en Vilagarcía
AVISO PERMITIDO prohibido el baño en praia Compostela por presencia microbiológica en las analíticas
Actualización 23jun: A CONTRAANÁLISE CERTIFICA O BO ESTADO DAS AUGAS DA PRAIA DE COMPOSTELA, QUE MANTEÑEN OS PARÁMETROS DE "EXCELENTE"As autoridades sanitarias dan por concluído o episodio que obrigou a desaconsellar o baño durante a fin de semana
Os niveis microbiolóxicos da mostra tomada o domingo regresan aos niveis habituais, o que demostra que se tratou ou dun dun feito puntual e pasaxeiro, dun erro ou doutras posibles, causas como o verquido dende un barco
O responsable da ADEAC, José Palacios, mostrou a súa satisfacción polos datos obtidos e confirmou que a bandeira azul ondeará este verán no areal
Recomendación de non bañarse 18xuñ-22xuñ
A Consellería de Sanidade comunicou hoxe os datos da mostra tomada hai dous días que apuntan presenza microbiolóxica por riba dos niveis óptimos
A nova sorprende dada a positiva evolución da calidade das augas desta zona de baño que se mantén dende hai tempo cunha cualificación de "excelente"
O Concello ordenou a realización dunha contraanálise mañá para non ter que esperar á seguinte mostra da Xunta, prevista para a vindeira semana
Esta mesma tarde se colocaron carteis advertindo da situación aos usuarios do areal
Vilagarcía de Arousa, 18 de xuño de 2020.- O Concello recibiu este mediodía a comunicación da Consellería de Sanidade informando do resultado da analítica dunha mostra de auga tomada o pasado martes na praia da Compostela que rexistra unha concentración microbiolóxica superior aos niveis óptimos establecidos na normativa sanitaria. A noticia sorprendeu dada a evolución positiva que a calidade das augas do areal mantén de forma constante desde hai xa bastante tempo, sumando sucesivas cualificacións de "excelente". Maila todo e por precaución, o Concello ordenou prohibir o baño na zona ata que non se conte cos resultados dunha segunda analítica que garanta o perfecto estado das augas para o baño. Esta mesma tarde colocáronse no areal carteis informativos para advertir aos usuarios da situación.
A seguinte mostraxe da Consellería de Sanidade non se tomará ata a vindeira semana e os resultados da analítica aínda tardarán dous días máis en chegar. Co obxecto de poder dispor de datos canto nun menor prazo de tempo, o Concello contactou cun laboratorio certificado independente para contratar a realización dunha analítica coa maior brevidade posible. A idea é que a mostra se tome mañá, pero ao ser un venres e estar de por medio a fin de semana, os resultados poderían non chegar antes do luns. En todo caso, solicitarase ao laboratorio a maior axilidade posible para coñecer o estado actual das augas para que, de confirmarse que están ben, poder reabrir de novo a zona de baño.
Aínda que esta é a situación máis probable, o Concello non quere deixar ningún cabo solto, polo que independentemente do anómalo que semellen os resultados da mostra tomada o martes, esta mesma tarde comezaron a revisarse as redes de saneamento e de pluviais para comprobar se puidera terse producirse algún verquido por avaría ou por algunha conexión ilegal á rede. De detectarse algún destes casos adoptaríanse as medidas oportunas de forma inminente.

18jun, 19jun, 20jun, 21jun, 22jun, 23jun, 24jun,
junio 2020
aviso,
Guía Arousa, playa
Suscríbete a Arousa TV por correo