![]() |
Eduardo e Carlos, concelleiros falecidos de Catoira. |
Morre Eduardo Touriño, concelleiro de Catoira, nun atropelo mentras traballaba.
O sepelio de Eduardo Touriño Criado será o xoves as cinco da tarde na Igrexa Parroquial de San Mamed de Abalo.
O Concello de Catoira de decreta tres días de loito oficial, e as bandeiras ondearán a media asta. A do concello con crespón negro.
O seu compañeiro no concello Carlos Castaño falecia nun accidente deportivo fai catro meses.
Nove da mañá, estrada PO-548 que une Catoira con Vilagarcía, preto da casa consistorial de Catoira donde exercía como tenente de alcalde e concelleiro de obras e servizos, Eduardo traballa como cada día repartindo o pan, aparcado no arcen, ca porta lateral da sua furgoneta aberta, i e alcanzado por un camión que circula pola calzada. O persoal de emerxencias que acudiu non puido facer nada por reanimalo.
Edu, tamen coñecido como "Choli", ex-xogador do CD Bamio, colaborador e socio do Catoira SD, era coñecido como un home bo, dos que deixan grandes amigos e un grande vacio cando se va.
![]() |
Eduardo Touriño morreu hoxe en Catoira |
Home bos, dos que deixan grandes amigos e un grande vacio cando se van.
Agora coa morte de Eduardo -que cumpria 47 anos fai cinco días, e deixa muller e dous fillos-, as bandeiras en Catoira ondean de novo a media asta, e se preparan actos en señal de duelo. Dous duros golpes para os bravos Vikingos de Catoira, que choran aos seus compañeiros, amigos, veciños, bravos guerreiros e boas persoas.
Esta vez sen dubida cumprese a máxima: Sempre se van os mellores.
![]() |
Carlos Castaño, falecido en septembro |
O sepelio
O sepelio de Eduardo Touriño Criado será xoves 24 as cinco da tarde na Igrexa Parroquial de San Mamed de Abalo, e traslado dos restos mortais ao Cemiterio Parroquial.
esquela: https://www.ppffa.com/esquela_ver.php?id=9130
Tres días de loito
O Concello de Catoira, nun comunicado público, informou do acordo unánime da corporación municipal de decretar tres días de loito oficial, coas bandeiras ondeando a media asta, e a bandeira de Catoira con crespón negro, polo tráxico falecemento do concelleiro Eduardo Touriño Criado.
"In Memoriam: Eduardo era concelleiro de Catoira desde o ano 2007 e tenente alcalde desde 2011. Antes de iniciar a súa etapa política foi traballador municipal. Cando accedeu ao cargo de concelleiro renunciou ao seu emprego no Concello e comezou a traballar como repartidor de pan. Este xesto reflicte o ánimo de servizo público que tiña. Era un perceptor e receptor de primeira orde dos problemas e necesidades dos veciños e veciñas de Catoira, xa que visitaba gran parte dos domicilios a diario, e estaba en contacto directo coa xente, sempre aberto a escoitar e atender os seus requirimentos. Por este motivo, Eduardo era unha persoa moi valiosa para o equipo de goberno, e botarémolo inmensamente de menos. (comunicado do Concello de Catoira)"
A lembranza
A web do Concello de Catoira mantén os nomes dos concelleiros falecidos na información sobre os membros da corporación municipal. Unha afortunada desactualización que se converte nunha homenaxe postuma dos seus compañeiros e dos seus veciños.
Suscríbete a Arousa TV por correo