19h domingo desde Arousa. Entrada libre
Día das Letras Galegas 2020 co grupo Onte e Hoxe
emisión en directo dun concerto e homenaxe a Ricardo Carbalho Calero
Evento músico-cultural dirixido pola presentadora da TVG, Lucía Rodríguez, en homenaxe ao autor Ricardo Carbalho Calero coas intervencións que sobre a súa vida e obra realizarán Franscisco Fernández Rey, membro da Real Academia Galega; e Carlos Yus, profesor de galego na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e membro de Migallas Teatro.Intervirá tamén Mariña Area, estudante de Filoloxía Galega na USC, recitando poemas de Carvalho Calero.
Con concerto do grupo Onte e Hoxe, cun repertorio de cancións galegas dos 60 e 70.
Programa do evento
- Presenta Lucía Rodríguez, da TVG
- Concerto do grupo Onte e Hoxe
- Intervención de Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, falando da figura de Ricardo Carvalho Calero
- Intervención de Mariña Area, estudante de Fololoxía Galega na USC, recitando poemas do homenaxeado.
- Realiza Emitimos
Onte e Hoxe, promotores do evento
Grupo de música cuxo repertorio inclúe cancións en galego dos anos 60 e 70 ata a actualidade. Nado en 2015, está integrado por Anxo Xesteira, Itziar Solla, Roberto F. Lores e Víctor Bóveda.Emisión en streaming
Poderase seguir en directo a través do canle de youtube do grupo promotor e a través de diversas redes sociaisSuscríbete a Arousa TV por correo
17may
mayo 2020
🎭 escena, 🎵 música, 💬 acto, 📆 celebración