 12h do mediodía, e Ferrol, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ribeira, Lalin e Silleda en horarios todavía sin confirmar. 

Somos Maioría e Por Unha Marea Na Vila súmanse a concentración

A agrupación local de Somos Maioría (PDDdG)  pídelles aos colectivos, partidos políticos e á cidadanía de Vilagarcía de Arousa en xeral que se una á concentración para que esta poida ter unha repercusión moito máis grande e "se tome conciencia dunha situación que cada vez sofren máis habitantes que se ven na obriga de abandonar os seus fogares e que, con maior ou menor fortuna, adquiren a condición de persoas refuxiadas e establécense entre nós, en moitos casos sen nada da axuda prometida polas administracións estatal e europea, culpables en boa parte da precaria situación que sofren as e os refuxiados".

Por Unha Marea na Vila faise tamén eco desta reivindicación -"Constatamos que o goberno fixo oídos xordos da cidadanía cando exclamou “queremos acoller”, polo que é preciso manifestalo de novo. As cifras de acollemento son moi inferiores ás comprometidas e as condicións daquelas persoas que foron trasladadas a Galicia por mor dos conflitos bélicos dos seus países, non son as desexables, polo que a labor Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas é fundamental para o seu benestar. Debemos reclamarlle ao goberno, unha vez máis, que modifique a súa política de acollemento para chegar ás cifras comprometidas e garantir as condicións das persoas refuxiadas que cheguen a Galicia."

Concentración o sábado 24 de febreiro, 13:30h na Praza de Galicia de Vilagarcía

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget