Programación de Marzo do Cineclube Ádega


Neste mes de marzo o Cineclube Ádega proxectará as longametraxes "Certain Women" (Vidas de muller) e "Baran" (Choiva).

A primeira proxección, en colaboración con O Soño de Lilith e a Concellería de Benestar Social e Igualdade, e co gallo do Día Internacional da Muller, terá lugar este mércores día 7 de marzo, ás 21 horas, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía, sendo a cinta protagonista a norteamericana de 2016 "Certain Women", dirixida por Kelly Reichardt.

A entrada para esta proxección é de balde.

O mércores día 21, no mesmo lugar e hora, proxectarase a cinta iraní de 2001 "Baran" (Choiva), que conta, a través dos ollos dun mozo iraní, a historia duns refuxiados afganos no país persa que traballan ilegalmente e nunhas condicións laborais pésimas.

A entrada para esta película é de balde para os nosos socios e de 4 euros para o público xeral.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget